Sarria: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval

O venres 22 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Sarria (Rúa Marqués de Ugena, s/n), preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, María Casar, presidenta da A. C. Ergueitos. Intervirán os músicos Miguel Pita Rodríguez, piano; Olg Dzevelo, clarinete; Vadim Yukhnevich, acordeón e Hugo Rodríguez Rey, violín, profesores do Conservatorio Cantiga de Sarria.

Vigo: tertulia-presentación de O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas

O venres 22 de febreiro, ás 20:00 horas, na Asociación de Veciños de Bouzas (Rúa do Pazo) en Vigo, terá lugar unha tertulia-presentación arredor da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, publicada por Xerais. No acto, a artista plástica e escritora Paula Mariño e a autora do libro falarán sobre diferentes aspectos do texto e da creación literaria.

Cacheiras, Teo: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez

O venres 22 de febreiro, ás 20:30 horas, na Mediateca do Grilo (Travesía de Cacheiras, 18), en Cacheiras-Teo, a Concellaría de Cultura de Teo e Edicións Xerais convidan ao público interesado á presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez. No acto, xunto ao autor, participan Francisco Fernández Rei e Manuel Bragado.

Manuel Portas: “Dar el salto de la docencia a la literatura a los 50 años es una osadía por mi parte”

Entrevista a Manuel Portas en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FdV): En su libro [Un dedo manchado de tinta], la ciudad de Compostela es el marco en el que se mueven variopintos personajes, ¿por qué eligió ese formato para narrar su novela?
– Manuel Portas (MP): En realidad se trata de cinco historias y una sexta que sobrevuela a todas las demás. En el libro se cuentan aspectos que están en la vida de la gente común porque cada figura de la obra, un funcionario municipal, un vendedor ambulante senegalés, una mujer que se debate entre su hija y su amor por el hombre encarcelado acusado de violarla, una sindicalista y madre incansable, y una investigadora, son, sobre todo, gente común. El juego están en el primer personaje, que toma la palabra como autor de la obra y que engancha al final con las otras cinco historias que se cuentan.
– FdV: ¿Docencia y literatura son tareas fáciles de compaginar?
– MP: Es un gusto especial. Desde luego, son tareas complementarias, sobre todo, para conocer la reacción de los chavales. Tengo que decir que no escribo para críos sino por placer. Además, también me interesan las valoraciones que puedan realizar los críticos y de los lectores anónimos, cuyas opiniones te van llegando. En mi caso, tengo que reconocer que dar el salto de la docencia a la literatura a los 50 años fue una toda una osadía por mi parte.
– FdV: ¿Fue determinante impartir clases de literatura para atreverse a dar ese osado salto del que habla en la cinquentena?
– MP: Lo verdaderamente determinante es que me gusta la literatura. Si estudié Filología fue porque, también, me atraía mucho la literatura, pero no se puede decir que sea causa-efecto a la hora de explicar mi decisión de ponerme a escribir. (…)”

