Arquivos da etiqueta: Concello de Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía: conversa arredor de Bolboretario do confinamento, de Patricia Torrado Queiruga
Vilagarcía: Asalto poético 2023
Vilagarcía: conversa arredor de Cruz(eiro) e Para que non me esqueza, de Manuel López Rodríguez
Vilagarcía: conversas arredor de Voto e silencio, de Andrea Fernández Maneiro
Vilagarcía: inauguración da exposición Entre leiras e labores
Bases do II Concurso de poesía en lingua galega Xaquina Trillo
Vilagarcía de Arousa: Semana de Muller e cultura, do 7 ao 14 de outubro
Vilagarcía: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
María Alonso Seisdedos, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición
Desde a Fundación Plácido Castro:
“Reuniuse o 2 de setembro en Cambados o xurado da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución, integrado por D.ª Olga López López (Xunta de Galicia), Dª. Beatriz Fariñas (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación), D. Ramón Caride Ogando (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), D. Alberte Álvarez Lugrís (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), D. Xavier Senín Fernández (Real Academia Galega), D. Xulio Ríos (Presidente de Honra do IGADI), quen actúa en calidade de secretario do xurado en representación da Fundación Plácido Castro, con voz pero sen voto.
Tras avaliar as obras presentadas, o xurado acordou outorgar o premio Plácido Castro 2021 á tradutora María Alonso Seisdedos pola obra Canto jo i la muntanya balla/Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá.
O xurado salientou o valor da novela, de aparencia sinxela pero de construción complexa, con pluralidade de voces narrativas, que sinala unha perfecta adaptación dos rexistros da lingua de orixe, reflectindo a súa oralidade con altas doses de precisión. Así mesmo, destaca que logra manter o ritmo da narración respectando a atípica puntuación do orixinal. (…)
A cerimonia de entrega do premio terá lugar o próximo 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, no concello de Vilagarcía.”