O 12 de abril, ás 20 horas, na Casa do Libro terá lugar a presentación d’ “Os feministas”, nº 22 de Festa da palabra. O acto será presentado pola Concelleira da Muller do Concello de Vigo e contará coa intervención de María Armesto, Mónica Bar, Carlos Bernárdez e María Xosé Queizán.
Maratón de lectura na Fundación Eugenio Granell
Un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza un novo maratón de lectura no mes de maio. Este ano será dedicado a Juan Ramón Jiménez.
Presentación d’ “O alento da musa”, de Alberte Momán
A presentación d’ O alento da musa de Alberte Momán terá lugar na Livraria Torga (Rúa da Paz 12, Ourense) o día 12 de abril ás 20:00 horas. Contará coa presenza do autor e de Xavier Paz, editor da Difusora de Letras Artes e Ideas.
Comezan hoxe os “Martes literarios” da galería coruñesa de Sargadelos
Comezará o acto ás oito da tarde e contará coa presenza de Luz Pozo. (El Ideal Gallego)
Ramón Villares codirixirá unha “Historia de España” en doce volumes
XXIVª Semana Galega de Filosofía comeza hoxe en Pontevedra
«”Filosofía e diferenzas” é o tema proposto para a nova edición da Semana Galega de Filosofía que comenza hoxe en Pontevedra. Trátase dunha reflexión sobre o concepto do distinto, do diverso, do que é doutra maneira, do diferente.» Entre outras cuestións, «a nosa identidade como realidade diferenciada doutras realidades será valorada por xestores de urbanismo (Xosé M. Tato, Juan L. Dalda) e escritores (Darío Xoán Cabana, Anxo Angueira).» (Xornal.com)
Juan Cruz falará de xornalismo e literatura en Vigo
«Coa conferencia “Para saber dos outros” do escritor, xornalista e editor canario Juan Cruz, o Club Internacional de Prensa comeza a súa itinerancia de actividades por Galicia, o xoves 12 de abril ás 8 da tarde no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Vigo.» Juan Cruz foi un dos fundadores de El País. (Xornal.com)
O Instituto Cervantes en Holanda mostra as letras galegas e o Camiño
Fran Alonso e Lino Braxe ofrecerán un coloquio sobre a literatura galega actual dentro do ciclo España, Crisol de Culturas, que se desenvolverá dende hoxe no Instituto Cervantes de Utrecht (Holanda), e co que se prentede dar a coñecer a diversidade cultural do Estado. (Galicia Hoxe)
Preséntase en Compostela «Clío nas ondas», de Ramón Villares
No acto de presentación de Clío nas ondas. De libros, persoas e sazóns de Ramón Villares intervirán Virxilio Costas (director da Radio Galega), Ana Romaní (directora do Diario Cultural da Radio Galega e autora do epílogo do libro), Amancio Liñares (director editorial de tresCtres) e o propio autor. Terá lugar no Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6-Baixo, Santiago de Compostela) o mércores 11 de abril ás 12:00 hs.
Inaugurada a «Expo Cadáver» en Ponferrada
A exposición sobre o “cadáver exquisito” promovido na rede por Igor Lugris foi inaugurada o sábado 31 na galería Dosmilvacas.arte de Ponferrada, adubada con música e recitado de poemas. Numerosos visitantes asistiron ao acto que foi recollido por varios medios de comunicación. Máis información no blogue do poeta Ovnis e isoglossas.