O
venres 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Rúa Corredoira de Luís Cadarso, s/n.), en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, publicado en Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participan, xunto ao autor, Agustín Agra e Manuel Bragado.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
O Barco: Noite do Samaín con Escarlatina. A cociñeira defunta, de Ledicia Costas
Vigo: conversa con María Reimóndez arredor de A música dos seres vivos
O
luns 31 de outubro, ás 19:00 horas, María Reimóndez acudirá ao club de lectura feminista organizado pola CIGA na cidade de Vigo para conversar sobre a súa obra A música dos seres vivos, obra pertencente ao “Ciclo dos elementos” onde MK, a protagonista, deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida.
Manuel Esteban: “Eu non tiña a intención de escribir unha novela, e naceu da experiencia persoal co meu fillo”
Desde
Xerais:
“Radio Marca Vigo emitiu unha entrevista con Manuel Esteban, autor de A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 92:10.”
Pontevedra: encontro con Ledicia Costas e Víctor Rivas
A Coruña: presentación de Bala Perdida, de Manuel Rivas
O
sábado 29 de outubro, ás 19:00 horas, na FNAC (Praza de Lugo, s/n), na Coruña, Manuel Rivas, presenta Bala Perdida, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
Monforte: presentación de Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga
O
venres 28 de outubro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa Comercio, 6), de Monforte de Lemos, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada, publicado por Xerais. No acto participan xunto ao autor César Lorenzo e Manuel Bragado.
Paco Martín: “Os paraugas din moito da xente, sobre todo se non chove”
Entrevista a Isaac Xubín sobre Non hai outro camiño
Entrevista
no Diario Cultural da Radio Galega:
“Coñecemos a primeira novela de Isaac Xubín: Non hai outro camiño. Pode accederse á entrevista aquí.”
Vigo: presentación de Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga
O
xoves 27 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), de Vigo, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada, publicado por Xerais. No acto participan xunto ao autor Antonio García Teijeiro e Manuel Bragado.


