Arquivos da etiqueta: Deputación de Pontevedra
A Coruña: monografía As Letras Galegas na Encrucillada, no 40º aniversario da revista Encrucillada
Margarita Ledo, primeira muller premiada co Otero Pedrayo nos seus 40 anos de historia
Desde
Sermos Galiza:
“Margarita Ledo Andión é a primeira muller que recibe o premio Otero Pedrayo nos 40 anos de historia deste prestixioso galardón. A proposta, que saíu da Deputación de Pontevedra, de que a catedrática, académica e cineasta fose galardoada con este recoñecemento foi aprobada por unanimidade. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o responsábel de Cultura, da entidade provincial Xosé Leal, foron os encargados de transmitirlle telefonicamente á propia Margarita Ledo ao remate da xuntanza do xurado reunido en Pontevedra baixo a presidencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Poeta, narradora, xornalista, investigadora, directora de cine, feminista, galega,… Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951) recibe así máis unha merecida homenaxe como recoñecemento da súa obra, froito dunha traxectoria que vai da literatura ao audiovisual, da docencia á implicación co noso país.
No informe da súa proposta, a Deputación de Pontevedra destacou especialmente de Margarita Ledo “a súa traxectoria vital, profesional e intelectual marcada pola súa temperá militancia política, o exilio e o lectorado de galego na Facultade de Letras da Universidade de Porto, o xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais republicanos portugueses e galegos”.
Tamén salientou que foi “pioneira en centrarse en investigacións e xéneros audiovisuais que non estaban desenvolvidos na Galiza e sempre tendo presente a perspectiva de xénero en todos os seus traballos, investigacións e intervencións públicas”.
Ademais, destácase que foi unha defensora, “a través de toda a súa traxectoria, do idioma galego con valor identitario e cultural de seu, e en pé de igualdade cos demais idiomas da península Ibérica e do mundo”.”
Crónica videográfica da X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes… con historia (II)
A
X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes… con historia, é unha actividade da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.
Para recuperar e actualizar esa memoria, nesta décima edición da Xornada de Literatura de Tradición Oral –da man de coñecidas/os especialistas en toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía–, decidimos evocar a memoria das palabras que, tanto se as usamos coma se non, aínda están impresas no noso mapa emocional. Porque unha parte decisiva da nosa persoal e particular historia está rexistrada na alma das palabras.
Con esta iniciativa da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, a Asociación quere dar continuidade a unha colaboración coa Deputación de Lugo que pretende darlle a importancia que merece a esta parte fundamental da literatura e que axuda a converter a capital lucense nun referente neste ámbito. A xornada tivo lugar o sábado 21 de outubro de 2017 no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Presentación da conferencia de Mª Rosario Soto Arias, por Isidro Novo:
– Conferencia: Presenza de valores antropolóxicos, etnográficos e míticos na fraseoloxía, por María Rosario Soto Arias:
– Presentación da conferencia de Gonzalo Navaza, por Isidro Novo:
– Conferencia: Toponimia e lendas, por Gonzalo Navaza:
– Mesa redonda: O abecé do noso ADN simbólico-cultural, con Isidro Novo, Mª Rosario Soto Arias e Gonzalo Navaza:
– Palabras con misterio: O Latín dos canteiros, con Antonio Reigosa, Marcos Escudero e Isidro Novo.
Rianxo: presentación de O viquingo converso, de Xesús Santos Suárez
Bases do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual
“Nos
últimos anos estase a dar un florecemento do teatro e a dramaturxia en Galicia. A aparición de novos dramaturgos con ampla formación e con linguaxes innovadoras para o panorama teatral galego, está a consolidar unha nova xeración de autores recoñecidos dentro e fora da nosa comunidade.
As principais dificultades ás que se enfrontan os autores teatrais das novas xeracións do teatro galego, non só pasan pola falta de representación escénica das súas obras senón que viven unha eiva no eido da publicación e difusión da súas creacións.
Na procura de maior visibilidade dos novos dramaturgos e dramaturgas, nace o I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual convocado por Feira do Leste e co apoio da Deputación de Pontevedra.
