A
cuarta feira 16 de maio, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18, 1º), presentarase o volume da Obra dramática completa de Luísa Villalta, subtitulada Sinfonía de escenas, publicado por Edicións Proscritas en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda. No acto intervirán María Xosé Bravo, Pilar García Negro, Alexandrina Fernández Otero, Manuela Varela e Lino Braxe.
Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Coruña: O cerne galego da Coruña, con José-Maria Monterroso Devesa
A
terza feira 15 de maio, ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, José-Maria Monterroso Devesa e Avia Veira falarán sobre O cerne galego da Coruña.
A Coruña: presentación do monográfico Renacer á descuberta das palabras. María Victoria Moreno
A Coruña: visita á Biblioteca de Estudos Locais, organizada pola A. C. Alexandre Bóveda
O
próximo xoves 26 de abril, ás 18:30 horas, terá lugar unha visita á Biblioteca de Estudos Locais, que atesoura multitude de materiais referidos á cidade é a Galiza, programas de man de veladas literarias, bandos, programas de festas…
Se queres participar tan só tes que inscribirte a través do formulario da web da A. C. Alexandre Bóveda. O punto de encontro para o inicio da visita será na rúa Durán Loriga, 10, na entrada da biblioteca.
A Coruña: celebración do 150 aniversario da publicación da primeira gramática galega, con Xosé Manuel Sánchez Rei
A Coruña: “As que quedaron: as mulleres tras o golpe de Estado do 36”, conferencia de Montse Fajardo
A Coruña: visita guiada á exposición Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936-1950
O martes 10 de abril, ás 18:30 horas, organizamos unha VISITA GUIADA á exposición Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936-1950, na sala de exposicións da Fundación Luís Seoane. Estaremos acompañados por Silvia Longueira, comisaria da exposición, e por Mª Antonia Pérez. documentalista e grande coñecedora da obra de Luís Seoane.
Da man dos exiliados galegos en Arxentina naceron 4 das grandes editoras latinoamericanas. Para coñecer esa parte da historia cultural dos exiliados en Arxentina e tamén as pezas chave da gráfica editorial arxentina durante a chamada ‘época dorada da edición’ e polo que organizamos esta visita guiada.
Para poder participar tedes que enviar un correo ou tamén podedes facelo través do formulario da web da A. C. Alexandre Bóveda.
A Coruña: lanzamento de Os Passos da Procura, de Celso Álvarez Cáccamo
A Coruña: presentación de O soño do desenvolvemento de Galicia, de Manuel Roca Cendán
Bases do I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle
“1. A
Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle.
2. Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre.
3. As obras presentadas terán un máximo de 20 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre espazo.
4. Establécense un 1º Premio e dous 2º premios, os cales serán publicados nos Cadernos de Teatro Alexandre Bóveda. Asemade o 1º Premio será estreado, en formato de lectura dramatizada, por ACAB Teatro, o grupo teatral da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
5. O prazo de admisión de orixinais rematará o 1 de maio do 2018.
6. Os participantes e as participantes no I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle comprométense a aceptar o regulamento das presentes bases.
7. Os orixinais non serán devoltos aos autores e autoras.
8. Os orixinais serán enviados ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Rúa dos Olmos,16-18, 1º – 15003 – A Coruña. Figurando dentro do sobre tres copias, outro sobre no que constará no seu exterior o lema co que se presenta o traballo, e no seu interior, os datos do participante: Nome, enderezo, título da obra e teléfono, de contacto.
9. O xurado estará formado por profesionais do sector de recoñecido prestixio.”




