O
venres 20 de setembro, ás 20:00 horas, no Club Clavicémbalo de Lugo (Rúa Paxariños, 23), terá lugar a presentación do libro Versus cianuro. Na parte poética recitarán Verónica Martínez Delgado, Alberte Momán, María José Fernández, Paco Souto, Rosalía Fernández Rial, Modesto Fraga, Rochi Nóvoa Vázquez, Miro Villar, Paula Sánchez Lourido, Montse González Álvarez, Lupe Bao e José Estévez. E na parte musical Anxos, Branca, Pepa, Carolina, Os Fokgazais, e Foolmakers. A Plataforma contra as minas (Adega, Comisións Labregas e Fruga) lerá un comunicado como fin de festa. O acto será presentado por Lois Pérez e José Estévez.
Arquivos da etiqueta: Alberte Momán
Vigo: presentación de Lusocuria e Vattene! na Librería Rescrómica do Museo Marco
Arteixo: presentación de Vattene!, de Alberte Momán
A
sexta feira 21 de xuño, ás 20:30 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor, acompañado por Modesto Fraga.
Alberte Momán: “Vattene! é unha metáfora da desaparición da clase media”
Entrevista
a Alberte Momán en Diario de Ferrol:
“O escritor ferrolán Alberte Momán vén de editar Vattene!, a súa terceira obra narrativa, na colección Q de Vian Cadernos (do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar). O venres presentábao no Ateneo Ferrolán e en vindeiros días farao en Arteixo e tamén no museo Marco, en Vigo. “É unha novela curta, un relato longo, no que se descrebe a viaxe dunha persoa que, por motivos alleos a ela, pérdeo todo e pasa dunha situación de comodidade a ter que experimentar unha realidade totalmente nova, partindo de cero”, explica Momán sobre o texto.
A nivel persoal, é a metáfora “dunha persoa que recupera a vista despois dunha cegueira prolongada”. Ten tamén unha lectura relacionada coa situación actual, vencellada “ó que chaman desaparición da clase media, que vivía nun aparente equilibrio e que, polo neoliberalismo, comeza a perdelo e vese nunha situación nova. Caeu esa espada de Damocles que ameazaba con que podía perdelo todo en calquera momento”.
Esa situación na que o protagonista ten que descubrir dunha maneira diferente o que o rodea, esa crise vital, pode ter un resultado construtivo, “pero para iso temos que empezar a tomar decisións”, comenta o autor. “Pode ser unha oportunidade de transformación se somos capaces de tomar as sendas adecuadas, pero é moi difícil saber por que camiño ir”.
En Vattene!, que “é unha expresión italiana que significa arrédate, vai de aí”, hai influencias do surrealismo de Eugenio Granell, un autor que influíu de forma moi directa a Alberte Momán. La novela del indio Tupinamba foi un descubrimento importante que me marcou”, asegura.
Momán, que se sente máis cómodo na escrita poética, decantouse nesta ocasión pola narrativa para poder desenvolver do xeito que necesitaba as ideas que agroman neste traballo. “Pero sempre con matices poéticos”. (…)”
Ferrol: presentación de Vattene!, de Alberte Momán
A
sexta feira, 14 de xuño, ás 20:30 horas, no Ateneo de Ferrol (Rúa Magdalena, 202-204), preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor, acompañado por Verónica Martínez Delgado.
A Coruña: presentación de Vattene!, de Alberte Momán
A
sexta feira, 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor.
Lugo: presentación de Vattene!, de Alberte Momán
O
mércores 15 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Social madia Leva! de Lugo (Rúa Serra de Ancares, 18), preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por O Figurante Edicións.



