Convocado o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
O
Diario Cultural da Radio Galega e o Centro Dramático Galego, co patrocinio da AGADIC, organizan a quinta edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico. Trátase de estimular a creación de pezas dramáticas contemporáneas e facilitar unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes artísticas na radio. As bases, en pdf, poden baixarse neste arquivo: V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. (Vía Xerais).
Convocado o VII Premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia para mozas e mozos 2011
Biblos
Clube de Lectores, co propósito de contribuír ao achegamento e a participación das mozas e mozos na cultura galega, e de descubrir aqueles creadores máis novos que poidan ter unha obra de interese necesitada de apoio para a elaboración final e a súa proxección pública, convoca o 7.º PREMIO DE CREACIÓN LITERARIA BIBLOS-PAZOS DE GALICIA PARA MOZAS E MOZOS, nesta sétima edición dirixido á novela, co copatrocinio de Pazos de Galicia, e de acordo coas seguintes
BASES
1. Poderán participar neste Premio todas as mozas e mozos que ao rematar o ano 2011 non teñan cumprido os 25 anos e que, con independencia do lugar onde nacesen ou residan, amosen o coñecemento do idioma galego necesario para desenvolver nel unha obra narrativa de calidade.
2. Os/as autores/as deberán presentar unha memoria de entre 30 e 40 folios na que incluirán:
a) Unha exposición precisa das características que terá a futura novela, aportando a maior información posible sobre o argumento (trama, época e lugar en que se desenvolve a acción, personaxes, etcétera) e as técnicas narrativas que prevé utilizar.
b) Un capítulo ou fragmento que permita valorar o estilo do autor/a. O/a gañador/a terá liberdade no seu caso para intruducir as modificacións que estime oportunas no proxecto e no texto de mostra e adaptalos ás esixencias da novela no seu desenvolvemento, así como aos consellos que reciba do escritor titor.
3.- Cada traballo será presentado co nome e apelidos do autor/a, así como as indicacións necesarias para poder localizalo (dirección, teléfono, correo electrónico). Non se admitirán obras baixo pseudónimo nin colectivas.
4. Os traballos serán enviados a Biblos Clube de Lectores. Quintá, 8-MANDAIO. 15391 Cesuras (A Coruña).
5. O premio conlevará:
a) Unha escultura conmemorativa deseñada expresamente polo escultor Luís Loureira.
b) A estancia dun mes, incluída a manutención, nun dos establecementos de Pazos de Galicia, nun lugar singular que reúna as condicións necesarias para que, se o escritor/a o desexa, desenvolva a última fase do seu proxecto.
c) Un ordenador portátil que, unha vez concluída a obra, quedará da súa propiedade.
d) A tutela dun escritor de renome, designado por Biblos coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que asesorará ao gañador/a en xuntanzas periódicas durante ese mes.
e) A publicación do libro en galego na colección Mandaio de Biblos nas mesmas condicións que os autores precedentes, coa percepción dos correspondentes dereitos de autor.
f) A tradución da novela ao castelán de cara a unha edición destinada aos clientes non galegos de Pazos de Galicia. Neste caso, o premio considérase un anticipo dos dereitos de autor da primeira edición. 6.- A admisión dos traballos pecharase o 16 de marzo do 2011.
7.- Un xurado integrado por persoas de acreditada valía seleccionará os traballos finalistas que serán dados a coñecer a semana previa á do Día das Letras Galegas.
8.- As/os autoras/es finalistas deberán presentar antes do 13 de xuño do 2011 as súas novelas cunha extensión non superior aos 150 folios no estado máis avanzado posible de acabado.
9.- O xurado elixirá a obra gañadora, que dará a coñecer a semana previa á do Día da Patria Galega.
10.- O/a autor/a gañador/a dedicará o mes de outubro a traballar na súa novela, seguindo un plan que acordará co titor.