1. Poderán concorrer ao Certame todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega.
2. As OBRAS serán de temática e extensión libre. E nelas deberá procurarase o bo uso da lingua galega. Cada autor poderá presentar máis dunha obra.
3. O PREMIO consta da edición e publicación da obra gañadora dentro dun volume xunto con outras pezas de dramaturgos galegos actuais. Así mesmo, o gañador recibirá 10 exemplares da obra como compensación dos dereitos de autor e unha porcentaxe dos beneficios obtidos pola venda de cada exemplar durante o primeiro ano. Poderase outorgar o premio a varias obras ou autores se así o estima o xurado e a organización.
4. O PRAZO de presentación de orixinais comeza o 18 de outubro e remata o 1 de decembro de 2017 (ámbolos dous incluídos).
5. O ENVÍO das obras farase exclusivamente a través do formulario de inscrición da páxina web oficial do certame ou mediante o correo electrónico certame@novadramaturxia.feidadoleste.com. Enviaranse dous arquivos: un coa obra (con título e lema) e a plica (no que constará o nome e apelidos do autor, lema, título e breve sinopse da obra, teléfono e email).
6. O XURADO estará conformado por profesionais do teatro e do mundo da cultura e prestarán especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas. A elección das obras será anónima.
7. Os orixinais non premiados serán destruídos.
8. Se durante o tempo de presentación e deliberación a obra presentada recibise algún premio ou fose editada, o autor deberá comunicalo á organización do certame.
9. O feito de participar neste certame supón a aceptación total destas bases. O non previsto nelas será resolto pola organización.”
Vigo: simposio internacional E irei madr a Vigo, os 23 e 24 de novembro
Vigo: ciclo de conferencias Os xoves do Vindel
Crónica fotográfica do Roteiro Literario pola provincia de Pontevedra en Cambados, con Ramón Caride
Estas son algunas das fotografías do Roteiro Literario pola provincia de Pontevedra realizado en Cambados, no centenario de Da terra asoballada, que tivo lugar o sábado 30 de setembro, con Ramón Caride. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Cambados e A Estrada: Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2017
Os
Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2017 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra.
A inscrición é de balde ata cubrir 50 prazas para cada roteiro. Horario dos roteiros: de 11:30 a 13:00 horas.
Estes son os seguintes roteiros programados:
Cambados. Sábado 30 de setembro
Roteiro do Centenario Da terra asoballada.
Con Ramón Caride Ogando
Punto de partida: Praza do Concello, ao pé da estatua de Ramón Cabanillas.
Inscricións na Biblioteca municipal Luis Rei: 986 520 008 (xa están cubertas as prazas, só hai lista de agarda).
O roteiro centrarase na edición de Da Terra Asoballada de 1917, incluíndo a lectura dos poemas de dita edición. Abarcará os lugares máis significativos da vila de Cambados como son Fefiñáns, A Calzada, O Convento, A Pastora, Santomé, e a Rúa do Hospital, vencellados ao nacemento, infancia, vida e morte do poeta, así como aos seus coetáneos, Asorei, Valle-Inclán e Plácido Castro. Tamén presentará as pegadas de Cabanillas nos creadores actuais do Salnés e en lugares de actividade cultural como o Pazo Torrado e a Biblioteca Luís Rei.
A Estrada. Sábado 7 de outubro
Roteiro Avelina Valladares, unha muller do tempo dos Precursores.
Con Xosé Luna Sanmartín
Punto de partida: Igrexa de Berres, A Estrada
Inscricións no Concello de A Estrada – Cultura: 986 570 165
O percorrido comeza na igrexa e cemiterio de Berres, onde está enterrada Avelina Valladares; para continuar cara ao Casal de Vilancosta, o fogar dos Valladares, sito no lugar de Vilancosta na mesma parroquia de Berres. Esta casa é unha propiedade privada que non soe ser visitable, polo que se trata dunha oportunidade única para coñecela. Realizaranse lecturas de poemas da autora no o xardín e nas diferentes estancias da casa, rematando coas vistas do Ulla e do Pico Sacro.














