Desde Galaxia:
“Na Pobra do Caramiñal, a 19 de decembro de 2025, reunido o xurado do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, conformado por Encarna Pego, vicepresidenta da Asociación Cultural Barbantia, Óscar Reboiras, gañador da anterior edición, e Marcos Calveiro, en representación da Editorial Galaxia, acordouse conceder por unanimidade o premio á obra presentada baixo o título Nenapinguín.
Unha vez aberta a plica, a obra resultou ser da autoría de Daniel Landesa (Vigo, 1976), narrador infantil e xuvenil e poeta, con ampla traxectoria literaria.
O xurado destaca da obra gañadora a súa calidade literaria e unha trama protagonizada por nenos que padecen diversas enfermidades, tratada cun enfoque que fuxe do sentimentalismo e do melodrama, incorporando notas de humor e diversión, malia a situación que viven os protagonistas. Trátase dunha obra apta para un abanico moi amplo do público infantil, que interpela directamente á intelixencia e á sensibilidade do lectorado.
Daniel Landesa é escritor galego, licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, con traxectoria consolidada na poesía, a narrativa e a literatura infantil e xuvenil. (…)”
Arquivos da etiqueta: Encarna Pego Paz
Presentación de Esconxuros para un rei, de María Carmen Rey Núñez
Celas (Culleredo): presentación de Esconxuros para un rei, de María Carmen Rey Núñez
Porto do Son: presentación de Enconxuros para un rei, de María Carmen Rey Núñez
Boiro: presentación de Esconxuros para un rei, de María Carmen Rey Núñez
Mazaricos: presentación de Esconxuros para un rei, de María Carmen Rey Núñez
Boiro: presentación-concerto de Fremosas. Cantigas de amigo e de amor, de Barahúnda
Ribeira: presentación de As arelas de Mariña, de María del Carmen Rey Núñez
María Canosa gaña o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
Desde Galaxia:
“O 29 de decembro, no Concello da Pobra do Caramiñal, o xurado do V Premio de Literatura Carlos Mosteiro, composto por Encarna Pego, profesora, Xosé Antonio Neira Cruz, escritor, gañador da anterior edición, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; decidiu por maioría outorgar o premio a obra presentada baixo o título de Teño un volcán dentro, que, unha vez aberta a plica, resultou da autoría de María Canosa Blanco, autora de recoñecida e longa traxectoria na LIX galega e gañadora de numerosos premios.
O xurado valora desta obra o orixinal tratamento, nada maniqueo, dun protagonista con Asperger, e a súa relación coa súa irmá, así como co seu entorno familiar e educativo. Das dificultades de integración e adaptación a todo ese mundo novo polo que comeza a camiñar. (…)”







