O venres
28 de xaneiro, ás 20:00 h., na Librería Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello, Marica Campo e María Casar. Organizado pola A. C. Ergueitos.
Arquivos da etiqueta: Francisco X. Fernández Naval
Ourense: O ritmo da chuvia, conferencia de Francisco X. Fernández Naval
O
luns 24 de xaneiro, a partir das 20:15 h., no Liceo de Ourense, e dentro dos XXI Encontros Literarios desta entidade, Francisco X. Fernández Naval dará unha conferencia titulada O ritmo da chuvia.
Francisco X. Fernández Naval: “Nos límites da luz habita a sombra”
Entrevista
a Francisco X. Fernández Naval en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Gañar o X Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño foi para ti como unha aventura? Os premios son xogos, loterías?
Francisco X. Fernández Naval (FFN): Supoño que son loterías, aínda que me gusta velos como xogos que traen aparellada, cando ganas, a aventura de todo o que supoñen, dende a sorpresa inicial ata a xente nova que coñeces, dende o acto da entrega ata as presentacións nun ámbito diferente ao procurado por ti cando publicas un libro novo. Neste caso a aventura é maior. Xa fixemos o percorrido polo roteiro do Fiz, con María Casar e Xerardo, percorrido emocional e poético que recomendo, xa escribín sobre iso, e sei que fixen amizade con xente da que antes nada sabía e ademais síntome contento de formar parte dese grupo de ganadores do premio, entre os que hai escritoras e escritores que admiro. (…)
GH: Bater de sombras é un libro ferido, fermoso, delicado… Como lembras o proceso de escrita deste poemario?
FFN: Como xa dixen, todos sentimos ás veces o poder da sombra dentro de nós. Un día do outono do 2008 eu sentín que algo loitaba por asentar en min, algo que afectaba a unha parte do meu ser que eu consideraba libre de perigo e si, sentinme ferido. Podería ter rexeitado ese alento escuro como fago outras veces, pero decidín perseguilo, buscalo e mirarme nos seus ollos. Así naceu o libro. En principio eu fun consciente do que estaba a escribir, pero logo foron xurdindo liñas transversais das que só me decatei ao final. Nesa segunda fase, que me levou por territorios desacougantes, eu fun unha sorte de médium.”
Ourense: presentación de Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval
A Coruña: presentación e recital de As nosas sombras no Xardín de Serralves, de Xoán Abeleira
Santiago: presentación de Bater de sombras, de Francisco Fernández Naval
O martes
23 de novembro, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello e Cesáreo Sánchez Iglesias, ambos os dous membros do xuri.
A Coruña: presentación de Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval
O venres
19 de novembro, ás 20:00 h., en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22), da Coruña, preséntase o libro Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello e Teresa Seara.
Sarria: presentación de Bater de sombras, de Francisco Fernández Naval
O
xoves 4 de novembro, ás 19:00 h., na Casa da Cultura de Sarria, preséntase o Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, co autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xermán Arias e María Casar.
A Coruña: presentación de En defensa do poleiro
O
xoves 21 de outubro ás 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, preséntase En defensa do poleiro, publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e no que participaron máis de 60 escritores galegos. No acto estarán presentes os representantes da Plataforma, con Xoán Carlos Domínguez Alberte á cabeza, o presidente e secretaria da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias e Mercedes Queixas, así como a totalidade dos autores do entorno coruñés que participan nesta iniciativa: Olga Patiño, Diana Varela, Xulio López Varcárcel, Lino Braxe, Paco Souto e Francisco X. Fernández Naval. Expoñeranse tamén as ilustracións da pintura Mané Boán que ilustran o libro e proxectarase o audiovisual: O Iesplicable.
Ourense: Auria, actividades do día 12
Dentro das
actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o martes 12 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
13:00 h. Sinatura de libros de Carlos G. Reigosa.
19.00 h. Tras o encontro e sinatura de libros con Juan Eslava Galán, mesa redonda sobre A guerra do 36 na novela galega, coa participación de Carlos Mella, Carlos G. Reigosa, Francisco X. Fernández Naval e Xosé Ramón Pena, moderada por Xosé A. Ponte Far.
Posteriormente, a partir das 20:30 h., recital de poesía Palabra Viva no Centro Cutural da Deputación (Edificio Simeón), con entrada de balde até completar aforo
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.

