O Temple, Cambre: presentación de Matriarcas, de Montse Fajardo

O venres 8 de marzo, ás 20:00 horas, na Librería A Libreira (Rúa Luís Seoane, 2), no Temple-Cambre, terá lugar un coloquio con motivo da presentación do libro Matriarcas, mulleres en pé de vida, coa súa autora Montse Fajardo. Tamén participa coa súa música César Morán, acompañado nalgúns temas por Xosé Taboada.

Rianxo: I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada, o sábado 9 de marzo

NORMAS DE PARTICIPACIÓN:
– Inscricións no Auditorio o mesmo día de 19:30 a 20:00 horas.
– Sortearase a orde de intervención no recitado entre as persoas inscritas.
– As persoas participantes poderán recitar calquera texto erótico da súa autoría.
– A duración do recitado debe ser dun máximo de 3 minutos ( a partir dos 3 minutos descontarase puntuación sobre o veredicto do xurado).
– O recitado non se poderá ir acompañado de música, disfraces ou accesorios.

XURADO:
– O xurado estará composto por sete persoas do público, elixidas de xeito aleatorio e catro profesionais do ámbito literario.
– Valorarase a calidade do texto así como o recitado.
– En base ás valoración do xurado decidiranse 5 finalistas, quen terán que volver a recitar nunha segunda volta o mesmo texto ou ben outro, para finalmente decidir a persoa gañadora.

PREMIOS:
– O primeiro premio consistirá na edición dun vídeo-poema co texto gañador.
– Os outros catro finalistas recibirán un agasallo.
– O Concello de Rianxo procederá á edición e publicación do conxunto de poemas das cinco persoas finalistas nun caderno, onde ademais se engadiría unha fotografía e unha breve reseña de cada unha delas mais o vídeo-poema da persoa gañadora.

A Coruña: lanzamento da Obra Seleta de Johán Vicente Viqueira

A quinta-feira 7 de marzo, ás 19:30 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, terá lugar o lanzamento da Obra Seleta de Johán Vicente Viqueira, publicada pola Academia Galega da Língua Portuguesa. No acto participan António Gil Hernández, César Morán e José António Lozano.

Arteixo: presentación do libro colectivo Banqueiros

O xoves 7 de marzo, ás 21:00 h., na Libraría A lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase o libro de teatro de autoría colectiva Banqueiros, publicado por Laiovento. No acto participará o coordinador e prologuista do libro, Francisco Pillado, e haberá unha lectura dramatizada do texto Lúa de mel, de Diana Varela Puñal, incluído no libro, a cargo da compañía Paso de Valverde Teatro.

Pontedeume: encontro cos lectores de Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo

O xoves 7 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Municipal de Pontedeume, Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Miguéns participarán nun encontro cos lectores do Ateneo Eumés para falar da súa novela Tonas de laranxa (Premio Xerais de Novela, 2012).