A Coruña: actividades literarias destacadas do mércores 5

OFeira do Libro da Coruña 2015 mércores 5 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

18:00 h. Presentación do libro-disco Canta a lúa coas estrelas, con poemas de Rosalía Merlán musicalizados por Manoele de Felisa e ilustracións de Isa Albela. Publicado por Técnicas de Gramaxe.
18:00 h. Celia Díaz e María Seoane asinan exemplares de Velaí vai o papaventos, na caseta da Libraría Aenea.
19:00 h. Alfredo Conde asina exemplares de ColeccionAn, 69 poemas de amor, publicado por Trifolium.
19:00 h. Presentación dos libros Modelos de lingua e compromiso e A poesía oculta de Filgueira Valverde, publicados en Baía Edicións, coa presenza do encargado da edición do primeiro, Xosé Manuel Sánchez Rei, e o autor do segundo, Xosé Ramón Freixeiro Mato, xunto a Marica Campo.
19:45 h. Presentación de O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto á autora, Laura Veleiro, Héctor Pose, o ex-futbolista Donato e Francisco Castro.
20:00 h. Chuches Amil dará un concerto do seu libro-disco Un conto ao revés, publicado en Galaxia.
20:30 h. Presentación de Xeixos, de Suso Lista, publicado por Embora.
21:15 h. Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro presentan a resolución do Premio Novo Xornalismo e do número de verán da revista Luzes.

Alfredo Conde fala sobre o seu libro 69 poemas

DesdeAlfredo Conde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Tino Santiago conversa co escritor Alfredo Conde, Premio Nacional de Narrativa, sobre o seu libro de amor 69 poemas, recentemente publicado. O autor de Xa vai o griffón no vento e Memoria de Noa preparou unha escolma de poemas, un por cada ano vivido, e deulles luz despois de pasar un difícil transo persoal. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”

Compostela: presentación de ColeccionAN. 69 poemas de amor, de Alfredo Conde

OAlfredo Conde luns 15 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Cronopios de Santiago de Compostela (Rúa Alfredo Brañas, 24), preséntase o libro de poemas ColeccionAN. 69 poemas de amor, de Alfredo Conde, publicado en Trifolium. No acto, xunto ao autor, participa Armando Requeixo.