Mobiliza Rosalía, no Día de Rosalía de Castro

Mobiliza RosalíaDesde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal.

CartelBaseAELGDia-de-RosaliaDeCastro2016-150_001Pode descargar aquí o cartel base do Día de Rosalía de Castro 2016, en formatos pdf e jpg.

A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

#MobilizaRosalía. O Día de Rosalía de Castro nas redes sociais.

No Twitter:

No Facebook:

No Instagram:

Aquí e aquí.

Actos promovidos pola AELG (actualización diaria)
Sigue lendo

Fingoi, Lugo: Polafía, Historias, rimas, cantos, contos…

O venres 29 de novembro, a partir das 18:30 horas, no Centro de Convivencia de Fingoi (Ronda de Fingoi, 72, entrada pola Rúa Aviación Española) de Lugo, terá lugar unha nova Polafía, baixo o título Historias, rimas, cantos, contos…, organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, patrocinada pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, coa colaboración do Centro de Convivencia de Fingoi, a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Lugo.
– Intervirán: Paco Martín (escritor), Toño Núñez (escritor e profesor), Dictino Rodríguez Lázare (exfutbolista), Isidoro Rodríguez (dinamizador da cultura popular), Marcelino Castro Pena (narrador), Isidro Novo (recitador).
– Celebraremos o 50 aniversario da publicación de Contos populares da provincia de Lugo, coa narración de varios contos a cargo de asistentes ao Obradoiro de narración oral da AELG.
– Intervencións musicais de: Agrupación Xeada, Pepa Yáñez e Branca Villares, Grupo de Pandeiretas da Asociación Cultural Son de Cores (Becerreá) e Os Minhotos.
A entrada será libre.