O mércores
16 de marzo ás 19:30 h., na Biblioteca “Uxio Novoneyra” de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), terá lugar o espectáculo poético-musical Moita poesía pouca diversión, coa actuación conxunta de Lucía Aldao e María Lado, un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo; un espectáculo con música en directo, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión…, pero sobre hai comunicación poética directa.
Arquivos da etiqueta: Lucía Aldao
A Coruña: VI Encontros Milpedras, recital simultáneo con poesía, música e fotografía
O
venres 4 de marzo, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, desenvólvese a VI edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e fotografía. Actuarán recitando poemas Lucía Aldao, Olalla Cociña e Rosa Enríquez, en paralelo ás intervencións musicais de Alberto Laso e a propia Lucía Aldao, e a proxección de fotográfica por parte de Xiana de la Peña.
A Coruña: Moita poesía, pouca diversión, con Lucía Aldao e María Lado
O martes
8 de febreiro, a partir das 19:30 h., na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, ofrécese o espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado Moita poesía, pouca diversión. Reportaxe posterior en Galicia Confidencial.
Pontevedra: nova edición de A hostia en verso
O
venres 4 de febreiro ás 20:00 h., no Café Moderno (Praza de San Xosé, 3) de Pontevedra, terá lugar unha nova edición de A hostia en verso. Este combate lírico enfrentará os poetas do proletariado contra os poetas pequeno burgueses. Actuarán Ledicia Costas, Daniel Landesa, Xavier Xardón, David Rodríguez, Lara do Ar e Eduardo Estévez. O acto é unha divertida velada na que ambos equipos se enfrontarán para gañar o favor do público, e estará presentado polas poetas Lucía Aldao e María Lado, que xa sacaron da súa mente enferma un número sorpresa. Contará tamén coa intervención musical da banda Mr. Carácter. Como noutras edicións, o público asistente é máis ca un espectador silencioso e verase reconfortado coa posibilidade de votar el mesmo o equipo gañador ao longo dos tres asaltos que compoñen este singular combate!!!
Sarria: Festival de Nadal da A. C. Ergueitos
O
luns 27 de decembro, a partir das 18:30 h., na Casa da Cultura de Sarria, terá lugar o Festival de Nadal organizado pola A. C. Ergueitos, coa colaboración da Concellaría de Cultura de Sarria. Nel terán lugar as seguintes actividades:
– Moita poesía, pouca diversión. Espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado.
– Vixilia en ausencia. Peza de danza da Compañía Sólodos Coreografía e intérpretes: Maruxa Salas e Erick Jiménez. Música: Mercedes Peón.
– Actuación de Lorena do Val: Piano e voz.
Pódese descargar o programa neste arquivo en .pdf: Festival de Nadal 2010 Ergueitos.
Vigo: II edición de A hostia en verso, recital con poesía, música e pintura
O venres 19 de novembro, a partir das 21:30 h., na Galería Jazz (Ronda de don Bosco, 21) de Vigo, celebrarase a segunda edición de A hostia en verso, un combate lírico que enfrentará a Ledicia Costas, Daniel Landesa, David Rodríguez, Lara do Ar, Miguel Valverde e Xabi Xardón, ou o que é o mesmo: poetas montañeses VS. poetas pescos! O acto estará presentado polas tamén poetas Lucía Aldao e María Lado e contará coa intervención musical de Mr. Carácter. Para máis, a pintora María Longa fará unha intervención en directo.
Pontevedra: Ponte-Poética, I Festival de Poesía das Linguas do Estado
O
venres 12 e sábado 13 de novembro, celébrase o I Festival de Poesía das Linguas do Estado en Pontevedra, Ponte-Poética, organizado polo Ateneo, que quere ofrecer, nun encontro anual, a mellor poesía escrita en galego, castelán, catalán e éuscaro a todos os amantes do xénero que queiran achegarse a escoitalo na voz dos seus propios autores, nun completo programa de recitais, en distintos espazos da cidade, abertos e gratuítos a todo o público interesado. A dirección do Festival corre a cargo de Yolanda Castaño, a coordinación Xaime Toxo, Antón Sobral e Carlos Fontes, baixo o patrocinio da Concellería de Cultura de Pontevedra, a Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova.
O programa é o seguinte:
Venres 12 de novembro:
– 18:30 h. Salón Nobre da Deputacion de Pontevedra. Sesión inaugural: David Castillo, Román Raña e Ada Salas.
– 20:00 h. Salón Nobre da Deputación de Pontevedra: Miren Agur Meabe, Josep Pedrals e Manuel Forcadela.
Sábado 13 de novembro:
12:30 h. Teatro Principal de Pontevedra: Leire Bilbao, Elena Medel, María Lado e Lucía Aldao.
18:00 h. Teatro Principal de Pontevedra. Recital final con todos os poetas participantes e clausura do Festival Ponte-Poética.
Neste arquivo pódese descargar máis información: Ponte-Poética 2010.
Lucía Aldao e María Lado: “As ‘desolemnizadoras’ da poesía”
(Xornal)
Vigo: recital “Poesía Alimentaria”, con poesía, música e pintura
O sábado 10 de xullo, ás 21:30 h., en La Galería Jazz (Ronda de Don Bosco, 21) de Vigo, celébrase un recital poético acompañado de música e pintura en directo baixo o nome de Poesía Alimentaria, con Lucía Aldao, Ledicia Costas e María Lado, entre os participantes. Máis información aquí.
A Coruña: Lucía Aldao e María Lado actúan no Patachim
Venres 7
23:00
O Patachim (Orillamar 16)
Entrada: libre até completar capacidade
LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO (poesía e música) actuarán dentro do ciclo “CONTAMOS CONTIGO: A palabra como protagonista”. É unha actividade da campaña “A cidade que le”.
MOITA POESÍA, POUCA DIVERSIÓN
Despois de pasear durante uns cantos anos o xa mítico “Onde estea un cubata que se quite un soneto”, María Lado (Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982) voltan aos bares coa mochila chea de versos. O formato é clásico, a actitude non. Trátase dun recital desenfadado onde sobre todo haberá poesía, como ten que ser, e algunha que outra sorpresa.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/GKsQC8KSp84" width="425" height="350" wmode="transparent" /]