Arquivos da etiqueta: Consello da Cultura Galega
Santiago: faladoiro sobre A obra poética de Álvaro Cunqueiro
O
xoves 16 de xuño, ás 19:00 horas, no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro), en Santiago de Compostela, terá lugar o faladoiro A obra poética de Álvaro Cunqueiro, no que participan Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Salgado, Manuel Forcadela e Teresa López.
Santiago: concerto Camelias para Cunqueiro, por Amancio Prada
O
venres 10 de xuño, ás 21:00 horas, no Salón Teatro (Rúa Nova, 34) de Santiago de Compostela, e con entradas a 10 euros, terá lugar o concerto Camelias para Cunqueiro, no que Amancio Prada interpretará poemas do grande autor mindoniense. O concerto forma parte da programación conmemorativa 2011, Ano Cunqueiro, e está organizado conxuntamente por Agadic e o Consello da Cultura Galega. Amancio Prada estará acompañado por Hilary Fielding ao violonchelo e Josete Ordóñez á guitarra e mandola.
A cultura reivindica o seu sitio
Lugo: faladoiro O popular na obra de Álvaro Cunqueiro
O
xoves 2 de xuño, ás 19:30 horas, na Aula Sociocultural Novacaixagalicia (Praza de Santa María, s/n.) de Lugo, terá lugar un faladoiro sobre O popular na obra de Álvaro Cunqueiro, acto organizado polo Consello da Cultura Galega con motivo do Ano Cunqueiro, no que participan Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo.
O Consello da Cultura Galega integra gastronomía e literatura nunha homenaxe a Cunqueiro
A escrita científica en galego a debate no Consello da Cultura
Edición facsimilar, con estudo crítico, da revista Loia, polo Consello da Cultura Galega
Os
catro números da revista Loia, que acolleu os primeiros textos de Lois Pereiro, saen á luz agora nunha edición facsimilar da man do Consello da Cultura Galega. A institución segue así a súa tradición de homenaxear con este tipo de publicacións os protagonistas do Día das Letras. A edición inclúe un estudo crítico da revista coordinado por Xosé Manuel Pereiro no que se poden atopar artigos del mesmo, Ramón Villares, Helena González, Antón Patiño e Manuel Rivas. A edición completa está dispoñible na rede para a libre descarga.
Santiago: recital de celebración do Día Mundial da Poesía 2011
O luns 21 de marzo, ás 19:30 h., no Auditorio da Biblioteca da Cidade de Cultura, o Centro PEN Galicia e o Consello da Cultura Galega organizan un recital para celebrar o Día Mundial da Poesía 2011, presentado como unha ollada de luz no vento Lois Pereiro, coa presenza de Marilar Aleixandre, Olalla Cociña, Luís González Tosar, Manuel Rivas e Salvador García-Bodaño.
Aberto o prazo para a presentación de comunicacións para o Congreso Mil e un Cunqueiros
O
prazo remata o 31 de marzo do 2011. Toda a información neste enlace.
