Manuel Núñez Singala faise co Premio dos Clubs de Lectura de 2023

Desde Nós Diario:
“O escritor Manuel Núñez Singala vén de gañar o Premio dos Clubs de Lectura de 2023. Así o recoñece unha resolución publicada esta sexta feira (co gallo da celebración do Día Mundial do Libro) pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Trátase dun galardón que busca recoñecer o labor das autoras e dos autores de obra en galego que “facilitan” cos seus libros a función do profesorado como mediador de lectura e que “concitan o interese” das lectoras e dos lectores que participan nos clubs de lectura.
Núñez Singala foi o autor seleccionado polo maior número de clubs de lectura dos centros de ensino do país. Será convidado a participar na XV Xornada dos Clubs de Lectura, onde recibirá a homenaxe do profesorado e, por el representado, de todos os lectores e lectoras participantes nos clubs de lectura dos centros de ensino primario e secundario da Galiza. (…)”

Allariz: Risco Fest 2023

A Coruña: presentación de Nomes propios, de Celestino Pérez Recarey

O 27 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), preséntase o libro de relatos breves Nomes propios, de Celestino Pérez Recarey, editado por Toxosoutos. O autor estará acompañado por Javier Pintor. As persoas interesadas poden inscribirse no correo electrónico acab@mundo-r.com