11.- O/a autor gañador/a comprométese a entregar a novela totalmente finalizada antes de rematar o ano 2011 para a súa publicación por Biblos.
12.- Os outros autores/as finalistas recibirán como premio unha fin de semana para dúas persoas en habitación dobre nun dos establecementos integrados en Pazos de Galicia.
13. A presentación ao Premio dentro do prazo indicado leva implícito o compromiso do autor/a de non retirar o seu orixinal antes de facerse público o fallo do xurado. Asimesmo, o autor/a garante que deica o momento do devandito fallo, a obra non concorrerá a ningún outro premio ou concurso.
14. Co obxectivo de acadar a maior difusión do premio, o/a autor/a comprometerase activa e persoalmente na promoción que Biblos estime necesaria da obra gañadora.
15.- Biblos contempla a posibilidade de chegar a acordos cos autores/as das obras finalistas para a súa publicación.
16. Cada autor comprométese a subscribir cantos documentos sexan precisos para que a edición da súa obra sexa inscrita no Rexistro da Propiedade Intelectual.
17. Os orixinais presentados na primeira fase que non estean entre os finalistas, serán destruídos.
18.- A participación neste premio conleva a aceptación das súas bases e da interpretación de Biblos en cantos puntos non se recollan explicitamente nelas.
19. Para calquera diferenza que deba ser dirimida por vía xudicial, as partes renuncian ao fuero propio e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.
Coñécense os Premios Xuventude Crea 2010 de poesía, relato e teatro
Xa se coñecen os premiados das modalidades de poesía e narrativa dos Premios Xuventude Crea 2010, convocados pola Xunta de Galicia.
No apartado de Poesía, os premiados son:
1º Premio: Gonzalo Hermo González, pola obra Crac.
2º Premio: Jacobo Llamas Martínez, pola obra Terapia gestáltica.
3º Premio compartido: Roi Vidal Ponte, pola obra Pop.
3º Premio compartido: Celia Parra Díaz, pola obra Código morse.
O xurado está formado por: Presidenta: Yolanda Otero Balsa; Vogais: Luis Blanco Vila, Noemí Martínez Ferreiro; David Pérez González; e Secretaria: María Jesús López Cernadas.
No apartado de Relato, os premiados son:
1º Premio: Enrique Bernárdez Reigosa, pola obra Xetréceme.
2º Premio: Lorena Rivero Rodríguez, pola obra Barlovento.
3º Premio compartido: Tito Pérez Pérez, pola obra O derradeiro lobo cerval.
3º Premio compartido: Elena Rojo Joga, pola obra O día que voltou a moda dos dinosaurios.
O xurado está formado por: Presidenta: Yolanda Otero Balsa; Vogais: Luis Blanco Vila; Noemí Martínez Ferreiro; Anxos García Sumai; e Secretaria: Consuelo Méndez Mouzo.
No apartado de Teatro, os premiados son:
1º Premio: Mequetrefes Teatro, pola obra In-comunicando.
2º Premio: Non si? Teatro, pola obra Xogando Shakespeare.
3º Premio compartido: Asociación Cultural Bicodobrelo, pola obra Matilde.
3º Premio compartido: Teatro da Falúa, pola obra The Falua’s Rocky Horror Show.
Un encontro internacional analizará o papel social e cultural das bibliotecas
Ramón Villares: “Brañas non está morto”
O tamaño da industria cultural galega medra un 2,33%
(Xunta)
Antón Figueroa: “A autonomía do artista”
Os especialistas avogan por crear unha marca unificada para o libro galego
A Coruña: presentación de O imposible de desatar, de Iván García Campos
O
xoves 2 de decembro, a partir das 20:00 h., na sala de conferencias do Kiosko Alfonso da Coruña, preséntase O imposible de desatar, de Iván García Campos, publicado en Galaxia, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2010. No acto, acompañando ao autor, participan Carlos Lema e Camilo Franco.
