Arquivos da etiqueta: Ateneo de Pontevedra
Pontevedra: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
xoves 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal), preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto, onde participan, xunto ao autor, Ramón Caride, Antón Sobral e Manuel Bragado, haberá tamén unha intervención musical a cargo de Abdoulaye Bilal Traoré. Organizan a editora e o Ateneo de Pontevedra.
Pontevedra: lanzamento de Mordida, de Eugénio Outeiro
A
sexta feira 8 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 24), preséntase Mordida, o último poemario de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e a AGAL, participan, xunto ao autor, Xaime Toxo e Antón Sobral.
Pontevedra: presentación de As voces baixas, de Manuel Rivas
O
xoves 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto do Edificio do Museo (Rúa Padre Amoedo Carballo, 3) de Pontevedra, preséntase As voces baixas, de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación de Atl, de Manuel Lourenzo González
O
xoves 22 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto Edificio do Museo (Rúa Padre Amoedo Carballo, 3) de Pontevedra, preséntase Atl, de Manuel Lourenzo González, publicado en Xerais. No acto, organizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, interveñen Manuel Bragado e Manuel Figueiras. Como peche, actuará o grupo de pandeireteiras Adonairare.
Pontevedra: presentación de A boca da galerna, de Xosé María Álvarez Cáccamo
O
mércores 31 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11) de Pontevedra, preséntase o libro A boca da galerna, de Xosé María Álvarez Cáccamo, publicado en Espiral Maior. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e a editora, participan, xunto ao autor, Domingos Antom Garcia Fernandes e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Pontevedra: presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás
O
xoves 18 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11) de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais presentan o ensaio biográfico Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás. No acto, xunto ao autor, participan Xesús Constela, Luís Ferreiro (fillo de Celso Emilio) e Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación de 15.724, de Xesús Constela
O
xoves 27 de setembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra (Rúa Padre Sarmiento, 51), o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais presentan o libro 15.724, de Xesús Constela. No acto, xunto ao autor, participan Adolfo Caamaño, Xaime Toxo, Ana Isabel Vázquez Reboredo e Manuel Bragado. Posteriormente terá lugar unha actuación musical do Grupo de Pandeireteiras A Buxaina de Coruxo.
Pontevedra: presentación de Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro
Pontevedra: xornada do sábado 21 no PontePoética 2
O
Ateneo de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan a segunda edición do Festival de Poesía PontePoética, que se celebra o venres 20 e o sábado 21 de abril no Teatro Principal de Pontevedra, baixo a dirección de Yolanda Castaño. Este é o programa do sábado 21 de abril (aquí pode descargarse completo: PontePoética 2 2012).
– 17:00 horas. Recital dos poetas Estíbaliz Espinosa, Veronika Dintinjana e Nuno Júdice.
– 18:30 horas. Recital final con todos os poetas participantes e clausura de PontePoética: María Eloy-García, Eduard Escoffet, Dores Tembrás, Xosé María Álvarez Cáccamo, Edorta Jiménez, Estevo Creus, Veronika Dintinjana, Estíbaliz Espinosa e Nuno Júdice.

