O martes 17 de xuño, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Pilar Beiro cunha intervención titulada ICH LIEBE DICH (Escribir en feminino facendo das tripas voz), nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.
A actualidade sobre normalización lingüística na web da CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acaba de poñer en funcionamento un novo sitio web con toda a actualidade sobre o proceso de normalización lingüística, con noticias, convocatorias, opinións, entrevistas e análises; con completa información sobre a asociación; con información sobre recursos; etc. Un espazo no que se pretende centralizar toda a información de interese no proceso de normalización da lingua galega.
Último aviso para a viaxe literaria a Lóuzara
O próximo sábado 14 de xuño realizaremos a nosa viaxe literaria a Lóuzara,
para recitar aos outeiros os versos do Fiz que voarán polo ceo do seu val
como bolboretas preñadas de ilusións. Ver aquí referencias anteriores.
Entrega do II Premio “Carlos Casares” de microrrelato
Mañá venres día 13 de xuño, ás 20:30 no Salón Nobre do Liceo de Ourense, terá lugar o Acto de Entrega do VII Premio “Carlos Casares” de Microrrelato. No transcurso do acto terá lugar unha lectura dramatizada con acompañamento musical do último capítulo da novela “O Sol do Verán”, a cargo de Teresa Devesa, Loly Conde e Ángel Losada (piano).
Preséntase en Maceda o libro de Santiago Prol Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30
«O vindeiro venres, 13 de xuño de 2008 terá lugar a presentación do libro de Santiago Prol Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30, presentado conxuntamente polo concello de Maceda e Edicións A Nosa Terra.No acto intervirán Xabier Oviedo (Alcalde de Maceda), Afonso Eiré (Conselleiro Delegado de Promocións Culturais Galegas), Bieito Seara (Director Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta), Francisco Carballo (historiador) e Santiago Prol (autor do libro).
A cita será ás 20:00 h. na Torre da Homenaxe do Castelo de Maceda. Tamén se inaugurará unha exposición baixo o título “Benigno Álvarez: A mirada de transparencias cordiais” que estará aberta o público dende ó 13 ao 20 de xuño de 2008 no Castelo de Maceda.»
Máis un 54% nas axudas á tradución literaria desde e para o galego
Miguel Anxo Murado e Xusto Beramendi levan os premios Antón Losada Diéguez
Mar Guerra levou o Merlín de Literatura Infantil 2008
Preséntanse en Compostela O tempo do revés e Boa sorte, de María Solar
O venres 13 de xuño ás 18:00, na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19), terá lugar a presentación das obras O tempo do revés e Boa sorte (Baía Edicións), de María Solar, con ilustracións de Xosé Tomás e actividades de Arturo Iglesias e Xosé Tomás. No acto intervirán Jorge Mira, Santiago Pemán e Vítor Fábregas.
Marilar Aleixandre gaña o Premio Fundación Caixa Galicia
«[…] O Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil foi parar á escritora Marilar Aleixandre, grazas á súa obra ‘A cabeza de Medusa’.Nela, Aleixandre narra a historia da violación dunha rapaza por parte dun descoñecido ao saír dunha festa de Entroido. A través dunha prosa “áxil e dinámica”, a gañadora aborda “con valentía” un tema complexo no que as dúas protagonistas, Lupe e Sofía, buscan xustiza e sofren o castigo de parte da sociedade.» (Galiciae)