Entrevista de Carme Vidal a Xurxo Souto en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Libro de narrativa máis vendido do verán e máis de trescentas persoas nalgunha das presentacións. Que ten Contos do mar de Irlanda para chamar así á xente?
– Xurxo Souto (XS): Na presentación, os verdadeiros protagonistas son os mariñeiros, os patróns. Vívese unha emoción compartida. En Corrubedo, poño por caso, o protagonista do acto foi o patrón José Graña, a quen lle cantamos un corrido colectivo. Nese acto unha muller levantouse e dixo que aquilo non era unha homenaxe a Graña senón a todas as mulleres e homes do mar de Corrubedo. Encantoume.
Parece que todo está inventado mais todo está por facer, tamén na difusión do libro. Cando me dixeron que ía saír no mes de xullo pensei que o lóxico era agardar a setembro para presentalo mais o que aconteceu é que a xente de mar volve ás ribeiras no verán. Son lugares aos que normalmente non se levan actos literarios e teñen unha vida emocional e cultural extraordinaria. A todas esas vilas fun reclamado polas historias que conto, Corrubedo, Corme, Bueu… porque alí estaban eles, os protagonistas do libro. Presentar un libro en Compostela ou A Coruña é magnífico mais nestas vilas do mar convértese nun gran evento se o protagonista é do lugar. A emoción compartida dos veciños é única. (…)
– SG: Como el, os percebeiros Paco Souto ou Suso Lista, do mar á escrita…
– XS: A potencialidade estética do mar é absoluta. O realismo máxico de Álvaro Cunqueiro non se trata de contar trucos senón de ser consciente de que vivimos en magnitudes que nos superan. Paco Souto, grande poeta, acabou sendo percebeiro e convive en plenitude coa natureza. Suso Lista con Salseiros transmite a emoción da persoa co seu labor.
– SG: Tamén á contra, escritores que foron ao mar como Valentín Carrera, Xavier Queipo, Jacobo Barros ou Xabier Paz e escribiron as súas experiencias.
– XS: Os ausentes de Castelton de Jacobo Barros foi reveladora. Todo está nesa novela, a dimensión astral do ser humano. A violencia, a tensión, a condición humana. As novelas de Xabier Paz teñen alento e fondura, como as de Queipo ou Carrera. Eu optei por escribir do mar desde a miña condición terrícola. Defendo que non é impescindíbel subir a unha marea do Gran Sol para contar historias do mar. (…)”
Arquivos da etiqueta: Contos do mar de Irlanda
O Couto, Ponteceso: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O mércores 5 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), Xurxo Souto presentará o seu libro Contos do mar de Irlanda, publicado por Xerais, dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.
Taboleiro do libro galego XXVII (outubro 2014), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Un mes máis chegan as referencias ás novidades editoriais en lingua galega máis vendidas ao longo do pasado mes. O meu agradecemento ás once librarías colaboradoras que, cos seus datos, constrúen estas listaxes: Paz, Suévia, Miranda, Biblos, Andel, Cartabón, Libros para soñar, Couceiro, Librouro, Aira das Letras e Lila de Lilith.
NARRATIVA
1º-. Dende o conflito, de María Reimóndez, Xerais.
2º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
3º-. Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga, Xerais.
4º-. 55, de Xavier Queipo, Xerais.
5º-. Olympia Ring, 1934, de Xabier López, Galaxia.
6º-. Jude o escuro, de Thomas Hardy, Hugin e Munin (tradución Mª Fe González).
POESÍA
1º-. Anamnese, de Eli Ríos, Sotelo Blanco.
2º-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
3º-. Remontar o río, de Helena Villar, Tirar do fío Edicións.
4º-. Os inocentes, de María do Cebreiro, Galaxia.
5º-. Crónica do chan, de Alberto Lema, Corsárias.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Xavier Vence. Conversas, de Xan Carballa, Engaiolarte Edicións.
2º-. Bibliotecarias e bibliotecarios infames, de F. X. Redondo Abal, Laiovento.
3º-. Eu estaba alí, Afonso Eiré, Hércules de Edicións.
4º-. Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres, Galaxia.
XUVENIL
1º-. Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Xerais.
2º-. Reo, de Xesús Fraga, Galaxia.
3º-. O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, Xerais.
4º-. O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Xerais.
5º-. Debuxos no muro, de Aurora Ruá, Galaxia.
INFANTIL
1º-. Miau, de Antonio Rubio e Óscar Villán, Kalandraka.
2º-. Nicomedes o pelado, de Pinto & Chinto, Kalandraka.
3º-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
LIBROS CD-DVD
1º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, Kalandraka.
2º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
3º-. Unha viaxe polo mundo, de As Maimiñas, Galaxia.
4º-. Cantos animais, de Susa Herrera e María Noel Toledo.
BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. Cidade de Cristal, de Paul Auster, El Patito Editorial (adaptación ao cómic: Paul Karasik; debuxos: David Mazzucchelli; tradución: Xavier Queipo).
3º-. Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
Compostela: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, o venres 31 de outubro
Tendo en conta que o aforo é limitado, é preciso inscribirse previamente aquí.
A Coruña: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O mércores 22 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación Veciñal Agra do Orzán (Rúa Entrepeñas, 38, baixo) da Coruña, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, coorganizado coa Livraria Suévia, rematará cun concerto do grupo polifónico Parabéns.
Xurxo Souto: “O mar vai estar sempre aí, é o noso futuro”
Vigo: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125) de Vigo, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, nun acto que contará coa participación do autor e Manuel Bragado.
Ferrol: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O xoves 16 de outubro, ás 20:00 horas, no local da Fundaçom Artábria (Travesa de Batallóns, 7) de Ferrol, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, nun acto que contará coa participación do autor.
Ourense: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O mércores 15 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Agalleira (Praza de San Cosme, 1) de Ourense, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Xabier Paz.
Xurxo Souto: “Quixen atopar unha parte de nós mesmos que navega polos mares do norte”
Entrevista a Xurxo Souto en Radiofusión:
“Con tanto mar como temos, é posible que vivamos de costas a el? É. “Non é un problema individual, é un problema estrutural: vivimos no Estado de Europa no que temos a capital máis lonxe da ribeira. Madrid está moi lonxe… Até Viena, un país central, está máis preto do mar”, reflexiona Xurxo Souto. Ao autor coruñés non lle foi preciso embarcar para o Gran Sol (“non tiña corpiño para iso”, chancea), para fascinarse con esa parte do noso país que é flotante, que viaxa nos barcos desafiando o mar. “Na vida social, na vida oficial, o mar non existe”, engade, até o punto de que agora “en todas as cidades as portas do porto están pechadas”. Por iso Souto quixo “abrir a orella ao mar” e comezou a preguntarlle aos mariñeiros por todo aquilo que non lle explicaban nas aulas, nos medios de comunicación. Así foi como puido “atopar unha parte de nós mesmos que navega polos mares do norte”. Ese achado conforma as historias de Contos do mar de Irlanda, un volume editado por Xerais, e a obra de ficción máis vendida das letras galegas nos últimos meses e que este serán ofrece ao océano na Coruña. (…)”
A entrevista pódese escoitar aquí.