Arquivos da etiqueta: Concello de Vimianzo
Vimianzo: presentación de A cultura do mel na Costa da Morte, de Carme Toba Trillo
Vimianzo: presentación de O que me quedaba por dicirche, de Alberto Mancebo
Concurso de Microrrelatos na rede en contra da violencia de xénero, do Concello de Vimianzo
Vimianzo: presentación de Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal, de Xosé María Rei Lema
Manuel Rivas doa parte da súa biblioteca persoal para a Biblioteca Municipal de Vimianzo
Desde Que pasa na Costa:
“(…) O escritor Manuel Rivas e Isabel López Mariño doarán parte da súa biblioteca persoal ao Concello de Vimianzo.
O vindeiro xoves, día 4 de setembro Manuel Rivas desenvolverá na Biblioteca Pública Municipal un acto con rapaces e rapazas no que os achegará a súa obra infantil.
No transcurso deste acto o escritor coruñés, con casa en Vimianzo dende fai máis dunha década, entregaralle á Biblioteca Pública Municipal de Vimianzo parte da súa biblioteca persoal.
Diante desta doazón, que estará a disposición de toda a veciñanza, o Concello quere expresarlle ao autor o seu máis sincero agradecemento, xa que é un orgullo que un autor do prestixio de Rivas colabore co Concello de Vimianzo doando parte da súa biblioteca persoal.”
Vimianzo: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O sábado 11 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Concello de Vimianzo e o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, participan, xunto ao autor, Manuel Antelo, Chus Barbeira, Concha Blanco, Alexandre Nerium e Manuel Bragado.