Entrevista
a Kristina Berg, viúva de Carlos Casares, en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Alén a faciana literaria, Casares representou sempre un papel conciliador na Galicia do cambio de século. ¿Está de acordo?
– Kristina Berg (KB): Si, o seu falecemento, que foi unha sorpresa porque se coidaba moito e non tiña ningunha enfermidade, impediu que culminase algúns proxectos. Por iso nós, dende a Fundación, pensamos que tiñamos que seguir o seu traballo. Eu moitas veces pensei que Carlos se dedicaba máis ao traballo pola cultura galega e por tender pontes entre diferentes posturas que ao seu labor literario. (…)
– LVG: ¿Está publicado todo o material literario de Casares?
– KB: A fundación está catalogando todo. Se hai cousas inéditas non o sei, é posible. Carlos era moi autocrítico e traballaba moito os seus textos. Para rematar un folio, escribía dez ou vinte. Se houbese algo inédito é moi posible que el non quixera editalo. (…)”.
Vigo: edición de marzo do Círculo Poético Aberto
Nigrán: Homenaxe a Carlos Casares
O
venres 9 de marzo, ás 12:30 horas, no cemiterio de Nigrán (Rúa Ceán, 3), e con motivo de se cumprir 10 anos da morte de Carlos Casares, os familiares e amigos do escritor realizarán unha ofrenda floral na súa homenaxe.
Noia: presentación de Diáspora, de Neves Soutelo
O
venres 9 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora.
Cangas: presentación de Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas
O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, na Libraría Maraxe (Avenida de Marín, 9) de Cangas, terá lugar a presentación e un recital poético da obra Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas, publicada en Barbantesa. O recital estará acompañado dunha proxección de imaxes e música.
Gondomar: tertulia con Aurora Marco, sobre Mulleres na guerrilla antifranquista galega
O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, dentro do ciclo Tertulias do Instituto de Estudos Miñoranos, Aurora Marco falará de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, presentada por Pilar Barreiro.
Castro de Rei: EntoleARTE. Proxecto de creación artística multidisciplinar no antigo manicomio de Castro
Desde a Rede Museística, a Área de Cultura e Turismo e a de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, convocamos a todos os creadores que desde as diferentes artes, técnicas e ideas (nas diferentes modalidades de plástica, música, literatura e artes escénicas) desexen participar neste proxecto de creación artística multidisciplinar denominado ENTOLEARTE e que se vai desenvolver no edificio do antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei (Lugo). Este edificio, agora baleiro de residentes, o antigo manicomio de Castro, que aínda conserva a memoria da súa propia historia e a dos que durante case sesenta anos foron os seus ocupantes ben merece unha reflexión e unha posta en común desde a óptica das diferentes sensibilidades artísticas. Por iso, desde a Rede Museística da Deputación de Lugo convocamos aos creadores que desexen intervir neste experimento fugaz antes de que o edificio se dedique a outros usos. O proxecto vaise desenvolver entre o sábado 10 de marzo e o sábado 14 de abril de 2012, de acordo co programa que se anexa en PDF.
NOTA IMPORTANTE: Todos/as os/as interesados/as en participar activamente neste proxecto deben inscribirse previamente no Museo Provincial de Lugo ou chamando ao teléfono: 982 242 300 /982 242112 (atenden: Raquel e Paula). Máis información: info@museolugo.org
Servizo de autocar gratuíto desde Lugo: Todas as persoas interesadas en facer uso deste servizo deben comunicalo á hora de realizar a inscrición. Saída desde Lugo (Museo Provincial): 11:15 horas / Hora regreso a Lugo: 18:00 horas.
Allariz: presentación de Leccións de cousas, de Antón Reixa
O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Fogar dos Maiores (Campo da Barreira, 3) de Allariz, preséntase Leccións de cousas, de Antón Reixa, publicado en La Oficina de Arte. No acto participa, xunto ao autor, Miguel Anxo Fernández.
Santiago: inauguración da exposición Os ollos das palabras, de Baldo Ramos
O
venres 9 de marzo, ás 19:00 horas, no Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia, inaugúrase a exposición Os ollos das palabras, de Baldo Ramos e Caxigueiro.

