Poemas e poetas gañadores do 1º certame aRi(t)mar Galiza e Portugal

OAritmar Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración cos departamentos de galego e de portugués organizaron o 1º certame aRi(t)mar Galiza e Portugal, que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en 2015 na Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países.
Foron elixidos os poemas e poetas gañadoras:
Galiza
– Gañador: O corazón (María do Cebreiro, O Deserto)
– 2º posto: Engano (Baia Fernández de la Torre, Unha viaxe de ruminantes)
– 3º posto: dezaseis (María Lado, oso, mamá, si?)
Portugal
– Gañador: Não sei, minha filha… (José Ricardo Nunes, Andar a Par)
– 2º posto: Eva e Lilith (Nuno Júdice, Convergência dos Ventos)
– 3º posto: Não sei como dizer, e todavia (Ana Luísa Amaral, E Todavia)”

A relación de todos os poemas e poetas finalistas pódese consultar picando en Poesías Galiza e Poesías Portugal.

Santiago: actos da Asociación Cultural O Galo para o luns 18 de xullo

O luns 18 de xullo, a Asociación Cultural O Galo súmase aos actos de lembranza desa data coas seguintes actividades:
– Ás 12:00 h., na Praza do Toural, conxuntamente co Equipo de Normalización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, exporanse algunhas das estampas de guerra de Castelao, no ano no que ademais celebramos o 125 aniversario do seu nacemento, exposición que se tentará manter na rúa até o domingo 24 de xullo.
– Ás 14:00 h., na Alameda de Santiago, terá lugar un acto de homenaxe popular apoiado polo Galo e o Ateneo de Santiago ás irmás Fandiño, ás Marías, como lembranza tamén a todas as persoas que sufriron a represión do fascismo desde o 18 de xullo do 36. Contarase con intervencións poéticas e musicais, ademais de coa presenza das flores de todas as cores que os e as asistentes levarán ás irmás Fandiño.