Arquivos da etiqueta: Asociación EcoCultural Lacrar
Carral: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Carral: presentación de alimentar canarios con ovos da casa, de Anxo Mena
Carral: presentación de O obxecto muller e o xiro ontolóxico, de Inma Otero Varela
Barcia (Carral): XVI Agasallo a Luís Seoane, e presentación de No interior do abandono, de Baldo Ramos e Carlos Lorenzo
Carral: presentación de A ferida do vento, de Antón Riveiro Coello
Carral: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas
A poesía encéndeche luces
“Para celebrar o día mundial da poesía, a Asociación EcoCultural Lacrar (AECL) organiza o evento A poesía encéndeche luces.
Até o día 11 de marzo, todo o mundo que queira participar poderá enviar, en galego, o seu poema preferido, unha composición propia, ou calquera cousa relacionada coa poesía ao correo da AECL (aeclacrar1@gmail.com) co asunto A poesía encéndeche luces, por mensaxe interna a través do Facebook, pegándoo na páxina do evento ou poñéndoo como comentario a esta entrada (estes poemas deberían de axustarse preferiblemente a medio folio).
Todos os poemas recibidos imprimiranse e o domingo 20 de marzo á noite organizarase unha quedada para pegar todo o material nos farois e puntos visibles ao longo de todo o concello de Carral.
Á hora de enviar o poema, tamén se deberá axuntar o nome do autor e o libro, no caso de que o poema estea publicado, ou un nome, pseudónimo ou alcume no caso de que sexa de produción propia.”