Desde
o Galicia por Diante, da Radio Galega:
“O escritor vigués preséntanos o seu novo libro, Morena, perigosa e románica. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
E entrevista en Tempo de Lecer.
Desde
o Galicia por Diante, da Radio Galega:
“O escritor vigués preséntanos o seu novo libro, Morena, perigosa e románica. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
E entrevista en Tempo de Lecer.
O
sábado 24 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, o club de lectura compartida Lendo Contigo comeza unha nova tempada na compañía de María Canosa e a súa obra Rubicundo (Xerais), na que coñeceremos a un interesante personaxe e nos achegaremos ao mundo das hipóteses e da fantasía. Esta actividade está dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos e ás súas familias.
O
venres 23 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Nós (Rúa Madrid, 20) de Sanxenxo, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Entrevista a Ledicia Costas no programa de Radio Nacional de España El ojo crítico:
O
xoves 22 de outubro, ás 20:30 horas, na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Luís Domínguez Sanjuán e Manuel Bragado.
Entrevista
de Montse Dopico a Héctor Carré en Praza:
“(…) – Praza (P): O poder. Ese é, en realidade, o tema da novela [Hai que matalos a todos]. Por que?
– Héctor Carré (HC): Si. A partir dun incidente, que é que o príncipe atropela un home e foxe, hai unha reflexión sobre o poder. É unha novela negra, e para min o interesante da novela negra é a crítica social. O que facían Raymond Chandler e Dashiell Hammett, que era criticar a relación da política coa corrupción. E o que me interesa é iso: o poder, como se exerce, que tentacións pode ter, que parte da súa actividade é legal e cal é ilegal. Porque en todos os países hai fondos reservados, axencias secretas… e cousas que non se confesan. Lin varios libros sobre o tema, como O poder de Bertrand Russell. Ese é o transfundo. A partir dunha historia que implica a un axente dos servizos secretos, un xornalista e, polo medio, un particular… (…)
– P: Hai conexións entre esta nova novela e Diario dun impostor, a primeira que escribiches. Néstor é unha persoa insegura, como Onofre, que minte para ser aceptado. En Diario dun impostor hai unha crítica sobre o “mundo da cultura” e a tendencia a evitar as críticas protexéndose uns a outros.
– HC: É normal que haxa conexións porque é o mesmo autor, claro, pero eu tampouco son moi consciente diso. Se cadra o lector ou quen me faga unha entrevista pode ver máis diso ca min mesmo. E, claro, a acción dramática inclúe reflexión e, polo tanto, crítica. O que dicías da cultura é algo que si penso: na arte vexo cousas que me cheiran, como o elitismo que serve como pretexto para vestir de traxe o rei espido e que todos aplaudan. A arte moderna está, nese sentido, un pouco perdida, na miña opinión. (…)
O
martes 20 de outubro, ás 19:30 horas, no Espacio Lector Nobel (Rúa da Concordia, 8) de Ourense, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.