Arquivos da etiqueta: Concello de Neda
Neda: presentación de O lugar onde vou, de Vicente Araguas
Neda: recital poético e presentación da revista Olga
Neda: presentación de O asubío do avó, de Ángeles Goás
Crónica fotográfica do Roteiro Literario pola vila de Neda, guiado por Vicente Araguas
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Literario pola vila de Neda, que guiou Vicente Araguas o 28 de decembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí. Agradecemos a Copi Villaamil o seu envío.
Roteiro Literario pola vila de Neda, con Vicente Araguas
O Roteiro Literario pola vila de Neda, con Vicente Araguas é unha actividade da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Neda.
Este Roteiro, a cargo de Vicente Araguas, forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto deste roteiro queda a disposición da cidadanía.
O roteiro terá lugar o 28 de decembro, a partir das 16:30 horas, tendo como punto de saída o adro da igrexa de San Nicolás de Neda. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deben inscribirse previamente, de balde, no correo electrónico oficina@aelg.org
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento. Será preciso cumprir coa distancia de seguridade e o uso de máscaras.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Neda: X Xornadas Literarias arredor da figura de Bob Dylan
As X Xornadas Literarias, organizadas pola Biblioteca de Neda e a Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, campus Ferrol, xirarán, entre o mércores 18 e o venres 20 de abril, arredor da figura de Bob Dylan. As inscricións son gratuítas, na Biblioteca de Neda (Avenida de Alxeciras, 61, C. P. 15510, teléfono 981390233, correo electrónico: cultura@neda.dicoruna.es). O programa é o seguinte (premer na imaxe para mellor visualización):