A Coruña: presentación de ‘Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina’, de Ilan Pappé, traducido por Carlos Aymerich

O 23 de outubro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase o libro Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, de Ilan Pappé, traducido por Carlos Aymerich, publicado por Galaxia. O acto será presentado polo seu tradutor, acompañado por Xosé Luís Armesto Barbeito.

Vigo: presentación de Un intre no tempo. Poesía reunida 1967-2017, de Xosé Luís Franco Grande

Crónica videográfica da Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán

A Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán, é unha actividade organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. Tivo lugar o 7 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). Participaron Luz Darriba, Julieta Insagaray, Kike de Vidal e Leo Zordán, contando coa ambientación musical de Vadim Yukhnevich, nun acto conducido por Lois Pérez.

Aquí pode verse a crónica videográfica:

Compostela: Xornada “Pioneiras”: María Xosé Porteiro. Activista das palabras, o 30 de outubro

Máis información e inscrición aquí.

Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa 2025 da Deputación na modalidade infantil coa obra “Bragakadabra”

Desde a Deputación da Coruña:
A escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) é, con Bragakadabra, a gañadora, na modalidade infantil, do XIX premio Raíña Lupa de LIX, convocado pola Deputación da Coruña e ao que este ano concorreron 49 orixinais. O xurado declarou deserto o galardón na categoría xuvenil. O certame está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra premiada.
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado integrado por Berta Dávila, Miguel Ángel Alonso Diz (representante da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Abel Tomé e as gañadoras do certame na anterior edición, Rosa Aneiros e Érica Esmorís. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación da Coruña.
De Bragakadabra o comité avaliador valorou, por unanimidade, “o humor, imaxinación, fantasía e tenrura con que a autora traballa a historia, unha narración fresca e chea de personalidade”. O xurado puxo tamén en valor “a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación e empoderamento”. (…)