Convocado o I Premio Urco de relato fantástico

BASES

1. E isto que vén sendo?
Urco, a editora pioneira na edición de literatura fantástica en lingua galega convoca o: I Premio Urco de Relato Fantástico.
2. E logo por que?
A mellora da capacidade lectora e o fomento da creación literaria entre a mocidade, así como dar a coñecer a literatura de xénero fantástico.
3. A quen vai dirixido / quen pode participar / que teño que facer?
Poderá participar calquera alumno de secundaria dos centros públicos da Galiza, presentando como máximo un relato por cada categoría.
4. Como participo?
Fase 1: inspiración
Todos os grandes escritores en potencia teñen que se inspirar nos mestres da súa época e do pasado, daquela deberás ler, cando menos, un dos seguintes libros, que estarán encadrados en cadansúa categoría:
A praga escarlata. Jack London. Categoría «Horizontes escuros».
Nas montañas da loucura. H. P. Lovecraft. Categoría «Teño medo, mamá!».
O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños. Fernando M. Cimadevila. Categoría «Fantasías aventureiras».
O xogo de Ender. Orson Scott Card. Categoría «O distante e fantástico futuro».
Fase 2: a choiar!
Despois dunha conveniente dose de inspiración, toca sacar o mellor de cada un e escribir o noso conto fantástico.
Os relatos terán que estar escritos en lingua galega e ser orixinais e inéditos.
A extensión será de dez folios como máximo, tamaño DIN A4, por unha soa cara, a dobre espazo, xustificado e cunha fonte Garamond a tamaño 12.
Os traballos escritos en Comic Sans serán directamente descartados sen ler.
5. Onde e como os mando?
O enderezo para envialos é o seguinte:
Urco Editora / Rúa do Avío 11, baixo / 15705, Compostela, Galiza.
Debes enviar 2 sobres separados, un co relato ou relatos (non os asines!!!) e outro cos datos persoais. Este procedemento serve para que o xurado lea os contos sen saber de quen son e así garantir que os premios se repartirán só en función da calidade. Ambos os dous sobres deben ter o mesmo tamaño e levar por fóra o título do conto ou contos, a categoría ou categorías a que se adscriben e o pseudónimo co que os asines.
Sobre 1: Conterá unha folla cos datos reais da autora ou autor (nome e apelidos, centro docente e datos de contacto, título do relato ou relatos e categoría ou categorías nas que participa).
Sobre 2: Aquí terás que meter a túa obra mestra, unha ou varias, segundo participes nunha categoría ou en máis.
6. E canto teño que bulir?
O prazo de recepción de orixinais finaliza o 26 de abril de 2013.
7.Como se escollen os gañadores?
Urco Editora seleccionará, de entre todos os presentados, tres relatos por cada categoría para seren publicados nunha obra colectiva. Estes relatos serán os finalistas do concurso, de entre os cales un xurado elixirá os catro gañadores; un en cadansúa categoría.
O xurado estará formado por profesionais reputados do mundo da literatura e a cultura galegas.
8. E que gaño, se gaño?
O premio para os finalistas consistirá nun lote de libros e a publicación do seu conto nun volume colectivo. Os gañadores de cada categoría recibirán, alén do lote de libros e a publicación, un dispositivo e-reader cargado con varios títulos da editorial.
9. E cando sei se gañei?
A entrega de premios terá lugar a finais do mes de maio, en Compostela. Todos os participantes serán convidados ao acto.
A obra colectiva de gañadores e finalistas estará a disposición do público desde o mesmo día da entrega de premios.
10. A quen me dirixo se teño algunha dúbida?
Para calquera dúbida podes contactar connosco a través do correo electrónico davidcortizo@urcoeditora.com.
As dúbidas non resoltas ou calquera continxencia sobre estas bases serán resoltas pola organización e, no seu caso, polo xurado.
11. Que se vai facer cos orixinais?
Os participantes poderán pasar pola editora a recoller os seus orixinais até o 30 de Xuño, pasado ese tempo procederase á súa reciclaxe.
12. O feito de participar no concurso supón a aceptación das presentes bases.

A Fundación Curros promove a Asociación de Amigos da RAG

Desde Cultura Galega:
“Completar os orzamentos da Real Academia Galega para que cheguen ao millón de euros anual que a entidade precisa para o seu funcionamento. Esta é o obxectivo co que a Fundación Curros quere botar a andar o vindeiro sábado a Asociación Protectora e de Amigos da Real Academia Galega. As contas da Fundación prevén achegas individuais e colectivas de diferentes contías, que van desde os 10 euros por persoa (co que contan reunir 150.000 euros) ata os 1.000 euros que achegarían as sete grandes cidades galegas. A Fundación recolle así a proposta que fixera o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, a comezos do pasado mes de xaneiro, logo de que a Xunta anunciase un investimento de 520.000 euros na entidade. Ferrín sinalou daquela que podía ser o momento de crear un colectivo de apoio deste tipo, apuntando que a súa constitución lle correspondía a sociedade civil.

Vigo: presentación de Un home do pobo e Elias Portolu

O xoves 21 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntanse as novelas Un home do pobo, de Chinua Achebe, e Elias Portolu, publicadas por Hugin e Munin. No acto participan Alejandro Tobar, Begoña R. Outeiro e Isabel Soto.

Gondomar: presentación de Un percorrido pola historia do Val Miñor, de Carmen Pérez Pérez

O venres 22 de febreiro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte das Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase o libro Un percorrido pola historia do Val Miñor, de Carmen Pérez Pérez, publicado pola Deputación de Pontevedra. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, participan, xunto á autora, Antonio Soliño Troncoso, Fernando Guitián Guitián e Rafael Louzán.

Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (XV)

Dentro das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Finalizamos coa publicación diaria dos centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:

Sábado á noite: IES de Cotobade.
-Compadre, desque un vai vello: CEIP A Gándara, Narón.