A Coruña: conferencia de Carmen Blanco
Compostela: presentación do libro Uxío Novoneyra Home e terra
A III Bienal Literaria buscará a proxección das obras galegas
A asociación Amigos de Uxío Novoneyra homenaxeou este domingo o poeta
Carlos Quiroga fala da última obra de Saramago
O Parlamento galego pretende que a Fundación Camilo José Cela sexa pública
Multiplícanse os programas de actividades arredor do Día das Letras
Carlos Callón: “O decretazo é lamentábel”
A Coruña: Lucía Aldao e María Lado actúan no Patachim
Venres 7
23:00
O Patachim (Orillamar 16)
Entrada: libre até completar capacidade
LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO (poesía e música) actuarán dentro do ciclo “CONTAMOS CONTIGO: A palabra como protagonista”. É unha actividade da campaña “A cidade que le”.
MOITA POESÍA, POUCA DIVERSIÓN
Despois de pasear durante uns cantos anos o xa mítico “Onde estea un cubata que se quite un soneto”, María Lado (Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982) voltan aos bares coa mochila chea de versos. O formato é clásico, a actitude non. Trátase dun recital desenfadado onde sobre todo haberá poesía, como ten que ser, e algunha que outra sorpresa.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/GKsQC8KSp84" width="425" height="350" wmode="transparent" /]


