Lugo: EnRedando co Galego 2023

EnRedando co Galego 2023 é unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Esta terceira edición do EnRedando co galego promove o uso do galego na poboación escolar así como a creación literaria e artística a través da lingua, na que participan nesta ocasión sete institutos da capital lucense (IES Ánxel Fole, IES Leiras Pulpeiro, IES Lucus Augusti, IES Muralla Romana, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Sanxillao e IES Xoán Montes), coa colaboración do profesorado dos centros, aumentando significativamente o número de centros participantes en relación á edición anterior.
Ben a través da redes sociais, ou ben a través da Escola de Escritoras e Escritores da AELG, recompilaranse reflexións sobre o uso da lingua galega na vida cotiá así como a creación de todo tipo de producións literarias, onde mesmo se poderán combinar xéneros e formatos diversos (versos, poemas, relatos, historias, cancións, performance, audiovisual…)

EnRedando co galego
3 semanas falando en galego!

Quen pode participar?
Alumnado de de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BAC dos IES Ánxel Fole, IES Leiras Pulpeiro, IES Lucus Augusti, IES Muralla Romana, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Sanxillao e IES Xoán Montes, da cidade de Lugo.

Como participar este alumnado?
1) Nas túas redes sociais. Gravando e publicando vídeos durante as tres semanas que dura EnRedando contando a túa experiencia falando en Galego ou colgando diferentes publicacións en Galego dun mínimo de 130 caracteres co cancelo #enredandocogalego
* Podes publicar tamén vídeos de corte artístico, que poderán ser literarios (versos, reflexións, lecturas poéticas), musicais, teatrais, monólogo, narración, performance ou de xénero híbrido (onde se mesturen varios destes elementos).
2) Tamén podes prescindir das redes sociais e enviar os teus traballos, de vídeo, audio ou escrita ao seguinte correo: escoladeescritoraseescritores@aelg.org

Agasallos
Aquelas persoas que participedes en EnRedando co galego recibiredes diferentes agasallos e participaredes no sorteo de moitos outros, así como poderedes gozar dun fin de festa organizado para todas vós.

EnRedando co Galego 2022

EnRedando co Galego 2022 é unha actividade da AELG en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Está en marcha a segunda edición do EnRedando co galego, que promove o uso do galego na poboación escolar así como a creación literaria e artística a través da lingua, na que participan nesta ocasión catro institutos da capital lucense (IES Leiras Pulpeiro, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Muralla Romana e IES Ánxel Fole), coa colaboración do profesorado dos centros, dobrando así o número de centros participantes en relación á edición anterior.
Ben a través da redes sociais ou ben a través da Escola de Escritoras e Escritores da AELG, recompilaranse reflexións sobre o uso da lingua galega na vida cotiá así como a creación de todo tipo de producións literarias, onde mesmo se poderán combinar xéneros e formatos diversos (versos, poemas, relatos, historias, cancións, performance, audiovisual…)
Nesta edición cóntase coa participación de AldaoLado, Leo de Matamá e Lois Pérez, compartindo a súa experiencia co alumnado a través da poesía, o humor, a música e a literatura galega. O #EnredandoCoGalego culmina a súa actividade en xuño cun fin de festa onde haberá sorteos de libros en galego e agasallos, ademais da entrega de premios ás mellores creacións literarias, así como un concerto sorpresa (o ano pasado contouse con Verto Temazos).
Ademais, ao abeiro desta iniciativa, entre o 10 e o 20 de xuño celebrarase en Lugo o I Encontro de Novas Voces, onde o alumnado premiado e varias autoras e autores adolescentes da provincia terá oportunidade de coñecer a dúas destacadas autoras galegas da narrativa e a poesía, indagando na técnica da creación literaria.
Deste xeito, a AELG e a Concellaría de Cultura e Turismo do Concello de Lugo queren promover marcos de expresión e encontro da lingua e a literatura galega, favorecendo a creación literaria na poboación máis nova e estimulando o uso e goce da lingua galega.

EnRedando co galego
3 semanas falando en galego!

Quen pode participar?
Alumnado de de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BAC dos IES Leiras Pulpeiro, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Muralla Romana e IES Ánxel Fole.

Como participar este alumnado?
1) Nas túas redes sociais. Gravando e publicando vídeos durante as tres semanas que dura EnRedando contando a túa experiencia falando en Galego ou colgando diferentes publicacións en Galego dun mínimo de 130 caracteres co cancelo #enredandocogalego
* Podes publicar tamén vídeos de corte artístico, que poderán ser literarios (versos, reflexións, lecturas poéticas), musicais, teatrais, monólogo, narración, performance ou de xénero híbrido (onde se mesturen varios destes elementos).
2) Tamén podes prescindir das redes sociais e enviar os teus traballos, de vídeo, audio ou escrita ao seguinte correo: escoladeescritoraseescritores@aelg.org

Agasallos
Aquelas persoas que participedes en EnRedando co galego recibiredes diferentes agasallos e participaredes no sorteo de moitos outros, así como poderedes gozar dun fin de festa organizado para todas vós.

TEXTOS RECIBIDOS

(Publicados por orde de recepción)

IES Ánxel Fole

05/2022

A vida

Helena Ben

A vida é aquelo que nunca comprenderei,
nin sequera recordo cal é o meu papel.

O camiño é duro, poñen pedras e é tan largo,
moitas veces gaña a maldade,
non sempre recibe que no merece,
uns viven tan ben e outros tan mal,
aveces loitamos para nada,
aínda que nos gustaría que servise para algo.
Sufrimos demasiado para unha vida tan corta
pero debemos ser máis fortes que onte e menos que mañá.

Queremos que o mundo mellore,
xa que ai fame, pobreza e guerras pero
non reaccionamos si non nos ocorre na nosa pel.
O único que sabemos facer é queixarnos,
a culpa sempre é de outro,
e por iso o mundo está roto.

Teríamos que disfrutar máís da vida
porque nin ser libre, nin amar para sempre,
ou chegar a mañá son algo seguro.

As persoas que chegan a nosa vida son coma viaxes,
xa que nunca volves igual dunha,
unhas son máis curtas ca outras,
algunhas son inolvidables e
gustaríanos volver repetilas,
pero outras encantaríanos poder esquecelas.

Tampouco somos capaces de expresar os nosos sentimentos,
por que custará tanto dicir un quérote?
por que valerá tanto un quérote?
Dicilo é difícil así que, faino ti primeiro.

Perdemos moito tempo buscando o momento perfecto,
cando deberíamos buscar o momento é facelo perfecto.
Aínda que tamén temos que pasar por momentos duros,
para ser capaces de disfrutar os bos.

***

Noelia Rey Gayoso

Cando te coñecin
custoume mirarte.
Cando te mirei,
pensei en quererte.
E agora que te quero,
dame medo perderte.
Non me imaxino,
o día que me deixes.
Cada segundo,
cada minuto,
cada hora,
estás presente.
Agora sen ti,
eu non son nada.
***

Poema galego

Pode descargarse aquí.

***

A Galicia

Gabriel Villasante 4º C ESO

Ai galego galego
momentos de risa momentos de medo,
ai galego ai galego
sen ti paso de rio a rego.

Amores da terra e da casa
o galego é o corazón da miña raza
como meu avó cando vai de caza
coma uns callos servidos en taza.

Comezamos con Rosalía
xunto con Curros e Pondal
isto é Galicia, un mundo xenial,
a terra dos celtas que chegaron dende o mar.

Terra de cultura
defendida polos falantes
Galicia lugar de futuro,
sen esquecer os tempos de antes.

Galicia sempre no meu corazón
pois amor lle teño un montón,
por todo o que vivín aquí,
Galicia, fermosa coma alelí.

Despídome do poema e tamén de Galicia,
terra que sempre recordarei con ledicia
ao despedirme dela sinto gran “peniña”
se algún día marcho sempre me quedará a morriña.

***

Manuel López Soengas

Acaba o verán e chega o outono,
as colleitas cambian de cor
os veganos quedan sen leitugas
e os paxaros marchan buscando a calor.

Rápido chegará a primavera,
antes de que algún título gañe o Barcelona,
como o facía con Guardiola,
e haberá verduras para as veganas.

***

Poema

Xiana Longarela Yáñez

Noite pechada, lúa nova,
vagalumes de luz no ceo,
alzo o voo, pero non coma unha bolboreta,
mais coma unha avelaíña.
Sen rumbo, sen dirección,
cun compás estragado
que nin o mellor dos reloxeiros
pode xa arranxar.
Apareceu no meu labirinto
o fío de lá que me salvará
para sobrevivir á besta
que escondida nalgún recuncho esperará.

