Vigo: mesa-redonda coloquio O pergamiño Vindel de Martín Códax chega a Vigo

O luns 2 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal (Areal, esquina Oporto), en Vigo, terá lugar unha mesa redonda-coloquio baixo o título de O pergamiño Vindel de Martín Códax chega a Vigo, organizado polo Club Faro, no que intervirá Dolores González (vicerretora de estudantes da Universidade de Vigo) e Xosé Ramón Pena (catedrático de lingua e literatura galega) que serán presentados polo presidente do Colectivo Pertenza, Xacinto Barreiro. A entrada é libre ata completar o aforo.

Vigo: palestra Vigo: escenario e argumento, por Francisco Castro

OFrancisco Castro martes 21 de abril, ás 20:00 horas, no Colexio de Arquitectos de Vigo (Rúa Doutor Cadaval, 5), o Colectivo Pertenza organiza a palestra Vigo: escenario e argumento, impartida por Francisco Castro, quen afondará nalgunhas novelas, poemas e autores que escolleron Vigo como escenario da súa obra.

Vigo: conferencia Nacemento e renacemento da pintura galega, de Carlos López Bernárdez

O xoves 3 de abril, ás 20:00 horas, no Hotel Los Galeones (Avenida de Madrid, 21) de Vigo, Xosé Carlos López Bernárdez impartirá unha conferencia baixo o título de Nacemento e renacemento da pintura galega, nun acto organizado polo colectivo cultural Pertenza.