Arquivos da etiqueta: A. C. Caldeirón
Malpica: recital poético na inauguración da exposición Movementos nas beiras do Mar de María Antonia, de Xosé Iglesias
Bueu: presentación de de baleas, de Eduardo Estévez
Sarria: presentación de de baleas, de Eduardo Estévez
“A exploración lírica do desexo”
Artigo
de Daniel Salgado en Sermos Galiza:
“No espazo que debuxa o triángulo entre desexo, amor e sexo sucede Home invisíbel. O último libro de Xavier Queipo (Santiago de Compostela, 1957) é unha investigación singular na lírica amorosa, décimo segundo premio Illas Sisargas de poesía erótica. “Foi tigre salvaxe. / Agora é tigre invisíbel, / sen riscas e sen poutas, / sen mensaxes cifradas e sen cairos lacerantes”, afirma no poema Tigre.
A escrita, relata Queipo vía electrónica desde Bruxelas -onde hai anos que reside-, nace do pulo do poeta galego residente en Bélxica Ramón Neto. “En 2013 propuxo un proxecto de poesía erótica como parte do traballo do Colectivo de Poetas de Bruxelas. Así escribín os primeiros poemas”, apunta, “ese foi o xermolo, tres poemas e un par de performances. O libro foise conformando con tempo e maduración”.
Quince textos, en que a experimentación formal viaxa do poema prosa aos xogos case caligráficos, conforman Home invisíbel. “Ten unha compoñente de lírica amorosa que vai alén da propia elección formal e da reflexión sobre o desexo, o amor potencial se así se quere”, afirma, “en varios poemas explóranse as relacións entre desexo, sexo e amor, como un trípode vital”. Que compara co corazón, os pulmóns e o cerebro: “[Ese trípode] latexa, respira e manda en toda a obra”. (…)”
Lugo: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
O
mércores 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), preséntase De baleas, de Eduardo Estévez, publicado por Caldeirón. No acto participa, xunto ao autor, Ana Seijo Cuba.
De baleas, de Eduardo Estévez
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Eduardo Estévez presenta De baleas, un poemario expandido ao son e á banda deseñada. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Pontevedra: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
A Coruña: presentación de de baleas, de Eduardo Estévez
Lalín: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
O
mércores 3 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Café Casino (Rúa Monte Faro, 8), en Lalín, preséntase De baleas, de Eduardo Estévez, publicado por Caldeirón. No acto intervirá, xunto ao autor, Celso Fernández Sanmartín e Benxamín Otero.