***

O marrón dos teus ollos

Ainara Ruiz Crespo

O marrón dos teus ollos
Mais escuros ca o tapiz da mesa
Brillantes coma o queixo do ceo

As túas meixelas de rosa
Locen coma aquela flor do xardin
Plantada nahuel campo esperando a marchitar

Os seus cabelos louros ondulados
Fermosas ondas do mar son similares
Quizais máis brancos cá neve

Se o amor que sinto por ti fose reflexado
Ninguén poderia comprendelo
Por que? Porque é o mais verdadeiro.

***

Os paxaros

Rubén Bargados 4º C ESO

Pode descargarse aquí.

***

Poema en galego

Anxo Lameiro Iglesias, 4º C ESO

O amor move montañas
e ti lévalo nas túas veas
coroada de humildade e ledicias
como o mar as conchas negras.

Como se non sufrises apenas
pero afogada de penas
neste mundo de cadeas
ti non me dis o porqué das bágoas.

***

Adrián Piñeiro

A un mes de verán,
de calor ásome,
pouco máis e abrásome

Á auga me vou tirar,
ou senón directo ao mar,
para botar un baño

A un mes de verán
e só quero durmir,
e un chapuzón pegarme

A unha ponte me vou tirar,
como isto siga así de mal
o chapuzón voumo dar

***

Silvia Fernández Torres

Vexo as auroras boreais
recordo a cor dos teus ollos
a xente adoita falar de mais
pero ninguén sabe o que somos.

Penso neses momentos
todos aqueles que vivimos
non desaparecen os sentimentos
e todo aquilo que compartimos.

Sinto calma nos teus brazos
protexida contra o mundo
sempre seguindo os teus pasos
cun sentimento profundo.

Un misterio sen resolver
unha realidade por asumir
un futuro por ver
e unha historia por escribir.

***

Poema

Xoel Ferreiro Darriba

O galego é terra, é lingua e é amor,
deixo nela todo o meu corazón,
en Galiza perdo a razón
e aquí todo ten valor.

Dela gústame todo,
desde a praia hasta a montaña,
aquí non me asusto cunha araña,
en Galiza calquera se volve tolo.

***

Aquel setembro

Leyre González Santos
Pode descargarse aquí.

***

A Galiza

Joel García

Pode descargarse aquí.

***

Oh, Lola Lola!

Adrián Martínez Morales 4º C

Oh, Lola Lola,
es máis preciosa ca unha caracola,
por ti deixaría de ser do FC Barcelona.

Oh, Lola Lola,
todas as noites o meu corazón late por ti
como unha ola nunha rocha.

Oh, Lola Lola,
se ti queres eu podo ser o teu galo
e ti a miña pola.

Oh, Lola Lola,
non me podo imaxinar un amencer,
sen ver levantar ao meu ser.

Oh, Lola Lola,
eu pa ti podo ser o teu sextete,
como o que gañou Guardiola.

Oh, Lola Lola,
o amor que sinto por ti
é maior có que teño por Messi.

Oh, Lola Lola,
por ti baixo da Xavineta,
para subirme na Lolaneta.

***

Promesas

Sara Méndez Seijo

Pode descargarse aquí.

***

Paula Rodríguez Buide

Se agora estivese fronte ao mar,
ese que tantos veráns me viu desfrutar,
berraríalle que me agardase,
que pronto volvería cun ano máis.
E aínda que non sexa moita a distancia
nin o observo nin o oio.
Que fago para regresar á miña infancia
onde non houbo tempo para aproveitalo abondo?
Como podo non esquecer
o son das altas ondas do mar?
E cando poderei entender
que tal vez ese é un máxico lugar?
Mentres, a vida segue a pasar
e eu, aquí, observando o inverno murchar
dando paso a outra tempada de calor
fronte ao mar que calma o meu interior.

***

Cantiga de amigo

Tiana Romay Argerey

Pode descargarse aquí.

IES Leiras Pulpeiro

24/04/2022

Sergio Andión Insua, 4º ESO B.

Hoxe coma outro día atopábame estudando bioloxía, que de toda a vida, dáse en galego na nosa comunidade autónoma, pasado un tempo, decidín pasar a castelán, que como non, está na outra lingua oficial de Galicia e foi neste momento cando empecei a pensar como algunhas materias, aparte do galego, dánse neste mesmo idioma, sendo o caso da bioloxía, historia entre outras, mentres que o castelán é o favorito en física e química, matemáticas ou incluso valores éticos, e, por un momento imaxineime este feito coma se estivéramos presenciando, sen sabelo, unha guerra entre estas dúas linguaxes, as cales van gañando territorio na nosa educación a través de alianzas con outras materias, preparándose incluso para librar unha enorme e violenta batalla, tras pensar isto, dinme de conta de que me estaba a distraer e decidín volver ao meu traballo.

***

25/04/2022

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

.

Mirei ao amencer de lume que ía alargando a súa caricia sobre o mar. Estaba só, baleiro… sobre a area esa nena a miña vida que a apagaba…
Achegueime a ela e collín a súa man, que estaba tan fría como o inverno.
A súa pel era branca como unha lúa que perdeu o seu brillo; os seus ollos, aqueles ollos azuis, indiferentes, que tantas veces me enfeitizaran, ofrecéronme unha última mirada envolta en medo e adeus… As súas cellas parecían follas secas de eucalipto perdidas na neve.
Achegueime ós seus beizos, rosas que se estaban marchitando, para escoitar su respiración suave, lenta, e sentir como  en cada sopro se marchaba de forma silandeira a súa vida…
Perdín por un intre, a memoria de onde me atopaba e recordei como era aquela muller hacía un par de días: o seu mirar de mar centelleante, os seus beizos de seda e clavel, a súa voz, o seu andar de gaivota, a transparencia da súa alma sincera… E mordín a miña angustia para non chorar.
Agarimei o seu cabelo de fino ouro e mel.
Entón… entón a morte bicou os seus beizos, rosas que se ían desfollando… caeron as súas longas pestanas como fervenzas de noite infinita… e a perdina… todo o que quedaba de vida nela era aquel mar de amapolas vermellas que brotaba do seu peito, mentres ao lonxe, aínda soaba o eco das metralletas e a cidade que esvaecía.
Meu Deus! Agora que o lembro, non sei nin o que sinto: desexaría seguir o seu camiño, unirme ao seu corpo inerte e así dicirlle todas esas frases de amor que hoxe lle digo ao teu recordo. Cantas noites soñei cos seus ollos, con aquel mar de azul indeferencia onde quedaron os meus soños!

