Santa Cruz, Oleiros: presentación do libro colectivo Banqueiros

O xoves 21 de febreiro, ás 20:00 h., no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, Oleiros, preséntase o libro de teatro de autoría colectiva Banqueiros, publicado por Laiovento. No acto participarán o coordinador e prologuista do libro, Francisco Pillado, unha das autoras, Diana Varela Puñal, e Esther Garrido Pan, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros.

Perillo, Oleiros: acto de conmemoración do Centenario de Rialeda

O mércores 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo, Oleiros), terá lugar un acto de conmemoración do Centenario de Rialeda, cunha mesa redonda coa participación de:
– O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.
– O arquitecto, Henrique Seoane, coa presentación titulada Rafael González Villar e a súa elegante arquitectura.
– O escritor Manuel Rivas, co relatorio titulado Resistencia erótica do libro.
– Actuación do trío de vento de alumnos/as da Escola Municipal de Música.

Oleiros: “O Ramallo de Prata”, un espectáculo musical con poemas de Uxío Novoneyra

O vindeiro venres 21 de maio, ás 21:00, terá lugar no Centro Cultural A Fábrica de Oleiros o espectáculo poético-musical “O Ramallo de Prata” do Grupo Ouriol. Con este recital, incluído na programación da Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña, celébrase ao poeta do Courel homenaxeado este ano co Día das letras galegas. O espectáculo concíbese a partires dunha escolla significativa de poemas de todos os libros de Novoneyra, textos nos que se inspira a interpretación musical orixinal.
O Grupo Ouriol está formado polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez, xunto coa poeta Eva Veiga na voz recitadora.