O
xoves 5 de maio, ás 20:00 h., na sede de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase o ensaio O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio, de Fidel Vidal, publicado en Espiral Maior.
Arquivos da etiqueta: Edicións Espiral Maior
Santiago: presentación de A fecha azul do teixo, de Eva Veiga
O xoves
28 de abril, a partir das 19:30 h., na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural) de Santiago de Compostela preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello e Teresa Seara, finalizando cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
Santiago: presentación de Flores da Galvana, de Iria Fernández Crespo
O luns 18 de abril, ás 12:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela preséntase o poemario Flores da Galvana, de Iria Fernández Crespo, publicado en Espiral Maior. No acto participan, ademais da autora, Ramón Chao e Miguel Anxo Fernán Vello. Crónica posterior en Xornal.
Premios da Crítica 2010: Marga do Val e Víctor F. Freixanes
En representación da Sección da Crítica da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Laura Caveiro envíanos a noticia oficial sobre os galardoados deste ano en lingua galega:
Poesía: A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, poemario publicado en Edicións Espiral Maior en 2010. “Trátase dun poemario vital e reflexivo. A voz poética mergúllase en significativos episodios biográficos a xeito de particular educación sentimental”.
Narrativa: Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes, novela publicada en Editorial Galaxia. “Parte do interesante artificio do cantar de cego a ofrece un estilo envolvente, compensado e denso”.
Laura Caveiro foi este ano a representante da Sección da Crítica Literaria enviada a Cáceres para propor os títulos galegos decididos oito días antes en Compostela.
Vía Crítica literaria. Tamén se recolle esta nova en Galicia Hoxe, Xornal, Cultura Galega e Galaxia.
Moaña: presentación de Neve, de Lucía Novas
O
venres 8 de abril ás 20:30 h., na Libraría O Pontillón (Avenida Concepción Arenal, 7) de Moaña, preséntase o libro Neve, de Lucía Novas, publicado en Espiral Maior, obra gañadora do XIII premio de Poesía Johán Carballeira. A autora estará acompañada neste acto da profesora de lingua galega Asunción Sóñora Abuín.
A Coruña: presentación de Animal Abismo, de Diana Varela Puñal
O
venres 4 de marzo, ás 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase o libro de poemas Animal Abismo, de Diana Varela Puñal, publicado en Espiral Maior. O acto, presentado por Dores Tembrás e Miguel Anxo Fernán Vello, consistirá nun espectáculo poético-musical a cargo do clarinetista Xocas Meijide, de Xulio López Valcárcel, dos propios presentadores e da autora.
Vilaboa, Culleredo: presentación de Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval
O mércores
23 de febreiro, ás 20:00 h., na Aula de Poesía da Biblioteca Uxío Novoneyra de Vila Melania, en Vilaboa (Culleredo), preséntase Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto participan Celestino Poza, María Casar e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Lúa Lueira, nova colección de poesía para nenos en Espiral Maior
A Coruña: presentación do libro A frecha azul do teixo, de Eva Veiga
O venres
11 de febreiro, a partir das 20:00 h., na sede de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Teresa Seara, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Anxo Fernán-Vello, e finalizará cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