***

MEDRAR

Noa Rodríguez Carballeira, 4° da ESO

E alí se encontraba ela, correndo entre a xente, intentando traspasar aquela sociedade onde xa non quedaba un ápice de ilusión, aquelas personas nas que se instaurara a dor das decepcións que provocaran o paso dos anos. Os pequenos pasos que daban as súas pernas, as cales a facían voar a galaxias descoñecidas, pisaban con forza o escuálido chan, deixando pegadas de esperanza que impregnaban o solo, cun arrecendo de xuventude que se podía ulir a quiilómetros. Ela desvivíase por aquela arela á que estaba a punto de chegar, ao igual cun nadador olímpico cando só lle queda unha pequena brazada para gañar o campionato do mundo. Un raio de fantasía atravesou o seu corpo e foi quen de saltar, chegando por fin. Xa estaba, xa chegara ao seu anhelado obxectivo. A sensación de fogar invadiuna como os raios do sol invaden unha mañá de verán nos inicios da alborada. Por fin se sentía segura, alí naide lle podía facer nada. Os seus sentimentos estarían gardados nunha caixa forte infinita da que só ela sabería a clave. Estaba segura de que non había mellor lugar que aquel paraíso sen fin, naquel Edén aínda non había ningunha mazá envelenada que roer porque non existían serpentes, só paz, só calma, só a certeza que lle podía dispensar, unha soa persona, mamá. Entre os seus brazos o amor era infinito. Daba as grazas á vida porque a serendipia a levara a ter aquel regalo. Porque cando se separaba dela a morriña era infinita, porque mamá era a súa terra, as súas raíces, as súas orixes, mamá era a persona á que lle podía contar os segredos máis inefables, coa que podía berrar de dor ata que a súa voz se esgazara en anacos, xa que sabía que ela a curaría coa maxia que levaban as súas palabras, maxia que proviña dos bosques máis agochados nas infinitas terras da ilusión. Os brazos de mamá eran ás para ela, porque facíana voar ata lugares inimaxinables, onde non había límites, onde só estabao seu corazón. Montou no coche e comezou a observar aquel precioso paisaxe, nas súas meniñas verdes víase reflectido o mellor lugar do mundo para ela, un océano infinito erguíase diante dos seus pequenos ollos, deixando a súa imaxinación as historias que poderían ocorrer en altamar. Aquel lugar recendía maxia, ilusión, esperanza. Aquela pequeniña sentía que o mundo se encontraba aos seus pés, que a beleza non se podía definir con palabras, porque se lle dixeran que explicara o que é, simplemente faría unha fotografía daquel lugar, dos seus paseos infinitos, que emanaban tranquilidade. Porque a felicidade só existía no seu estado máis puro cando ela estaba alí. Porque o resto de momentos felices eran copias baratas daquela sensación que só podía manifestarse cando se encontraba diante daquel paisaxe. Ela cría que a vida era bonita. Aínda o pensaba. Aínda non se tiña que preocupar polas calorías que levaba aquel bocadillo de nocilla, aínda non se agobiaba porque mañá tiña examen, aínda se iluminaban as súas pequenas meniñas nas máxicas noites de Nadal. Aínda cría que os príncipes azuis existían, porén, nunca pensou que a ían salvar, porque aínda tiña a forza para salvarse por si mesma; a ilusión percorría as súas veas tintando o mundo de cores vivas que lle mostraban as belezas agochadas. Non entendía como a xente non podía ser feliz. Pero a aquela nena, para ben ou para mal, aínda lle quedaban millóns de sensacións por coñecer. Aínda non coñecera a dor, a forma na que un anaco do corazón morría para non revivir xamais; non coñecía a desesperación, nin a sensación de soidade aínda que estivera rodeada de xente, non sabía o que era o verse mal no espello, porque ela sempre se vía preciosa, non coñecía a melancolía. Pero tampouco sabía aínda, como era o amor, como sabía aquel recendo a mel que quedaba nos beizos despois do primer bico. Non sabía a sensación de novidade do primeiro enamoramento, e o descubrimento de pasións escondidas que só estaban escritas en prosas profanas de libros prohibidos. Aínda non sabía o que era a angustia, a ansiedade de ver que os teus logros non se conseguirán polo simple feito dunha estúpida acción. Aquela nena aínda non sabía nada, pero á vez, sabíao todo, ela sabía un todo que dentro de poucos anos descoñecería, un todo que dentro dun tempo xa non valería nada. Porque se vivíramos noutro mundo, ao mellor, o seu todo sería o gran desexo das masas; aínda que, ben sabemos que aínda hai algúns corazóns nos que se encontra un pequeno anaco dese todo, aqueles corazóns especiais que non deixaron que a presión do paso dos anos cambiara a súa preciosa inocencia. Porque ela aínda era feliz. E porque ela ía medrar, era inevitable, aquela fantasía non podería durar para sempre. Pero aínda así, no seu corazón sempre quedaría algo especial. Porque as súas meniñas verdes seguirían definindo beleza coas estampas daquel lugar, porque seguiría levando tatuado na pel aquel amor polo océano e sobre todo, porque sempre, pasara o que pasara, mamá ía ser o seu fogar.

***

Vida número 1- Plastilina

Adriax FP.

Eu quixera ser de plastilina, para moldearme ao meu gozo. Encontro dificultade ao decidir como quero comezar.

Empezo.

Póñome delgada delgadiña, finísima, escuálida. Queda ben na plastilina e probo comigo.

Non sae ben, porque son fame, son desacougo, son tristeza. Son un fío sen paciencia. Quédanme grandes todos os meus pantalóns novos, e agora, que tirei o seu ticket, que vou facer se os quería tanto?

E claro. A plastilina non ten fame nen frío, nen ten sentido da moda.

Miro e case que conto os graniños de azucre dese bolo. Pecho a boca para non abrila endexamais. Se gosto de ti, nunca me verás comer, pois teño medo de ter que meter a barriga cando me tocas a cintura.

E a plastilina non ten amores, e segue así de guapa.

O baño é o meu lugar favorito, onde podo encontrar á miña deusa, a báscula. Vexo un número de máis e estremezo. Hoxe durmirei sen cear.

A plastilina pesa apenas uns gramos.

A miña cara parece que foi parte da miña alfombra mentres o meu pai pasaba a aspiradora. Xa tiña eu ollos grandes, e agora non poderás mirar a miña cara sen apartalos de diante.

Perdo forza nos brazos, e mareo coas flexións.

A plastilina non fai deporte.

As miñas costelas empurran para afirmar que están ahí. E sen sabelo xa, non sei como, non parezo a plastilina.

Pero claro, ela non ten costelas.

Un día espertei e caín enriba dela. Pois podo intentar moldeala doutra forma.

Unha vez máis.

A plastilina enche, aumenta de tamaño, ten peitos con máis dimensións, por fin. Probo conmigo.

Agora engordo, como, ata que costa xuntar os botóns da miña saia e non preciso cinturóns. De feito parezo un animal, dos que non están nunca fartos de comer.

Non me gusta o que vexo. Pernas e cu afúndenme no chan ao correr, a miña cabeza semella un globo, de meixelas pelotas de pin pon. De perfil teño un neno no ventre e xuraría que na praia me miran con lástima, coma se fose nai.

Sego centrada na plastilina, ela vese ben, pero non ten que correr, non ten que vestir, non pode ser confundida cunha embarazada, porque non vai ter fillos.

Probo moitas veces máis. A plastilina di, eu fago: e outra, e outra e outra, e outra vez.

E cáeselle a cabeza, e os braciños, e esmágase o seu costado, e case que chora.

Eu que fago entón? Moldéome ata esmagar, romper e chorar?

Ao carallo coa plastilina.

A dinámica do que veño a escribir neste ano é a seguinte: nunha mesma persoa de alma galega viven varios personaxes, que reviven cada día, que espertan nun corpo diferente de cando en vez. Esta persoa consta entón, de varias vidas e amodiño, aprende un pouco de todas. Algunhas quéreas máis, e outras menos, pero segue a resolver os problemas de cada unha delas, pois é todas, e á vez non sabe se é ninguén.

Vida número 1 é unha nena desacougada por problemas coa comida. Así comeza esta historia.

***

Ainhoa Pérez García, 4º C

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO.

Aínda co peso ineludíbel do sono sobre as costas, evitei o chamamento do regreso ao mundo onírico, que pertence á noite, e erguinme, para pasar ao día. Camiñei fronte ó espello grande, da cómoda, case sen querer, e decateime de que había tanto tempo que non observaba detidamente o meu reflexo que non lembraba da miña face máis ca retallos en forma de garabato. Tan só pasei as mans polo cabelo.

Funme despois de ollar pola xanela, cando aínda as derradeiras fragrancias da noite non esvaeceran, e quedaban en suspensión as cores escuras, entre as que se filtraban unhas poucas raiolas de luz. Observei a modo de despedida muda o meu fogar, que pasaría a ser, durante unhas horas, unha construción ensombrecida. Ás veces gústame facer esas cousas, determe nos intres completamente intranscendentes. Sinto que é a miña forma de manipular o paso do tempo, que, doutro xeito, correría desbocado.

Non quero saír, mais saio. En moitas ocasións desexo pasar polos actos rutineiros coma unha sombra, coa velocidade que confire o feito de non se deter a pensar no que ocorrerá despois. Pecho coa chave e un aceno de algo semellante ao medo quedará pendurando da porta ata que volva. Chamo o ascensor. Baleiro. Vivo no piso máis alto e en moitas ocasións sinto a vertixe do descenso en cada minúsculo átomo do meu ser.

Conto ata dez e abre a porta no quinto. Saúdo mentres ollo cara o chan, case non se escoita a través do aire espeso que arrodea as nosas figuras.

– Ola

– Bo día

Quero falar, e os meus músculos atravesan un grande esforzo para realizar un feble movemento. Quixera ter sido máis rápida.

– Que tal?

– Ben, e ti?

– Ben.

De novo calo, e ollo os pés. Sinto a forza de cada milésima de segundo que colapsa o órgano do meu peito que reparte o sangue polo corpo, e o peso xeado da presión que exerce a atmosfera sobre os humanos diminutos golpéame en forma de terrible tempestade. Abre de novo a porta, no terceiro. Entra o veciño do can pequeniño e a nena.

