Estes días están aparecendo na prensa galega diversas entrevistas con Santiago Jaureguizar con motivo da presentación da súa novela O Globo de Shakespeare, Premio Terra de Melide 2008. En Galicia Hoxe o escritor asegura que o seu libro fala “dos soños que temos todos: de poder, de amor, de éxito”, mentres que no Faro de Vigo afirma que “Shakespeare é o mellor construtor de personaxes da historia”. Poden ler as dúas entrevistas completas nestas ligazóns.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Reedición de “long-sellers” da literatura galega
Nas últimas semanas foron anunciadas as reedicións dalgúns grandes éxitos da literatura galega, obras que seguen a gozar do fervor dos lectores moitos anos despois da súa saída ao mercado. É o caso de Que me queres, amor? de Manuel Rivas, da que Galaxia vén de sacar a edición número quince e que acumula 65 mil exemplares vendidos. Quince son tamén as edicións de Crime en Compostela de Carlos Reigosa, en Xerais, que tamén puxo nas librarías a vixésimo terceira edición das Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, un dos fitos do sistema editorial galego con perto de setenta mil exemplares vendidos.
Vigo: presentación do libro Anti natura, de María Xosé Queizán
O venres 21 de novembro, ás 20:00 na sala de conferencias da Fundación Caixa Galicia (Policarpo Sanz, 15) terá lugar a presentación do libro Anti natura, de María Xosé Queizán. O acto, que contará coa participación de Carme Adán, Manuel Bragado e María Xosé Queizán, ofrecerá a intervención dos actores María Armesto e Xavier Picallo.
A Coruña: Presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas
O xoves 13 de novembro, ás 20:00 na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, terá lugar a presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas. Tamén será inaugurada unha exposición coas ilustracións de Xosé Cobas. (Biblioteca Pública Nodal Miguel González Garcés)
A Coruña: presentación do libro Renacer, de Xabier Paz
O venres 31 de outubro, ás 20,00 horas na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do libro Renacer, de Xabier Paz. O acto, que contará coa participación de Juana Otero Gómez, Manuel Bragado e o autor.
Presentación en Vigo de Hai Cu, do Leo
O venres 28 de marzo, ás 21:00 horas no Centro Social A Revolta (Rúa Real, 32, Zona Vella, Vigo), terá lugar a presentación de Hai Cu, libro de haikus en galego do Leo. Haberá cántigas, poemas, monólogo e petiscos ao remate.
Presentación en Ferrol de Palabras contadas, de Camilo Franco
O día 11, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32), presentarase o libro de Camilo Franco Palabras contadas (Edicións Xerais). Na presentación participará o autor, acompañado polo músico Magín Blanco.
Presentación n’ A Coruña de O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
O mércores 28 de novembro será presentada ás 20:30 horas na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés (R/ González Garcés, s / nº) a obra O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz. O acto contará coa participación de Óscar Sánchez, que manterá unha conversa co autor, e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.
Presentación de “Contos da Coruña”, de Xurxo Souto
Ás 19.00 horas na Feira do libro d’ A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez), o escritor Xurxo Souto presenta a nova edición do libro Contos da Coruña, publicada por Edicións Xerais de Galicia.
Presentación de “Saudar a vida”, de Xavier Seoane
O ensaio Saudar a vida. Unha defensa das humanidades na sociedade do coñecemento, de Xavier Seoane, será presentado o xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos d’A Coruña (Rúa Real, 56). No acto, que contará coa participación de Manuel Gallego Jorreto, participarán tamén Cesáreo Sánchez Iglesias, Manuel Bragado (Edicións Xerais) e o propio autor.