Cambados: I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro

Desde a AGPTI:
O próximo 15 de novembro terá lugar en Cambados o I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro, organizado pola Fundación Plácido Castro e a AGPTI (coa colaboración do Concello de Cambados e a Consellería de Cultura).  Esta primeira edición xirará arredor da obra As Iluminacións, de Arthur Rimbaud, e contará coa presenza das gañadoras do Premio Plácido Castro 2023 pola súa tradución, Tamara Andrés e Oriana Méndez.
O seminario, que se desenvolverá no Salón José Peña (rúa do Borrón, 14) e no que se traballará no par de linguas francés-galego, está dirixido a estudantes e persoas iniciadas no proceso de tradución, así como a calquera outra persoa con interese e competencia lingüística. A sesión complementarase cun faladoiro aberto ao público xeral, coa participación das autoras e a dinamización da tradutora Béatrice Pépin, e mais cun roteiro por Cambados arredor da vida e obra de Plácido Castro e a súa relación con esta vila.

O programa completo é o seguinte:
9.45-10.00: Recepción e benvida
10.00-12.00: Seminario de tradución (primeira parte)
12.00-12.30: Descanso e desprazamento a pé ata a Casa da Calzada, Sala Pitusa Cabanillas
12.30-14.00: «A tradución como diálogo constante», faladoiro coas autoras (dinamiza: Béatrice Pépin)
14.00-16.30: Pausa e xantar
16.30-18.30: Seminario de tradución (segunda parte)
18.30-19.30: Roteiro Plácido Castro por Cambados

Tanto o seminario como o faladoiro e o roteiro son gratuítos, mais para o seminario hai prazas limitadas (25), polo que é preciso facer a preinscrición neste formulario antes do 7 de novembro.

Pontevedra: XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

PROGRAMA COMPLETO

Pontevedra: Culturgal 2024, actividades do 30 de novembro

Este é o programa do Culturgal 2024. As actividades previstas para o 30 de novembro son: