Arteixo acolle o sábado a estrea da obra teatral Unha primavera para Aldara. A obra de Teresa Moure será interpretada por Teatro do Atlántico e gañou o premio Rafael Dieste da Deputación. (Xornal.com)
IX Premio Alandar de narrativa xuvenil
Até o 3 de novembro de 2008. Bases.
V Premio Estornela de teatro
Até o 30 de outubro de 2008. Bases.
XX Premio Ala Delta de literatura infantil
Até o 3 de novembro de 2008. Bases.
O libro galego en Barcelona, Montevideo, Frankfurt e Guadalajara
VI Certame de relato curto en galego Concello de Mugardos
Até o 15 de outubro. Bases. (Concello de Mugardos)
A todos os amigos de Anxo Rey Ballesteros
Un grupo de persoas ligadas a “Café Voltaire”, tertulia viguesa da que forma parte o noso amigo Anxo Rey Ballesteros, vanse reunir para desexarlle unha pronta recuperación da súa enfermidade. Nese acto, brindarase á súa saude, leranse fragmentos da súa obra e falarase da súa significación na literatura galega recente. Invitamos ao seus amigos de toda Galicia a compartir con nós eses momentos -e, eventualmente, a ler algún texto ou lembrar dalgún modo ao amigo enfermo-acudindo a Vigo o Venres 17 de Octubro, ás 20´30 no Central Pork, en Via Norte 40 (xunto á estación de ferrocarril). Rogámosvos que fagades extensiva esta convocatoria á xente que vos pareza oportuno. (Fundación Carlos Casares)
Compostela: presentación do libro de María do Cebreiro Cuarto de outono
O día 8 de outubro, ás 20:00 Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro de María do Cebreiro Cuarto de outono (Sotelo Blanco, colección de poesía Edoy Leliadoura). Alén da autora do libro, intervirán no acto Xiana Arias, poeta, e Fernando Cabo, crítico literario.
A Coruña: a Compañía Municipal de Teatro de Sada presenta Historias peregrinas, de Miguel Anxo Murado
O próximo sábado día 11 de outubro, ás 20:00 no Fórum Metropolitano da Coruña, a Compañía Municipal de Teatro de Sada presenta Historias peregrinas, de Miguel Anxo Murado e dirixida por Isabel Vázquez.