Comeza
unha nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da cidade, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o venres 13: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:
* Venres 13:
– 11:30 h.- Inauguración da Festa do Libro.
– 18:00 h.- Presentación do DVD Lois Pereiro realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís e coordinado por Xulia Rodríguez Abella. No Kiosco Alfonso.
– 18:00 h.- Sinatura por parte de Mercedes Queixas Zas dos libros Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, publicado en Laiovento, e Vivir, aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, publicado en Galaxia. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 19:00 h.- Presentación do libro Futuro imperfecto, de Xulia Alonso. Participan Víctor F. Freixanes, Fran P. Lorenzo, Elena Pernas e a propia autora. No Kiosco Alfonso.
– 20:00 h.- Presentación do libro de Antón Patiño Lois Pereiro. Radiografía do abismo, publicado en Espiral Maior. Conferencia do autor e proxección de imaxes sobre a figura de Lois Pereiro. Intervirá, co autor, Miguel Anxo Fernán Vello. No Kiosco Alfonso.

28 de abril, a partir das 19:30 h., na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural) de Santiago de Compostela preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de 
venres 4 de marzo, ás 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase o libro de poemas Animal Abismo, de
23 de febreiro, ás 20:00 h., na Aula de Poesía da Biblioteca Uxío Novoneyra de Vila Melania, en Vilaboa (Culleredo), preséntase Bater de sombras, de