Arquivos da etiqueta: Calros Solla
A AELG lamenta fondamente a perda do seu Mestre da Memoria Aurelio Ramos Ogando
A AELG lamenta fondamente a perda do seu Mestre da Memoria Aurelio Ramos Ogando, veciño do lugar da Alén, na parroquia de Xirazga, no concello de Beariz (Ourense), magnífico contador.
Ben coñecido pola súa facilidade de palabra, o seu humor e a súa disposición, posúia distintos e notábeis talentos: tanto pode coller a gaita para animar unha festa como improvisar un discurso en verso ao xeito dos brindeiros.
Aurelio deu fe a través das súas narracións dos lugares onde os mouros deixaron as súas marcas e tesouros nos montes de Xirazga e arredores. Conservou a memoria intacta e contou de xeito sublime as historias e aventuras da xente da parroquia, dos que xa non están pero non se esquecen.
Foi galardoado pola AELG como Mestre da Memoria no ano 2021. Aquí pode lerse a laudatio de Aurelio Ramos Ogando, elaborada por Calros Solla.
Vexa aquí o fondo videográfico coas participacións de Aurelio na Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG.
Pontevedra: Semana da Creatividade 2024. Xornadas Pensamento e creación
Cerdedo: clube de lectura arredor de O código da Vincha, de Calros Solla
Pontevedra: presentación de Auga mol en pedra dura, de Calros Solla
San Marcos (Pardesoa, Forcarei): obradoiro literario arredor de O crime de Pardesoa, de Calros Solla
O 16 de decembro, ás 17:00 horas, no lugar de San Marcos (Pardesoa), nun acto organizado pola Asociación Socio-Cultural Can de San Roque de Soutelo de Montes, Calros Solla participa nun obradoiro literario (indutivo-dedutivo) arredor do seu libro O crime de Pardesoa (Ed. Morgante, 2013).
Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2023
A Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2023 conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestra e Mestre da Memoria 2023 respectivamente a Mercedes Vázquez Saavedra e Xan do Vilar, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.
As distincións entregaranse no marco da VIII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, que terá lugar en Lugo, o 27 de outubro, no Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n) a partir das 18:00 horas, con entrada libre até completar capacidade.
No acto, conducido por Lois Pérez, participarán Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Espín de Doncos, quen lerá a laudatio de Xan de Vilar, e Aser Álvarez, quen lerá a laudatio de Mercedes Vázquez Saavedra.