A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o sábado 3 e domingo 4

O sábado 3 e domingo 4 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para eses días:

Sábado 3
12:00 h. Presentación do libro Nicomedes o pelado dos autores Pinto & Chinto, publicado por Kalandraka. Xunto cos autores, participará no acto o escritor e profesor Xosé Manuel González “Oli”.
13:00 h. Contacontos: O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por Nova Galicia Edicións.
18:30 h. O escritor, xornalista e académico Xosé Neira Vilas presenta os seus libros Cancela aberta, publicado por Xerais e Aquel neno, publicado por Embora. Xunto co autor, participarán na presentación os directores das editoriais, Manuel Bragado e Miguel Toval. Ao remate do acto o escritor asinará exemplares dos libros e do resto das súas obras.
19:00 h. Alberte Blanco Casal asina libros na caseta de Libraría Nóbel Universal.
19:00 h. Xosé María Lema Suárez asina exemplares de Costa do Solpor na caseta da Librería Nós.
20:00 h. Pedro Feijóo asina exemplares do seu libro Os fillos do mar na caseta da Libraría Nós.
20:00 h. Presentación do libro Raíz de fenda, de Berta Dávila, publicado por Xerais. Participan no acto Dores Tembrás, Manuel Bragado e a autora do libro.
21:00 h. Presentación do libro As pontes do ego sum, de José Manuel Ledo Santiso, publicado por Ir Indo.

Domingo 4
12:30 h. Rocío Leira asina na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
20:30 h. Presentación do libro A cociña dos Cunqueiro, publicado por Editorial Galaxia. Participan no acto César Cunqueiro, Miguel Vila e Víctor Freixanes.

Pontevedra: actividades do sábado 25 e domingo 26 na Feira do Libro

O sábado 25 e domingo 26 de maio finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30 h.), cos seguintes actos literarios destacados:

Sábado 25
12:30 h. Pedro Feijoo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar.
18:30 h. María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción, publicada por Xerais, na caseta da Libraría Paz.
19:00 h. Elena Gallego Abad na Feira do Libro. Sinatura encontro cos lectores da triloxía Dragal, (a serie do dragón galego), publicada por Xerais.
19:00 h. Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez, publicado por Xerais. Participan no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial e a autora do libro.
20:00 h. A escritora Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Xerais.
20:00 h. Kiko da Silva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas.

Domingo 26
12:00 h. Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto, publicado por Círculo Rojo Editorial, na caseta da libraría D-Lectum.
13:00 h. Contos para quitar os medos. Contacontos a cargo de Paula Carballeira.
18:00 h. Actuación de Susa Herrera, coas cancións dos seus libros para nenos. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadores e Todos os animais ao caixón, na caseta de Libraría Seijas.
19:00 h. Tomás Gómez Ahola asinará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear, publoicado por Urco Editora, na caseta da Libraría Paz
19:00 h. Presentación do libro Nair, de José Estévez López, publicado pola editorial Redelibros. O autor falará deste libro e de Fugaz coincidencia, de mesma colección.
19:30 h. Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
20:00 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros
– A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.