Comezan a falar, e eu, que son unha flor á beira dun cantil, sinto o orballo, recendo a tristeza e soidade. Bótome cara atrás, rozando coas costas a porta traseira do cubículo mecánico e case voo ao saír, fuxo da conversa. Sinto o alivio inevitable, e repítome: ”que mal”. Repetireino así, todos os días?

Case nunca teño a sorte de ir soa.

Cando lembro estes sucesos, e os repaso case en tinta permanente entre as miñas liñas de pensamento, só penso como cambiar aquel erro determinante, que me asfixia, que resulta letal. E por iso, pensarei nestre intre intranscendente cada día, que mediante a acumulación sucesiva de días se transforma na plena definición da relevancia. E cando vaia durmir, tras o traballo, só direi: “tan só é o primeiro intento”.

Esta noite soñarei cun ascensor que baixa e sube, e, mentres os meus veciños entran e saen con lixeireza, eu quedarei encadeada, atada por cordas invisíbeis. Espertarei a mañá seguinte, enredada entre as sabas, e seica será o segundo intento. O segundo de vinte e un intentos de conversa diarios, curtos, e que se converterán nun exercicio preciso, que me permitirá saír cun sorriso da hermética cápsula que me atrapa.

***

4:15

Marta Rodríguez Carretero

Asexou pola xanela esperando vela sentada no mesmo banco de sempre. Este xoves ela atrasábase cinco minutos do habitual. Un día normal a esa hora exacta ela xa estaría rodeada de todas as pombas, que se lle acercaban na búsqueda de comida. E ela cos seus beizos pintados de cor carmín estaría a cantar a mesma canción de sempre, unha simple nana, con seis simples notas. Volveu a mirar o reloxo, agora xa se afastaba dez minutos da hora habitual. Dende hai exactamente 2 meses e 13 días que ela aparecera por primeira vez por alí, non había martes e xoves que non a vera, ou luns unha semana si e outra non. Volveu mirar o reloxo: a manecilla grande alonxárase xa cinco minutos máis da hora, agora xa casi eran as 4:30. Martín separouse da xanela e foi a coller a súa gabardina, disposto a saír para o seu traballo. Unha vez chegou a este, asomouse pola porta  do despacho do seu xefe e cantoulle as seis notas que levaba tantos días escoitando da muller do banco. Tras isto, deu media volta eu volveu saír pola porta disposto a volver a súa casa. Pois a conta xa estaba saldada. 2 meses e 13 días, o equivalente a 72 días, 5 luns, 10 martes e 11 xoves. Mágoa que non ía volver a vela, o tempo fixéraselle curto, mais el ben sabía que isto non podería volver a acontecer.

***

Martín Penas Rodríguez

Os picnics do verán pasado.

As toallas estendidas á beira do río,
nós sentados facendo un circuliño.

A comida no centro de todos nós,naquelas tardes de merendas nas que pegaba o sol alí no alto.

Eran esos risos entre o olor a mandarinas e os pasteis do súper.

O espazo dos teléfonos esgotouse entre todas as fotos que tiramos,pero as stories de Instagram quedaron preciosas e divinas.

A banda sonora a tomábamos prestada dos artistas indies e a música alternativa que daban voz a nosa xeración.

Empregábamos a nata para manchar e incordiarnos entre nos,rindo baixo os raios de sol nesas tardes nas que as nosas maiores preocupacións eran os “crushes” que facían os nosos corazóns de chocolate e amorodos derreterse

Todos os amigos xuntos nesas merendas que duraban ate que o sol empezaba a agocharse.

E poida que soe estraño,pero na miña caixiña dos recordos gardei unha das bolsas de lambetadas dunha densas tardes,
para asegurarme de que xamais esquecerei as merendas do verán pasado.

***

26/04/2022

Efémero

Victoria Núñez, 4º ESO B.

***

Vida número 2. O azul doe

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

Pode descargarse aquí.

***

Sinfonía do efémero

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

SEGUNDA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Estela Díaz Díaz.

Hoxe, gustaríame expresar o que sentín ao falar todo o día en galego:
Ao principio, non me daba conta e dicía algunha frase en castelán, pero a medida que pasaba o día, xa me saía só e sentinme moi agusto.
Creo que este “reto” vaime gustar moito, xa que me parece moi interesante e creo que pode ser unha opción perfecta para aquelas persoas que non falen habitualmente o galego.
***

Galicia

Enrique Martínez González

***

27/04/2022

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

Pode descargarse aquí.

***

Vida número 3. Sala de repouso

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

Enrique Martínez González

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

TERCEIRA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Estela Díaz Díaz.

Bueno, hoxe como segundo día, gustaríame contar o que fixen durante todo o día.
Primeiro levanteime ás 7:30 e fun ao instituto, nel estiven falando coas miñas compañeiras, que tamén están a facer este reto, cando me escoitaron falalo gustóulles moito como o facía e iso motivoume a seguir.
Cando cheguei estiven falando cos meus pais que tamén quedaron sorprendidos ao escoitarme falando galego; comín e marchei a clases de inglés, xa que estou preparando o examen do B1, tempo despois merendei e marchei a atletismo; hoxe tocábanme cambios de ritmo, un rodaxe de 20 minutos e dous cambios fortes de 6 minutos, un entreno bastante duro.
Cheguei aseéime e cenei, por último estudiei un pouco para levar as cousas ao día e fixen os deberes que tiña para o día seguinte.
Nestas pistas é onde pasei gran parte do meu día e onde paso gran parte de miña vida.
***

Mércores, 9 de novembro de 1938. Berlín

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

28/04/2022

Roi González

Pode descargarse aquí.

***

Marta Rodríguez Carretero

Espertei en medio da noite coa face recuberta de suor, outra vez o mesmo soño de sempre, esa man de dedos longos e unllas negras coma a noite que se acercaba a min, esa voz que bisbaba no meu oído sen poder saber de onde proviña. Un calafrío percorreume todo o corpo. Suspirei, pois xa ían días que tiña o mesmo pesadelo, sempre a mesma man, sempre a mesma voz da que nunca lograba descifrar o que me dicía. Na casa non se escoitaba ningún ruído aparte da choiva golpeando as ventás. Acerqueime ao cuarto da miña irmá esperando poder meterme na súa cama e poder durmir as horas que quedaban ata que amencera preto dela. Recordo que cando era máis pequeno sempre que tiña un pesadelo ela me miraba cun sorriso na cara, acercábame a ela e cinguíame ata que todos os medos se me pasaban. As noites anteriores non me atrevía a ir con ela, xa que estou seguro de que ela se mofaría de min e diríame: “Que pasa, tiveches un pesadelo pequeno?” coa súa voz que soamente usa para burlarse de min. Co tempo converteuse nunha persoa moi molesta, mais esta vez non me importou. Levaba xa demasiadas noites sen poder volver durmir polo medo e desexando ir ao seu carón. Abrín a porta do seu cuarto e reparei na súa face, non era coma a de cado éramos nenos, non durmía coa boca aberta deixando caer un pequeno regato de babuxa por ela. Ao contrario, no seu rostro víase un aceno de medo e angustia. Acerqueime a ela e alonguei a man ata tocar o seu ombreiro e axitalo. Inmediatamente abriu os ollos e observoume co medo reflexado neles. Entón coa voz tremendo preguntoume:

-Cres que é el?

-El quen?- respondinlle, ela deixou de mirarme e desviou a súa mirada cara o chan. Tras uns segundos, volveu levantar a mirada e respondeume:

-Papá- esta vez a voz xa non lle tremía, mais eso que me estaba dicindo era imposible, non podía ser el, pois papá morrera hai moitos anos dun infarto ao corazón. Mais non lle respondín nada, porque eu tamén distinguira aquela voz.

***

Somebody That I Used To Know

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

Pode descargarse aquí.

***

Igualdade

Estela Díaz Díaz.

Vou deixar un poema de María Xosé Queizán xa que estouna estudando e paréceme moi interesante, ademais o tema desta obra gústame moito polo seu significado.

***

Vida número 3

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

Mencia Casanova

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

CUARTA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

29/04/2022

Ainhoa Pérez García, 4º C

Pode descargarse aquí.

***

A cova do Rei Gaspar

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

Pode descargarse aquí.

