Literarte: recoñecementos brasileiros á cultura galega

DesdeLiterarte o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Literarte é unha asociación internacional de escritores e artistas que posúe sede oficial en Cabo Frio, no estado de Rio de Janeiro. Representada por Mauro Jorge Silva e Sousa, conselleiro da asociación, e mais por Isabelle Valladares, presidenta da mesma, Literarte articulou un desembarco europeo onde contemplan a realización dunha serie de actos que están xa a desenvolver en Lisboa e proximamente no Porto, Viana do Castelo e  Frankfurt.
Neste percorrido, o vindeiro venres día 10 de outubro celebrarán unha “tomada de posse”, que acollerá o Hostal dos Reis Católicos, ás 20:30 h., no que a entidade dará a coñecer as súas actividades e propósitos ademais de recoñecer diversas achegas á cultura galega realizadas tanto por algunhas institucións, plataformas ou empresas culturais  como por un grupo de diverso de persoas que traballan en ámbitos como a creación literaria, o activismo social, a edición, a música, as artes plásticas, a divulgación ou a comunicación, como son Uxía, Leandro Lamas, David Pintor, a Academia Galega da Língua Portuguesa, Teresa Moure, María Reimóndez, a Livraria Ciranda, Manuel Bragado, Ramón Nicolás, Carme Vidal, A Sega, o sección de Cultura de El Correo Galego, a Libraria Pedreira, a Real Academia Galega, Guadi Galego e Clave de Fado. (…)

Entrevista a María Reimóndez: “A pobreza é un sistema político”

Que desfeitas viviu vostede?
Pois en concreto un, cando foi o tsunami, porque as persoas que tomaban as decisións non tiñan nin puñeteira idea de onde estaban a traballar. Nós coordinámonos co goberno e coas organizacións que facían campañas de vacinacións, etc. E vimos a desfeita de quen non se coordinou en absoluto, vacinou varias veces, distribuíu cousas innecesarias, compresas que ningunha muller sabía usar, porque empregan trapos, e moitas outras cousas. É un gasto de cartos e, moito máis grave, unha falta de respecto porque no momento en que unhas persoas se vén nunha situación tan vulnerábel teñen que restituír a súa capacidade de decisión.

Pódese axudar a cambiar o mundo desde unha organización como Implicad@s?
Nós levamos doce anos demostrando que si. Os impactos pódense medir de moitas maneiras, pódense medir nos países do sur, nos lugares onde traballamos, dunha forma tanxíbel. Ao cabo deste tempo traballamos aproximadamente con duascentas trinta mil persoas e os cambios na vida de cada unha delas creo que xa pagan a pena o esforzo. Pero a parte diso, desde a filosofía máis fidedigna da organización, para nós tamén é realmente importante é facer o cambio aquí, porque son as nosas maneiras de pensar e de actuar as que están causando a pobreza.

Ler entrevista completa a María Reimóndez en El Correo Gallego.