O xoves 7 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase o libro Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, publicado en A Porta Verde do Sétimo Andar. No acto, xunto á autora, participan Antía Otero e Mercedes Queixas.
Arquivos da etiqueta: A porta verde do sétimo andar
Vigo: recital-presentación de Sétima Porta
O sábado 2 de febreiro, ás 21:00 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo, preséntase Sétimo Andar, número 7 dos Q de Vian Cadernos, libro conmemorativo dos sete anos de existencia do colectivo, A porta verde do sétimo andar, con textos de Iolanda Aldrei, Rosa Enríquez, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Verónica Martínez, Alfonso Láuzara, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Virgílio Liquito, e portada de Luz Beloso.
Ferrol: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
A Coruña: presentación de Melíflua Moradía, de Lino García Salgado
O venres 9 de novembro, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), preséntase o libro Melíflua Moradía, de Lino García Salgado, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto, o autor estará acompañado por Alberte Momán.
Vigo: presentacións de Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez
O xoves 8 de novembro, ás 11:30 horas, na Facultade de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, preséntase o libro Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, publicado en A Porta Verde do Sétimo Andar. No acto, xunto á autora, participan Miguel Á. Alonso Diz, Xina Vega e Manuel Forcadela.
Ese mesmo día, ás 20:00 horas, no Café De Catro a Catro (Rúa Xirona, 3), tamén en Vigo, terá lugar outro acto de presentación, coa intervención de Alfonso Láuzara, Paz Raña, Begoña Outeiro, Xina Vega e a propia autora.
Pontevedra, Santiago e Vigo: presentacións de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
O xoves 8 de novembro, ás 20:15 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina) de Pontevedra, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado polos Cadernos Q de Vian. O sábado 10 de novembro, ás 12:30 horas, fará o propio na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, e ás 20:30 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo.
Rosa Enríquez: “Vivimos nunha sociedade líquida onde as cousas non permanecen”
Entrevista a Rosa Enríquez en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Dedícalle o libro [Atlas de Chaguán] a súa nai e fala das relacións diferentes…
– Rosa Enríquez (RE): O libro tenta ser unha denuncia do patriarcado posto que estamos todos e todas educad@s nel. Afecta moitas veces ás relacións entre nais e fillas e entre nais e fillos. Eu falo da miña, posto que cando morreu meu pai o ano pasado puiden achegarme moito máis a miña nai e aceptar un pouco que eu, en moitas ocasións, estaba errada. Como tamén ela o estaba ao respecto de min. Véxome reflectida na protagonista de Brave, filla e nai cunha relación difícil até que se poñen unha no lugar da outra e decátanse ambas as dúas de que teñen prexuízos. (…)
– SG: No libro hai tamén unha forte crítica social…
– RE: Hai unha crítica á sobrevaloración dos obxectos na última parte do libro. Cousas que consumimos, a propiedade privada. Gústame o que dixo Alba Rico sobre as cousas necesarias, as cousas marabillosas como a arte e a literatura que acaban sendo unha forma máis de consumo: consumimos música, sexo, amor, amizade… Vivimos nunha sociedade líquida onde as cousas non permanecen e os obxectos tamén son así, como na obsolescencia programada. Igual que dura pouco un computador tamén acontece coas amizades entre as persoas, os amores… O sexo case non ten valor… Non sei… Paréceme duro. Convidei a Teresa Moure para a presentación porque me gustou moito o seu libro O natural é político, sobre todo cando fala da importancia das conversas tranquilas que se perden coas crianzas, no traballo… Por iso penso que vivimos nunha soidade multitudinaria. (…)”
Betanzos: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
O sábado 15 de setembro, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Liceo de Betanzos, en colaboración coa A. C. Eira Vella, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado nos Cadernos Q de Vian.
A Coruña: recital poético de A Porta Verde do Sétimo Andar
A sexta-feira, 25 de maio, a partir das 20:30 horas, no Bar Borrazás (Rúa do Orzán, 165) da Coruña, terá lugar un novo recital poético dos integrantes de A Porta Verde do Sétimo Andar. Entre outros, participan: Celia Parra, Alberte Momán, Verónica Martínez, Manuel Miragaia, Pili Mera, Alfonso Láuzara, Natalia Concheiro, Diego Villar, Manolo Pipas, Paco Gallego, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, Paco Souto, Lino García, Diego Villar, María José Fernández, François Davo e Begoña Paz.
Ourense: presentación de Desobediencia, de Rosa Enríquez
O sábado 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Cultural Auriense de Ourense, preséntase Desobediencia, de Rosa Enríquez. No acto, xunto á autora, participan Manuel Outeiriño e Alberte Momán.