***

Vida número 4. Misteria

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

Máquina de matar

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

QUINTA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

30/04/2022

Os católicos

Sergio Andión Insua, 4º ESO B

Chegaron un día de Castela sen piedade
Co obxetivo de quitarnos a nosa patria, nosa madre
De arrincarnos a máis importante liberdade
de falar nosa lingua sen ter ir a outra parte
os católicos

Eran crueles, e moi despiadados
non os aturaban nin seus cabalos
ata bufóns rían deles, vaia pringados
como podedes ver, moito non eran amados
os católicos

Ao noso Pardo da Cela mataron
sen piedade algunha e logo marcharon
non tiña sentido e aínda así o asasinaron
e logo seus fillos durante meses choraron
os católicos

Quixeron evitar o noso Rexurdimento
Quixeron parar o noso movemento
tratar aínda de facernos dano
vaia choricas debería darlles un pano
aos católicos

***

Enrique Martínez González

O xoves non fixen moita cousa, tiven o venres o exame de galego e só estudei en toda a tarde, polo que pouca cousa podo contar. Estiven estudando distintos autores como poden ser Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Xosé Neira Vilas… entre outros. Estudei a súa biografía, o seu estilo e as súas obras principais.

***

Ainhoa Pérez García

Poden descargarse aquí varios vídeos: o primeiro, o segundo e o terceiro.

***

Monstro

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Marta Rodríguez Carretero

Por que o amor é tan efémero?

Por que vén e se vai?

Sempre escoitei e lin sobre esa xente que tras namorarse unha vez non quere volver a facelo, pois sinte que atopou á persoa que a comprende, a fai feliz e coa que quere pasar o resto da súa vida.

Por que se ese é o sentimento que quero, me resulta tan difícil atopalo?

Calquera diría que non existe…

Ou que se esconde de min…

Ou que tal vez simplemente non quere verme.

Aínda que como non pensar que non existe.

Ou que nunca o chegarei a ver.

Que nunca lle chorarei ao amor cando se vaia, porque pode que simplemente nunca chegue.

Por que se sentir prescisamente é o que desexo, son incapaz?

***

Vida número 5. Mariña e nube

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

SEXTA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Marco Pernas.

Pode descargarse aquí.

***

01/05/2022

Estela Díaz Díaz.

Fun pasar a tarde cos meus amigos, fumos ver o fútbol e despois a tomar algo xa que facía moita calor. Quedaron sorprendidos pois estes escoitáranme falar moi pouco en galego, pero cada vez síntome máis cómoda e con moitas máis ganas de seguir pois xa me vai saíndo con máis facilidade.
Ese foi o meu día de onte, que o pasei xenial.
***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

SÉTIMA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Marta Rodríguez Carretero

Sentir
Poder sentir a túa man, o teu olor, o teu tacto, a túa voz
Sentirte e sentir que sempre estarás
Sentirte ao meu carón e nunca noutra parte
Porque por que sentir se non te podo sentir a ti
Sentir que sempre estarás aí
Porque senón non vexo máis razón para sentir
Por que sentir se non poderei volver a sentirte?
Sentirte
Poder sentir os teus aloumiños, as túas mans, a túa pel, os teus beizos…
Sentir
Sentirte simplemente a ti

***

Abecedario da dor

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Sergio Pena Prieto

O outro día cheguei á miña casa e comecei a falar galego, cousa que aos meus pais lles sorprendeu moito, eles contentos coa proposta, apuntáronse á idea e agora estamos todos falango galego na casa, a que peor estano pasando é a miña nai xa que ela e de Asturias e custalle moitos traballo, as veces utiliza expresiones graciosas que nos fan rír.

Hoxe tamén fun a Asturias para comer coa miña familia, os cales de normal me piden que fale galego porque lles gusta como soa, decidín pasar toda a comida falando galego. Tódolos presentes quedaron encantados coa pronunciación.

Por último teño un amigo estadounidense co que me comunico mediante correo, hoxe en vez de dirixirme a él en inglés o fixen en galego e o rapaz quedouse bastante confundido xa que non o esperaba, máis tarde recibín unha mensaxe en inglés na que dicía que era unha lingua moi bonita.

***

Marco Pernas

Pode descargarse aquí.

***

Vida número 2- carta de volta (1 mes falando contigo)

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

Enrique Martínez González.

Ao falar galego diariamente síntome distinto xa que non o adoitaba facer, pero a verdade é que me estou acostumando con facilidade e estou convencido de que seguirei facéndoo despois de que remate o EnRedando. A verdade é que a xente coa q adoito falar sorprendeuse bastante de que falase galego estos días, pero pouco a pouco vano normalizando.
Sei de xente que ten vergoña de falar a súa lingua, cousa que eu todo o contrario, ben orgulloso de falala.
***

02/05/2022

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

OITAVA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Marta Rodríguez Carretero

No momento no que vin os seus ollos brilar e iluminarse sentín como a miña respiración se paraba, como xa non había ningún mal, como todo atopaba o seu lugar e como o tempo se detiña. Sentín que quería pasarme aí o resto dos días mirando simplemente o seu sorriso e os seus beizos. Desexaría poder recordar ata o último día o son da súa risa. Pero sobre todo desexaría ser o que mira cando lle brilan os ollos, a razón do seu sorriso e a única que poidera escoitar a súa risa.

***

Sonata de Eccles

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Victoria Núñez, 4º ESO B.

***

Estela Díaz Díaz

Hoxe, gustaríame ensinarvos un meme que atopei que me pareceu moi gracioso e moi indicado para compartir con todos os que estedes participando.
E que ademais eu creo que define a maioría dos galegos!!!

***

03/05/2022

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

Pode descargarse aquí.

***

Fálame bonito

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Estela Díaz Díaz

Hoxe gustaríame recomendar un libro que tiven que ler para galego que me pareceu moi interesante:
O corazón de Xúpiter
Creo que é un libro que nos pode axudar a concienciarnos e avisarnos dos riscos que corremos coas redes sociais …
Pareceume que ten unha trama moi entretida. Cando empeces a lelo non vas parar!!!
***

Ainhoa Pérez García, 4°C ESO

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

NOVENA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

04/05/2022

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DÉCIMA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Estela Díaz Díaz

O día de hoxe baseouse en competicións. As 20:55 competín en Lugo en atletismo, na proba de 1500 metros lisos. Cunha mellora de marca persoal de 16 segundos e a tan só dos segundos da mínima para o campeonato de España. Estou super contenta xa que estaba entrenando moito para baixar esa marca e porfin o conseguín a pesar de pillar o COVID e estar parada hai un tempo, e de estar lesionada por sobrecarga na tibia.

***

Microrrelatos

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

05/05/2022

Marta Rodríguez Carretero

Adurmiñas os meus pensamentos
Botas as miñas esperanzas
Cegas os meus sentidos
Desapareces cando abro os ollos
Escapas das miñas palabras
Fuxes do meu carón
Gardas as súas palabras
Humíllasme coas túas miradas
Idéntica a tantas outras
Junior da túa atención
Lúcraste dos meus sentimentos
Matas os meus desexos
Négasme ata un sorriso
Omites os meus sentimentos
Perdes os meus quérote
Queimas as miñas esperanzas
Rexeitas as miñas bágoas
Sorrís cada vez que pensas nel
Transformas as miñas palabras
Úsasme cando queres
Vaporízaste cando xa non me necesitas
Xaces nos meus sonos ao meu carón
Zarandeas todos os meus sentidos
***

Feminismo

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Vida número 6. Sala de repouso 2

