Arquivos da etiqueta: A esmorga (filme)
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o venres 29
Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o venres 29 de abril:
– 11:00 h. A literatura galega hoxe. Encontro de escritores e intelectuais. Con Xesús Alonso Montero, Fina Casalderrey, Víctor F. Freixanes, Luís González Tosar, Graciela Morgade, José Luis Moure, Graciana Vázquez Villanueva e Ramón Villares. Facultad de Filosofía y Letras da Universidad de Buenos Aires (sala do Consello Directivo).
– 18:00 h. Lecturas compostelás. Con Clara Gayo. Stand.
– 19:30 h. O tempo das mareas. María Casares e Galicia (Consello da Cultura Galega). Coa autora, María Lopo, xunto a Ramón Villares e Xesús Alonso Montero. Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina.
– 19:30 h. Conferencia sobre o Centro Partido do Carballiño e Emilio Nogueira, por Luís González Tosar. Na Asociación Centro Partido do Carballiño.
– 20:00 h. A literatura infantil e xuvenil en Galicia. Con María Solar e Elena Gallego. No Stand.
– 21:00 h. Proxección de A esmorga, dirixida por Ignacio Vilar. Sala Gaumont.
Compostela: palestra de Ignacio Vilar sobre A esmorga, Adaptación dun texto narrativo a un audiovisual
A Coruña, Santiago e Vigo: sinatura do DVD de A esmorga, de Ignacio Vilar
Ourense: sinatura do DVD de A esmorga, de Ignacio Vilar
Lugo e Noia: sinatura do DVD de A esmorga, de Ignacio Vilar
A esmorga cruza fronteiras
Desde Galaxia:
“O filme baseado na novela de E. Blanco Amor acaba de ser seleccionado para participar na Sección Oficial a competición do “XX Festival du Film Espagnol de Toulouse” (Francia). A cinta de Ignacio Vilar, A esmorga, proxectarase os vindeiros 6 e 9 de outubro e estará arroupada no Festival pola presenza do director, Ignacio Vilar, e o actor Antonio Durán “Morris”.
Logo dun verán de pases ao aire libre por toda Galicia, como xa vén sendo habitual nas longametraxes de Vía Láctea Filmes, a historia do Cibrán, o Bocas e o Milhomes segue a conquistar o público galego. Concretamente ao pase que tivo lugar o pasado sábado 12 de setembro no Castelo da Guarda (Pontevedra) asistiron preto de 1.000 espectadores, que ademais tiveron a oportunidade de participar nun coloquio posterior á proxección co director, Ignacio Vilar, e o actor Antonio Durán “Morris”.
Tendes máis información aquí.”