Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Ferrol: presentación de O lugar onde vou, de Vicente Araguas
A Coruña: presentación de Os afogados, de Pablo J. Rañales
O Carballiño: presentación de Hotel Carioca, de Antón Riveiro Coello
Salvaterra: presentación de Sobremesas sobre versos, de Raquel Castro
Vigo: presentación de Claustro corda comensal, de Samuel Merino
Compostela: presentación de Cando o avó esqueceu o meu nome, de Rosalía Morlán
Vigo: presentación de Sentinelas da lúa carmesí, de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande
Yolanda Castaño gaña o XXIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Economía e Poesía: rimas internas
Desde Editorial Galaxia:
“Reunido o 14 de decembro de 2023 o xurado na cidade de Santiago de Compostela, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega; composto por María López Sández, Amancio Liñares Giraut, Rocío Carolo, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, que actuou como secretario con voz e con voto.
Despois das correspondentes deliberacións, o xurado decide, por maioría, outorgar o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, na súa vixésimo terceira edición, á obra titulada Economía e Poesía: rimas internas.
O xurado destacou neste ensaio a súa capacidade para abrir un debate sobre a profesionalización do mundo cultural e a necesidade de dignificar as e os traballadores da palabra en xeral, e da poesía, en particular, con remuneracións acordes ao valor e importancia do seu traballo.
Defensor de posicións fondamente polémicas, este ensaio critica procederes dos distintos axentes do sistema cultural tendentes á desprofesionalización do oficio autorial e á minusvalorización das súas achegas.
Economía e Poesía: rimas internas establece un diálogo complexo, cheo de luces e sombras, que interpela a colectivos, institucións, artistas e profesionais incidindo na aposta polo xusto pagamento aos labores do oficio de poeta alén das concesións militantes.
Ensaio controvertido arestado e personalísimo, este texto bebe da singular experiencia da autora para elaborar unha crítica do noso mundo literario que, sen dúbida, non deixará a ninguén indiferente. (…)”
Entrevista a Samuel Merino sobre Claustro corda comensal
Entrevista a Samuel Merino no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Claustro corda comensal, novo poemario de Samuel Merino. A entrevista pode verse aquí.”