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

UNDÉCIMA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

06/05/2022

Brétema

Marta Rodríguez Carretero

A brétema cubre a cidade, é tan espesa que apenas podo ver máis ala dos meus propios pés, extendo a man e semella que desaparece. Sinto unha man no meu ombreiro, mais cando xiro a vista aí non hai ninguén. Ou se o hai non son capaz de velo. Extendo a man e o único que son capaz de tocar é o aire. Camiño cara o lugar do cal sinto que procedía esa man. Pero non son capaz de atopala. Unha desesperación comeza a asolar o meu corpo. Esta vez escoito un berro. Corro cara el pero outra vez soamente atopo brétema. Nada sólido, nada ao que aferrarme, nada que me sirva de referencia. Soamente brétema e máis brétema. Outra man semella cofar o meu pelo, outra vez extendo a man, outra vez brétema. A miña mente comeza a dar voltas. Penso que ten que tratarse dun soño, soamente pode tratarse diso. Esta vez é unha voz que suspira no meu oído, pregúntolle a esa voz: “Quen es?”. Máis brétema como resposta. Mesmo semella que aínda hai máis que cando cheguei a este lugar, agora xa non podo ver nin a punta dos meus pés. Aínda que agora que o penso non recordo como cheguei aquí. Supoño que camiñando, porque e a única solución que podo pensar. Mais esto sigue a semellar un soño, pero se isto fora un soño eu podería voar. Estou seguro de que se isto fora un soño eu estaría voando neste preciso instante, rodeado de brétema, pero voando. Dúas mans, unha agarra o meu ombreiro e a outra aloumiña o meu rostro. Eu xa non extendo a man, xa estou seguro de que non estou a voar nin a soñar. Estou máis que seguro, esto debe tratarse de maxia, maxia desas das meigas dos contos, ou un mago deses das lendas. Sexa o que sexa sei que se trata de maxia, por iso non estou voando, por iso non sei de onde veño. De súpeto parece que entre a brétema vexo unha sombra. Diferencíase da brétema porque esta é aínda máis escura. Corro cara ela pero parece que canto máis corro cara ela máis lonxe semella estar. Mais non me deteño, sigo correndo, sinto que pasan os minutos, as horas, sinto que o alento se escapa dos meus beizos. Pero sigo sin poder tocar esa sombra, sigo sin poder saber quen será o dono de toda esa escuridade entre a gris e monótona brétema. Outra voz volve a soar detrás miña. Se isto se trata de maxia desexo poder parala, berro máis xa non podo escoitar nin a miña propia voz. A brétema é tan ruidosa que desexo alonxarme dela, pero xa non sei cara onde correr, se cara a voz, cara a sombra ou no sentido contrario destas. Mais por moito que desexe correr, escapar e berrar, xa non son capaz. Así que fago o único do que son capaz, túmbome. O solo semella duro, máis non me importa, síntese ben o contacto do meu corpo con el, o contacto con algo. Dentro de min xa non queda ningunha dúbida de que isto se trata de maxia. Volvo escoitar ás voces berrar, volvo sentir ás mans sobre o meu corpo e a miña face e vexo como a sombra escurece aínda máis. Penso que a maxia non é como eu pensaba que sería, agora lembro. Lembro as miñas ansias por descubrila e atopala, por aprendela e sobre todo por sentila. Unha bágoa escapa dos meus ollos. Agora a brétema semella fermosa, as voces detéñense, as mans alónxanse e a sombra desaparece. A miña respiración ralentízase progresivamente e sinto como a paz me asola. Sinto como o meu último hálito mana dos meus beizos. E de súpeto a escuridade volve, mais xa non me importa, porque ao fin cumplín o meu soño, pois descubrín a maxia entre a brétema.

***

Enrique Martínez González

Hai uns días déronme a nota do exame de galego, sei que é verdade que tiven algúns descoidos e fallei cousas que realmente sabía, pero tampouco pódome queixar, saquei un 7.15. No seguinte centrareime máis e a ver se podo subir a nota. Pero aínda así estou orgulloso, porque a pesar de non ser un dos meus mellores exames, aprendín cousas moi interesantes de múltiples autores, os cales mencionei anteriormente.

***

Estela Díaz Díaz

O día de hoxe baseouse en competicións. As 20:55 competín en Lugo en atletismo, na proba de 1500 metros lisos. Cunha mellora de marca persoal de 16 segundos e a tan só dos segundos da mínima para o campeonato de España. Estou super contenta xa que estaba entrenando moito para baixar esa marca e porfin o conseguín a pesar de pillar o COVID e estar parada hai un tempo, e de estar lesionada por sobrecarga na tibia.

***

Parentes inequívocos

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DUODÉCIMA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Enrique Martínez González

Hoxe foi un día distinto, a verdade pola mañá paseino bastante ben porque fixemos múltiples actividades fóra de clase, pero dentro do recinto escolar. Pola tarde estudei matemáticas, aínda que é verdade que queda bastante para o exame, é das poucas materias que lle teño que dedicar moito tempo, sobre todo agora que estamos a dar cousas novas. Así que mellor levalo con tempo para poder sacar a mellor nota posible. Agora mesmo, estou de camiño a viveiro, xa que como estamos a ter uns días moi calorosos, haberá que aproveitalos.

***

07/05/2022

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DECIMOTERCEIRA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Xiana

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Ainhoa Pérez García 4°C ESO

Hoxe traio unha foto para dar ao coco. Á parte de ter unha gran paixón pola fotografía teño unha gran paixón pola lectura, estes son uns dos meus marcadores favoritos: son relacionados coas flores e a xeometría. Adiviñades cal é a causa de que os elixise?
Porque a natureza é perfectamente simétrica e transmite moita calma e tranquilidade.

***

08/05/2022

Vida número 5 (2): anxo da garda.

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

Sergio Andión

A cousa que vas ter que adiviñar é o seguinte:

Nada seriamos nós sen a existencia dela

Ás veces esquecémola coma se dera pena

Tontamente a destrozamos ás veces por instalar unha tenda

Ultimamente responde ante o noso mal con dureza

Revelounos a beleza do mundo

Ensinounos a respirar, vaia punto

Zafa de nós as persoas, do noso rumbo

Agora sen embargo trátanos coma chumbo

[ou fumo

***

Nahír Prado Regueira, 4º C

Mírote e non te vexo
Fálasme e non te escoito
Onde ti ves grises eu vexo mezclas de cores
Ti observas unha cidade e eu vexo números
Somos iguais e á vez tan distintos
Que as veces penso que o meu autismo
Non é máis ca un bache no camiño….
***

Ainhoa Pérez

Hoxe teño unhas fotiños galegas onde nunha delas ten as niñas palabras favoritas galegas e outra imagen representa unha parodia dos Rolling Stones respecto a Lingua galega.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DECIMOCUARTA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Bolboretas

Marta Rodríguez Carretero

Síntoas voar ao meu redor, con miles de cores e miles de formas. Con movementos que non se deteñen. Alongo a man de forma que sinto que podo tocala. Mais escapase, facéndome suspirar. Volvo alongar a man e a deteño no aire, sinto como unha delas se posa e sinto o seu tacto na miña man, prodúceme cóxegas e un sentimento de paz no máis fondo do meu ser. Cando volve a elevar o seu voo a vexo marchar, desaparecer. Estraño a forma na que as súas cores se reflectían, a singular forma das súas as, o seu tacto na miña man e sobre todo o sentimento de paz que ela me producía. Aos segundos vólvese a pousar outra, ocupando o mesmo espazo que deixara a anterior. Mais xa non é o mesmo, as súas cores xa non son tan brillantes, a súa forma non é ta delicada, o seu tacto non é tan suave, e a súa marcha non deixa o mesmo baleiro.

***

Atrapada

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Estela Díaz Díaz

Hoxe gustaríame amosar o seguinte vídeo:
Para mostrar as fermosas cancions, música e bailes que identifican a nosa terra!!!
Pode descargarse aquí.

***

09/05/2022

Roi González Carballo

Pode descargarse aquí.

***

Cabaliño de mar

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DECIMOQUINTA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Vida número 7- pupilas de Nuno

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

Estela Díaz Díaz

Pode descargarse aquí.

***

10/05/2022

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

Éramos felices, os teus ollos eran moi fermosos e o teu rostro o máis perfecto que vira, para min eras esa deusa perfecta que non merecía un mundo tan horrible e, aínda que ás veces me arrepinto, sei que o teu lugar está no ceo.
***

Noa Rodríguez Carballeira

Medo. Nunca souben o que era este sentimento ata agora. Pensaba que o medo era  a sensación que tes cando entras no mar e ves que as ondas forman unha muralla por riba de ti. Pero agora, sinto como un verme incontrolable se apodera de min, vexo como as cacharelas se esvaecen no azul do ceo, que pronto será gris. Chega un cheiro livián do outro lado do muro, recordábao moi ben, o mesmo cheirume que eu descubría os días da matanza na miña casa, o olor a morte. Eu sempre fun un rapaz moi chafalleiro, eu sempre fixen as cousas sen xeito. Nunca pensei que chegaría ata aquí. Os latexos do meu corazón van cada vez a máis, corro, vexo o meu Berlín ás costas, o que quero deixar atrás, sinto como a liberdade recorre cada recuncho do meu corpo,e de repente, oio o disparo.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DECIMOSEXTA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Enrique Martínez González

Esta fin de semana estiven cuns curmáns que viven en Madrid, eles veranean en Galicia e estes días viñeron para preparar a casa para as vacacións, entón tiven a oportunidade de estar con eles. A verdade é que me custou bastante ao principio comunicarme con eles, porque aínda que levan tempo vindo a Galicia todos os anos, non é a súa lingua natal e non a entenden á perfección. Pero o caso é que o pasamos ben e botámonos unhas risas, que ao final é o importante. Ademais, estiven a darlles unhas clases para ir perfeccionando os seus coñecementos da nosa fabulosa lingua.

