Carballo: presentación de Galiza, obra inédita de Manuel María, e do proxecto da súa Casa Museo
Derradeiro adeus a Francisco Fernández del Riego
Jaureguizar continuará a serie de Tintimán cunha aventura en Vigo
Galiza, de Manuel María
Homenaxe do PEN Clube a Eduardo Blanco Amor
Coñécense os gañadores dos Premios Ánxel Casal da Concellaría de Educación de Santiago
Afonso
Francisco Traficante Fernández, de Ordes, con 14 anos, foi o gañador do XV Premio Ánxel Casal, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago, na modalidade de poesía por Nós corredizos, unha obra que a escritora Dores Tembrás, integrante do xuri, considerou “extraordinaria e dunha brillantez e madurez poética pouco habitual”. Na modalidade de conto, o premio foi para Brais Lamela Gómez, de 16 anos, alumno do IES Basanta Silva (Vilalba). Da súa obra, Fiat Voluntas Tua, sinalou Marcos Calveiro, escritor e membro do xuri, a “calidade literaria e o uso dos recursos lingüísticos do galego”. En teatro, a premiada foi Lara Porto Mato, de 17 anos, alumna do colexio compostelán Manuel Peleteiro, por Sagrada Familia. A entrega dos premios celebrarase o xoves 16 de decembro, ás 12:00 h. no Pazo de Raxoi, en Santiago. Máis información aquí.
Santiago: Poesía Suspensa, mostra poética e pictórica
Do
venres 3 de decembro ao domingo 30 de xaneiro, na Zona C (San Domingos de Bonaval, s/n.) de Santiago de Compostela, pódese visitar a mostra poética e pictórica Poesía Suspensa, comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares. O proxecto aspira a seducir cara o pensamento que emana das 52 pezas poéticas doutros tantos autores, así como dos cadros e ilustracións levadas a cabo polos pintores Xurxo Gómez-Chao, Isabel Pintado e Fidel Vidal, que acompañan os textos e embelecen os espazos dispostos para tal fin. A voz de autores como Lêdo Ivo, José Emilio Pacheco, Billy Collins, Yves Bonnefoy, Úrsula Heinze, Xohana Torres ou Gioconda Belli, entre outros moitos conforman esta escolma. Cada poema, exposto no seu idioma orixinal, vén acompañado da súa tradución ao galego, agás no caso daqueles redactados orixinariamente en castelán ou portugués. A proposta, co apoio de Política Lingüística, do Departamento Territorial de Cultura da Xunta na Coruña, do Concello de Santiago e o Xacobeo, emerxe do homónimo libro, publicado por Luciano Rodríguez coa participación de Miguel Anxo Fernán Vello e a colaboración do Pen Clube Galicia, en Espiral Maior. A inauguración terá lugar venres 3 de decembro a partir das 20:00 horas.
A Coruña: presentación do libro A néboa amarela, de Rubén Ruibal
O venres
3 de decembro, a partir das 20:00 h., na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), da Coruña, Rubén Ruibal presenta o seu libro A néboa amarela, editado por Biblos, coa participación, ademais do propio autor, do editor Tucho Calvo e de César Candelas.
Porto do Son: entrega dos Premios Barbantia e presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2010
O
venres 3 de decembro, a partir das 20:30 h., na Casa da Cultura de Porto do Son, a Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña e o Concello de Porto do Son organizan a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2010 e a entrega dos Premios Barbantia da Cultura, actos que terán lugar na Casa da Cultura de Porto. No acto participan Manuel Cartea, Xesús Laíño, Ramón Quintáns, Xoán Pastor Santamaría e Caridad González. A entrada é libre e gratuíta para socios e non socios. Os premiados desta edición son:
– PREMIO BARBANTIA 2010 Á TRAXECTORIA CULTURAL NO BARBANZA: Pepe Romero (músico e gaiteiro).
– PREMIO BARBANTIA 2010 Á INICIATIVA CULTURAL NO BARBANZA: Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística.
– PREMIO BARBANTIA DA CULTURA GALEGA 2010: Andrés Torres Queiruga (teólogo).
