Carlos Callón presenta O libro negro da lingua galega: “Malia todo, ata batendo nas crianzas, resistimos”

Entrevista a Carlos Callón na Radio Galega:
O libro negro da lingua galega (Xerais), dispoñible dende hoxe nas librarías. Testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abórdase a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 ata 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel, etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por “hablar al público en gallego” e das inspeccións por “exagerado acento gallego”. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Crónica videográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2022 a Xosé Manuel Martínez Oca (III)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVIII edición, recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé Manuel Martínez Oca, que foi homenaxeado na Estrada o 18 de xuño de 2022.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica a cargo de Soledad Penalta), a plantación da árbore simbólica elixida polo propio autor (un bidueiro) e a colocación dun monólito conmemorativo.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os vídeos referentes á laudatio e entrega do premio ao autor:

– Intervención do Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla:

– Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG:

Compostela: actividades literarias destacadas no Festigal 2022

Na Galería das Letras do Festigal 2022, que se celebrará no Campus Universitario Sur de Santiago de Compostela, terán lugar as seguintes actividades literarias destacadas o 25 de xullo:

16:30 h. Presentación de Teño dereitos. Edita: Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades. Participa: Lucía Barros, Presidenta de Esculca.
17:15 h. A obra de Manuel María para públicos novos. Presentación de novos materiais divulgativos, didácticos e lúdicos, dirixidos para as crianzas, mocidade, familias e profesorado, sobre a poesía e a narrativa infanto-xuvenil de Manuel María. Edita: Casa – Museo Manuel María. Participan: Pepe Carreiro, autor, e Alberte Ansede, Secretario da Fundación Manuel María.
18:00 h. Presentación do audiovisual Setembro do 82: o nacemento da unidade nacionalista. Proxección dun avanzo do documental e palestra 40 aniversario da Asemblea de Riazor, sobre a asemblea fundacional do Bloque Nacionalista Galego. Edita: Fundación Galiza Sempre. Participan: Francisco Rodríguez, Encarna Otero e Mario López Rico. Modera: Carme Vidal.
18:45 h. Presentación do audiovisual A semente de 1972. Proxección dun avanzo do documental e palestra A semente de 1972. 50 aniversario. Nación. Clase. A loita continúa, sobre os sucesos de Ferrol e Vigo dese ano, a conflitividade laboral do ano 1972 na Galiza, a importancia destas loitas do movemento obreiro galego na ditadura franquista e a súa influencia no nacemento do sindicalismo nacionalista galego. Edita: Fundación Moncho Reboiras. Participan: Elvira Souto, Xesús Chaves, Suso Seixo, Presidente da Fundación Moncho Reboiras.
19:30 h. Presentación conxunta dos libros O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón, e Lingua, poder e adolescencia, de Miguel Rodríguez Carnota. Edita: Xerais. Participan: Pepa Baamonde, Séchu Sende, Cibrán Arxibai, Miguel Carnota e Carlos Callón.
20:30 h. Presentación de Porque caiu a Galiza?, de José Manuel Barbosa. Edita: Através Editora. Participan: José Manuel Barbosa e Valentim Fagim, codirector de Através Editora.

ESPAZO DE ENCONTRO CON AUTORAS E AUTORES
17:00 a 18:00 horas:
Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. A segunda metade do século XIV.
Edita: AS-PG, 2022.
Participa: Francisco Rodríguez, autor.
Memoria diversa.
Edita: Deputación da Coruña, 2022.
Participa: Eva Mejuto, autora.

18:00 a 19:00 horas:
A nación dos mil viños.
Edita: Laiovento, 2022.
Participan: Martiño Santos, Xosé Gontá, Toño Núñez (autores).

Rianxo: actividades dos 23, 24 e 25 de xullo na Feira do Libro 2022

Crónica videográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2022 a Xosé Manuel Martínez Oca (II)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVIII edición, recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé Manuel Martínez Oca, que foi homenaxeado na Estrada o 18 de xuño de 2022.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica a cargo de Soledad Penalta), a plantación da árbore simbólica elixida polo propio autor (un bidueiro) e a colocación dun monólito conmemorativo.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os vídeos referentes á plantación da árbore escollida polo autor:

Plantación da árbore.

Rianxo: actividades do 22 de xullo na Feira do Libro 2022