Alfredo Conde presenta Homes de ferro

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
Alfredo Conde presenta Homes de ferro. O escritor novela o tráxico final de catro amigos irlandeses que construíron un bote para facer o Camiño por mar dende Dublín a Compostela. A obra publicada por Ézaro forma parte dun proxecto máis amplo que promoven Buxa, a Asociación Galega do Patrimonio Industrial. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Entrevista a Ramón Nicolás no Diario Cultural

Desde o Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“Emitiuse unha entrevista no Diario Cultural centrada tanto nos dez anos que cumprirá este blog o vindeiro mes de outubro como nos trinta de práctica ininterrompida de crítica literaria. A miña gratitude pola atención. A quen lle interese pode acceder premendo aquí.”

Dorothé Schubarth e Pablo Quintana, mestres da memoria

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia en 1978 e recolleu durante cinco anos miles de cantigas populares. Compilounas e sistematizounas con criterios científicos no monumental Cancioneiro popular galego. Pablo Quintana, nado en Vilanova de Oscos (Asturias), é outro dos imprescindibles na transmisión da nosa música tradicional con traballos como Recolleita ou O cego andante. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Elena Gallego Abad publica a quinta entrega de Dragal

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Comezamos semana falando de literatura e dragóns. Dragóns que existen na nosa tradición e en moitas lendas galegas. Elena Gallego é a autora da saga Dragal, que chega a súa quinta entrega editada por Xerais.
Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios…poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?
Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura.
Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor un desastre.
Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para conquistar novos e vellos lectores. “Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón”.
A entrevista pode escoitarse aquí.”

Celebramos o Día internacional da Tradución

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“A ONU estableceu o día 30 de setembro, coincidindo co seu patrón San Xerome, o Día Internacional da Tradución, recoñecendo a súa labor como unha peza fundamental da cultura.
Conversamos con Alejandro Tobar, tradutor e editor de Hugin e Munin; Gabriel Álvarez, tradutor do xaponés ao galego, e María Alonso Seisdedos, tradutora de italiano, francés, portugués e inglés.
A conversa pode escoitarse aquí.”

“900 páxinas para contar medio século”

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Xabier López publica na editorial Galaxia a novela 900, gañadora do premio Torrente Ballester.
Os cambios sociais da primeira metade do século XX, contados a través das vidas de tres mozos nados no ano 1900.
Parodia e múltiples referencias literarias, nunha novela que se despraza entre unha casa fidalga en decadencia, o Santiago estudantil ou os campos de batalla da primeira guerra mundial, entre outros escenarios.
A entrevista pode escoitarse aquí.”

A herba de namorar, de María do Cebreiro

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Presentamos o novo libro dunha das nosas voces poéticas máis importantes. Os 50 poemas de A herba de namorar (Galaxia) inclúen algúns inéditos e outros escolmados pola propia autora entre toda a súa obra. A entrevista pode escoitarse aquí.”