***

Estela Díaz Díaz

Ola, hoxe gustaríame ensinar unha cousa que xa mostrei o ano pasado pero parecéume que tivo moito éxito e que pode ser moi interesante, e para que se de a coñecer a máis xente.
É unha especie de dicionario con palabras que se usan na miña aldea para que vexades a diferencia.
A miña aldea chámase Pántaras e é un pequeno sitio de moi pouca xente, en concreto agora mesmo forman parte tres persoas; dúas delas os meus avós, aínda que antigamente fora máis poboada, e encóntrase na Fonsagrada.
Aquí os deixo as palabras que se din alí:

***

11/05/2022

Nahír Prado Regueira, 4º ESO C

Unha tarde fría, cunha taza de café, en pleno outono… Unha lixeira choveira viña e eu seguía sentada xunto a unha árbore, cando o vin pasar. Xamais pensei que o tempo poidera pasar rápido, pero así é,  pasa tan rápido coma unha tarde de verán, e dinme conta. Debía olvidalo, aínda que nese momento estivese a encher de recordos, o que un día foi e xa non será, porque sabía que non volvería. Dar segundas oportunidades é como vivir isto de novo, xa sei o final, e o único que podo facer é agradecer polos momentos vividos e as lembranzas que gardo no máis profundo da miña mente. Dinme conta de que o tempo xa pasou e tiña que volver a realidade, pensando cada segundo que pasa, que el se alexará máis e máis para que só quede no pasado un pequeno momento que xa non volverá. Mentres el se alexaba, os recordos cobraban máis forza, a miña cabeza pensaba só nel e en que pasaría se non se fora, estaba nun mundo de cores grises mentres sentía os meus ollos encherse de bágoas que levaba moito tempo gardando. Foi entón cando sentín a súa man na miña meixela, os tempos nos que estivemos xuntos viñeron a min e, á vez que os nosos beizos se tocan, sinto esas bolboretas, esa conexión que soíamos ter.

É nese momento cando un beso rechea o vacío que deixou no momento no que se marchou, olvidei todo e disfrutei dese intre entre os seus brazos de novo.

Foi aí cando a humidade no meu rostro fixo que me decatara de que todo fora unha máis das historias que pasan pola miña cabeza antes de durmir, só me queda iso del, as acordanzas… aínda que ás veces tamén se van, a min tócame deixalos na miña almofada, chea de lágrimas co teu nome, porque o dolor  non se vai, só se debilita… Por favor volve, aínda te necesito.

***

Sergio Pena Prieto

A semana pasada foi increible, fun dous días a Portugal e sorprendeume como estando tan preto deles varía tanto o noso idioma. Cando chegamos os meus pais trataron de comunicarse coa xente falando español, cousa que non deu moitos resultados, alí foi cando lembrei que tanto Galicia como Portugal pertenecian á lusofonía, polo que me decantei por falar eu en galego, comezamos a entendernos mellor coa xente,  aínda que non era todo tan fácil como eu cría.
Desta excursión aprendín que  aínda que dous sitios estean moi preto non van ser iguais e que o feito de ter unha linguaxe parecida fai as cousas máis fáciles.

***

ESTEREOTIPOS

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

Poema

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DECIMOSÉTIMA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

12/05/2022

Vida número 3- acepto

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DECIMOITAVA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Estela Díaz Díaz

Hoxe vou mencionar algún festival que pode ser moi interesante de Lugo:
-Esmorga Fest (sarria)
-Osa do Mar (Burela)
-Castañazo Rock (Chantada)
-Festival de Pardiñas (Guitiriz)
-FIV (Vilalba)
-Caudal Fest (Lugo)
-Resurrection Fest (Viveiro)
Invítovos a visitar algún!
***

Ainhoa Pérez

Aquí déixovos máis imaxes.

***

ELAS

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

13/05/2022

Vida número 4 – algunha actividade de risco

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

DECIMONOVENA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

NAMORADA

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

14/05/2022

Marco Pernas

Pode descargarse aquí.

***

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

VIXÉSIMA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Marta Rodríguez Carretero

Sentir ou non sentir
Máis o que eu sinto
Porque se non sentira sería como non ter nada
E se non tivese nada xa non merecería sentir
Porque ela sente
Ela sente de todo
Mais eu desexaría sentir o que ela sente
Porque non poder sentilo faime sentir que nada ten sentido
Mais se sentira todo iso non sei se sería capaz de vivir con el
Porque vivir sen sentir é como morrer en vida
Mais eu non quero morrer mais tampouco quero sentir o que sente ela
Mais si sentir
Simplemente que non sei que sentir.
***

VIVEIRO

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

15/05/2022

21 INTENTOS DE CONVERSA (PEQUENA NOVELA POR ENTREGAS)

VIXÉSIMOPRIMEIRA PARTE

Rosalía Bernárdez Riopedre, 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

Sala de repouso 3, vida número 6 (2), vida número 7 (2) e fin

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

Marta Rodríguez Carretero

Xiana asomou pola ventá do seu coche e observou todas as marabillas que esta lle ofrecía. Levaba semanas esperando que os seus pais accederan a levala á praia e antes diso semanas pedíndollelo. Era a primeira vez que podía ver o mar. Sorprendeuna o olor que desprendía, este era parecido ao que se atopaba no mercado da praza cando a súa nai lle pedía que a acompañara. Abriu a porta do coche sen sequera esperar a que o seu pai o estacionara e botou a correr cara o mar ignorando os berros dos seus pais dicíndolle que se detera. Mais nada podía detela nese momento, a atracción que sentía cara esa masa azul verdosa era maior ao que sentira nunca. Sentía que nada podía detela. Sen sequera decatarse de como nin cando descalzou as súas sandalias e sentiu a area nos seus pés, nunca imaxinara que pudiera sentirse así, era suave e sentía como que se lle metía entre os dedos dos pés. Canto máis se acercaba máis se intensificaba o olor e máis sentía como se lle quedaba gravado na memoria. Cando chegou á beira do mar deteuse pensando en se sería exactamente coma se imaxinaba que se sentiría. Sentiu como os seus pais se acercaban a ela, mais non podía apartar a mirada do mar. Arremangouse o pantalón e adentrouse no mar. Neste momento desexaba que aprendera antes a nadar mais tampouco lle importaba, porque podía sentir a auga fresca en contacto coa súa pel. Sentíase suave e sedosa. Sentíase aínda mellor do que imaxinara. Sentía como as cores do mundo eran agora máis intensas. Nin sequera se decatou cando comezou a chover, nin sequera escoitou aos seus pais cando lle berraron que volvera ao coche, que tiñan que marcharse. Simplemente sentía as ondas do mar contra a súa pel. Simplemente sentía o seu interior cheo de paz e calma. Simplemente sentía o auga salpicar todo o seu corpo. Simplemente sentía o mar.
***

REFLEXIÓNS FINAIS

Noa Rodríguez Carballeira

Pode descargarse aquí.

***

16/05/2022

Roi González Carballo

Pode descargarse aquí.

***

Enrique Martínez González

Estudando un pouquiño…

Os poetas da Xeración do 36:
O inicio da recuperación poética na posguerra vén marcado pola publicación de Cómaros verdes (1947) de Aquilino Iglesia Alvariño, poeta que forma parte da chamada Xeración do 36, xunto con Xosé María Díaz Castro.
– Aquilino Iglesia Alvariño escribiu unha poesía na que a paisaxe está humanizada e chea de resonancias clásicas, con temáticas como a soidade, o paso tempo e a morte. Ademais de Cómaros verdes, primeiro poemario en galego salientable tras a guerra, na súa produción tamén destacan De día a día, Lanza de soedá e Nenias.
– Xosé María Díaz Castro publicou un único libro: Nimbos (1961). A súa obra ten como temas reco rrentes o amor, a morte, a vida, a nostalxia da infancia perdida e o forte arraigamento coa terra, así como a relixiosidade. Foi o autor do famoso poema «Penélope».
Xunto a eles, nestes anos 50, tamén publican autores de xeracións precedentes, entre os que salienta o nome de Luís Pimentel, que publicou Triscos (1950) e Sombra do aire na herba (1959). A súa poesía céntrase nas pequenas cousas do mundo cotián e caracterízase por unha visión pesimista da vida que contrasta coa descrición de ambientes finos e requintados.

