Nace O Figurante Edicións

Alberte Momán é o nome detrás de O Figurante Edicións, un novo selo que debuta no noso panorama editorial. O proxecto arrinca coa edición da obra Planh. 10 poemas de Anne-Marie Cazalis e pretende actuar como unha ponte de cara á lusofonía, editando en distintas linguas. A obra de Cazalis, por exemplo sae nunha edición en español, galego-portugués, inglés e francés. En breve, Momán pretende editar unha escolma de poetas irlandeses mortos na guerra da independencia do seu país e un poemario de Verónica Martínez Delgado.” Desde Cultura Galega. Destacamos tamén unha entrevista ao editor en Diario de Ferrol.

A Coruña: presentación de Melíflua Moradía, de Lino García Salgado

O venres 9 de novembro, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), preséntase o libro Melíflua Moradía, de Lino García Salgado, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto, o autor estará acompañado por Alberte Momán.

Lugo: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho

A sexta feira 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado nos Cadernos Q de Vian. No acto, xunto ao autor, participa Alberte Momán.

Museo de Lugo: exposición Ela en plural

O mércores 3 de outubro, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), inaugúrase a exposición Ela en plural, promovida polo Colectivo Argazo, e patrocinada pola Área de Cultura e Turismo, Rede Museística da Deputación de Lugo, e que permanecerá aberta até o sábado 3 de novembro, cos seguintes horarios: de luns a venres, de 9:00 a 21:00 horas; sábados: de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas; e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
Os artistas que participan na mostra son:
– Pintura: Man, Arza Pardo Barbeito e Marta Paz.
– Fotografía: Carolina Miraz e Ernesto Gómez.
– Poesía: Concha Blanco Montecelos, Lino García Salgado, Verónica Martínez Delgado, Alberte Momán e Gabriela Rodríguez.
– Música: Richard Dowling e Carlos Santos.

A Coruña: presentación de Os quilómetros que percorremos dende aquela, de Alberte Momán

O venres 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca do Centro Ágora (Rúa Ágora s/n) da Coruña, preséntase o libro Os quilómetros que percorremos dende aquela, de Alberte Momán, publicado en Toxosoutos. No acto, xunto ao autor, participa Verónica Martínez Delgado.

A Coruña: recital poético de A Porta Verde do Sétimo Andar

A sexta-feira, 25 de maio, a partir das 20:30 horas, no Bar Borrazás (Rúa do Orzán, 165) da Coruña, terá lugar un novo recital poético dos integrantes de A Porta Verde do Sétimo Andar. Entre outros, participan: Celia Parra, Alberte Momán, Verónica Martínez, Manuel Miragaia, Pili Mera, Alfonso Láuzara, Natalia Concheiro, Diego Villar, Manolo Pipas, Paco Gallego, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, Paco Souto, Lino García, Diego Villar, María José Fernández, François Davo e Begoña Paz.

Vigo: presentación de Os quilómetros que percorremos desnde aquela, de Alberte Momán

O venres 24 de febreiro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel Virtual (Pintor Lugrís, 10) de Vigo, preséntase Os quilómetros que recorremos dende aquela, o novo poemario de Alberte Momán, publicado en Toxosoutos.

O Temple, Cambre: Vermú literario sobre Os quilómetros que percorremos dende aquela, con Alberte Momán

O sábado 11 de febreiro, ás 13:30 horas, na Librería A Libreira (Rúa Luís Seoane, 2) do Temple (Cambre, A Coruña), terá lugar un Vermú literario sobre a obra Os quilómetros que percorremos dende aquela, de Alberte Momán, publicado en Toxosoutos.

Publicado o número 43 da revista Atenea

“A publicación do Ateneo de Ferrol, a revista Atenea, ten xa dispoñible na rede o seu número 43, dedicado nesta ocasión aos relatos de Nadal. En concreto, a revista publica textos de 18 autores que responderon á súa convocatoria Un conto de Nadal para unha nenez atea, con nomes como Alberte Momán, Irene Quinteiro, Rocío Ledesma ou Moncho Iglesias. O adianto da programación para o comezo deste 2012 e unha revisión de libros das novidades incorporadas á biblioteca do Ateneo completan esta entrega.” Vía Cultura Galega.