Arquivos da etiqueta: Héitor Picallo
A Estrada: presentación de O pote do ouro, de Calros Solla
A Estrada: presentación de Símbolos nacionais de Galiza. O himno e a bandeira
Compostela: presentación de Amores clandestinos no Renacemento, de Héitor Picallo e Damián Porto
Pontevedra: Culturgal 2022, do 24 ao 27 de novembro
A Estrada: presentación de Amores clandestinos no Renacemento, de Damián Porto e Héitor Picallo
Héitor Picallo: “A independencia da Galiza foi unha teima dos Castro”
Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022
Os Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022 son unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas autoras e autores, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas ambientadas nos diversos espazos da provincia de Pontevedra.
Todos os percorridos faranse a pé, a partir das 11:30 horas.
Hai 25 prazas para cada un deles. As inscricións (máximo de 2 roteiros por persoa que se inscriba) poden realizarse no formulario dispoñíbel aquí.
Os roteiros son os seguintes:
– Vigo. 29 de maio. Ana Abad de Larriva. Roteiro polo Vigo teatral a través do tempo. De 11:30 a 13:00. Partida: Porta do Sol.
– A Estrada. 5 de xuño. Xoán Carlos Garrido Couceiro. Manuel García Barros, o escenario da súa pluma insubmisa. De 11:30 a 13:00. Partida: Casa do Concello.
– Pontevedra. 19 de xuño. Elena Gallego Abad. CITA na Pontevedra de tinta e pedra. De 11:30 a 13:00. Partida: Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).
– Cuntis. 26 de xuño. Héitor Picallo: O Baño (Cuntis), unha vila de augas e de letras. De 11:30 a 13:00. Partida: Praza das Árbores.
– Bueu. 3 de xullo. Míriam Ferradáns. Darse en auga. Os versos do azul. De 11:30 a 13:00. Partida: Biblioteca Torrente Ballester.
Crónica fotográfica do Roteiro Literario pola provincia de Pontevedra con Héitor Picallo
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro O Baño (Cuntis), unha vila de augas e de letras, enmarcado nos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022, que guiou Héitor Picallo o domingo 26 de xuño. A crónica fotográfica completa pode verse aquí: