Arquivos da etiqueta: Delmi Álvarez
Cuba, 1991, de Delmi Álvarez
Oia: Conversas no mosteiro, con Delmi Álvarez
Proxecto Galegos na Diáspora, por Delmi Álvarez
Proposta de Delmi Álvarez en Verkami:
“Galegos na Diáspora é un proxecto de fotografía documentalista de longo termo, realizado entre 1989 e 2009, con exposicións en Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Bos Aires e Montevideo e tres documentais na TVG.
O proxecto está dividido en viaxes a continentes: Europa, As Américas, Asia e Oceanía, Rusia, África, Estados Unidos e América Central. No mesmo, o autor mistura textos e fotografías en branco e negro de galegas e galegos cos que falou en cada etapa. Da primeira edición en 2009 a tirada foi de 500 exemplares, e no 2017 o autor reeditou o libro en tamaño A5. En 2022 unha nova reedición cos textos orixinais en galego espera procurar o obxectivo de acadar fondos para unha terceira impresión.
O traballo de documentación do proxecto para atopar emigrados nos países a visitar, organizouse nas primeiras viaxes por medio de contactos por carta, fax e teléfono ao non existir internet.
O traballo de campo tambén facilitou moito a procura de galegas e galegos en lugares moi remotos. O autor levou a cabo o proxecto co seu propio orzamento e unha pequena axuda ao comenzo da primeira viaxe. O libro foi presentado na Library of Congress de Washington e a Cuny de Nova Iork, pero nunca en Galicia, polo pouco interés neste tema da Historia galega.
Personaxes que conviviron con nomes galegos no exilio como foi Emilio González López con Castelao na súa estadía en Nova Iork, María Casares en París que a pesar de levar a Galicia moi dentro todavía non foi recoñecida como se merece.
Obreiras, mestres, xente galega que nunca máis voltaron a súa terra, por diferentes motivos, ainda que nunca a esqueceron.
Delmi Álvarez, como autor comprometido co seu país e a cultura, adica este traballo persoal a Diáspora Galega na que os seus propios avós, como outros miles fixeron por Galicia, construiron o país, escolas ou hospitais. A Diáspora Galega é parte dun éxodo que algúns autores e artistas reivindicaron nas súas obras dende lonxe para lembrar a desmemoria histórica e o valor de miles de mulleres e homes que fuxiron co pouco que tiñan a mundos diferentes con lingoas distintas, padecendo miseria e discriminación pero tambén construindo unha sociedade forte como o foi a Diáspora en Cuba, o lugar onde naceu o himno galego.
O libro recolle testemuñas diversas de persoas emigradas, doutras esquecidas nun hospital psiquiátrico donde un galego enfermo axudaba a administración diaria das pastillas dos seus compañeiros.
O exilio supuso para moitas delas a única saida a liberdade deixando atrás todo. Na Arxentina, Castelao loitaba co Sempre en Galiza, ben cos seus debuxos, libros, artigos ou pensamentos, como protesta a situación de persecución e represión contra pensamentos diferentes.
Toda a información aquí.”