Hoxe é o día que remata esta incrible aventura, a verdade resultoume máis divertida do que pensaba, ao principio custoume adaptarme pero co paso dos días foi mellorando ata que cheguei a falar seguido sen ningunha equivocación, cousa que me alegrou. Ademais de servirme para mellorar o meu nivel falando galego, tamén foi unha actividade na que todos aportamos un gran de area, porque agora que todas as persoas galegas que non falan o noso idioma e que nos viron facéndoo, vanse motivar e farano. Así todos teremos máis coñecementos sobre a nosa fermosa cultura. Encantado de participar neste evento e verémonos na próxima!!

***

Sergio Pena Prieto

O outro día quedei cuns amigos para ir xogar ao tenis, fomos o sábado as 12:00 da mañá, como era cedo decidimos ir a unhas pistas que quedaban preto de casa. Xa alí comezamos a xogar, primeiro xogamos un rei da pista, é dicir o que gañaba continuaba xogando ata que perdía, os dous primeiros xogos perdinos pero despois obtiven a vitoria de dous xogos seguidos.
Máis tarde xogamos uns dobres, o meu equipo gañou o partido. Por último xogamos un pequeno torneo no que cheguei á final, onde perdín tras 10 minutos de intenso partido.

***

Sergio Andión Insua, 4º B ESO

Aquí atópome eu pensando
que escribir para os de enredando
espero non pensen que estou vagueando
porque aínda que non o saiban estoume esforzando

Son moitos os temas que circulan
pola miña cabeza, todos xuntos pululan
seguindo un compás, coma se música foran
sen ton nin son ás veces se agrupan

E eiquí atópome ao final rematando
este feito que estaba narrando,
aínda así custarame frear
mentras teña libreta en man

***

Meu

Adriax FP.

Pode descargarse aquí.

***

As historias de Pepita

Cucurucha94

Poden descargarse aquí.

***

17/05/2022

Ainhoa Pérez García, 4º C ESO

Antes de que remate este proxecto gustaríame facer unha presentación galega ilustrada con imaxes e algún poemiña.

***
Estela Díaz Díaz

***

Sergio Andión Insua, 4º B ESO

Finalmente, tras tantos meses de traballo, tras vacacións e pontes eclipsadas por tarefas e exames postos con mala baba xusto á volta destas. Todo case rematou, e por cuarta vez dende que estudo neste centro, sinto que da igual o que faga agora, teño case asegurado o triunfo en todas as asignaturas, sen embargo e por cuarta vez como previamente dixen non vou baixar a garda, e estudar o máximo posible, asegurar unha nota alta e así abolir a toda costa calquera tipo de recuperación, sendo capaz de pasar os últimos vinte días de clase sen ningun tipo de preocupación, doado, non?

***

30/05/2022

Historia da melancolía

Sergio Andión Insua, 4º B ESO

Moi ben empezaches este curso cunha presentación
onde demostraches que grande era a túa devoción
moi importante sería a miña decepción
ao darme de conta da farsa que vivín naquel entón!

A pesar de que intentei sempre que puiden preguntar
certas dubidas que non me chegaches a contestar
sempre unha volta de 180 adoitabas dar
para na pizarra volver a copiar
non poderíamos parar?

Estudo e estudo constantemente sen frear
do contrario atrás quedo no teu ensinar
unha técnica mala de dominar
“copia e xa está que logo xa aprobarán”

Eu sei que malo non eres, tes bo corazón
pero a túa estratexia é a túa perdición
intenta cambiar esa forma de instruír
e o aprecio dos estudantes poderás vivir…

***

IES Muralla Romana

02/05/2022

A miña avoa

Antía Núñez Castro, 2º ESO A

Vou falarvos da miña avoa. Ela dende que era pequena loitou por todos os seus dereitos. Sempre foi traballadora, pero sobre todo, era soñadora. Aínda que non aproveitou a súa vida a tope, sempre fixo todo o que podía. Cando eu nacín púxose moi contenta, xa que a partires daquela ía ter a alguén con quen xogar e con quen pasar o rato. Era baixiña, pero sempre quería coller a mazá que máis alta estaba na árbore. Tiña o cabelo escuro coma a noite, os ollos azuis moi clariños, o nariz pequeno igual cá boca e era delgada coma un pauciño. Esa era a miña avoa.

Acróstico

Antía Núñez Castro, 2º ESO A

A miña nai

Non quere cans.

Ts… case o consigo unha vez!

Intentei convencela, pero nada,

Axudárame miña irmá.

Nai, naiciña, miña raíña.

Uf, o que eu che quero!

Ñáñaras a todas as horas

Eu intento, pero non serve de nada.

ZAS, ZAS, volve ser NON!

***

Carme Casanova Lamas, 2ºESO A

Violencia triste e dolorosa

Maltrato físico e cruel

Situación dura e difícil

Mulleres soas e doídas

Parellas crueis e malvadas

Fogares incómodos e rotos

Corazóns tristes e solitarios

Sentimentos?

Cales?

Carme Casanova Lamas, 2ºESO A

Consellos da miña nai

Adaptados á miña racha

Racha de malos amores.

Mortificándome por non saber esquecer

Emocionándome ao  recordar

Cando algunha vez tivemos

Algo máis que amizade.

Saber ben o que eu quero,

Amor sen arriscar.

Non teño máis opción que deixarte marchar,

Ordenar as ideas,

Volvendo desexar que algún día

Aparezas de novo na miña vida.

Carme Casanova Lamas, 2ºESO A

Fogares tristes

mulleres destruídas

corazóns rotos.

***

Violeta Fraga Sal, 2º ESO A.

Pode descargarse aquí.

***

Noa Vázquez Blanco, 2º ESO
Estíbaliz de Bonrostro López, 2º ESO
Iria María Amedo López, 2º ESO
David Pereira Santín, 2º ESO
Naiara Rodríguez Rouco, 2º ESO
Carla Rodríguez Vázquez. 2º ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

Diego López Núñez, 2º ESO

Cando era pequeno, miña nai tarareábame unha canción todas as noites para que me durmise. Anos despois, tiven o meu primeiro fillo e cantáballe a mesma melodía. Unha noite, miña nai estivo escoitándome e preguntoume, onde aprendiches esa fermosa canción? Foi aí cando me dei conta de que ela non fora a que me adormecera todas as noites.

Diego López Núñez, 2º ESO

Os pesadelos
espertan monstros
aterradores

***

Simplemente
“ASÍ”

Uxía Alonso Vieira, 2º ESO

Todo comeza cun “quero”,
un quero que me chega, que sinto.

Pero se me queres, quéreme así,
co que teño, co que non,
cos meus defectos, as miñas imperfeccións,
quéreme así, como son.

Quéreme ás 7:30 da mañá,
cando me levante espeluxada,
cando non estea maquillada,
quéreme así, como son.

Quéreme as 24 horas do día,
dende a mañá ata a noite,
dende o almorzo ata a cea,
quéreme así, como son.

Quéreme porque me queres,
quéreme dende dentro,
quéreme polo que son e non polo que teño,
quéreme así, como son.

Simplemente quéreme,
simplemente así.

***

05/05/2022

Duarte Díaz González 3º ESO A
Laura García Castro 3º ESO A
Carla Gómez Rodríguez 3º
Nerea González Iglesias
Sara Pico López 3º A ESO
Celia Rodríguez 3º ESO A
Alexandre Fraga Sal 4º ESO A
Carla Bouza López 3º A

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

06/05/2022

Alba López Yebra 3º A ESO
Mencía Rego V. 3º A ESO
Zaida Recioy Carballeira 3º A ESO
Candela Fernández Vázquez 4º A ESO
María Penín García 4° A ESO
Sara Gómez Barcón 4º A ESO
Jennifer Fernández Fariñas 4º A ESO
Ainhoa Reija Crespo 4º A ESO
José Ramón Maseda Carracedo 4º A ESO
Aitana López Iglesias 4º A ESO
Lorena Pérez Vázquez 4º A ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

10/05/2022

Iria María Amedo López, 2º ESO
Carla Rodríguez Váquez, 2º ESO
Noa Vázquez Banco, 2º ESO
Naiara Rodríguez Rouco, 2º ESO
David Pereira Santín, 2º ESO
Anum Zahra Hussain Begun, 3º ESO
Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

11/05/2022

Carlota Arias Barreiro 3º A ESO
Xoel Prado Ramos 3º A ESO
Mencía Rego V. 3º A ESO
Carla Bouza 3º A ESO
Duarte Díaz 3º A ESO
Xan Bagaría Vázquez 3º A ESO
Nerea González Iglesias 3º A ESO
Jennifer Fernández 4º A ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

12/05/2022

Violeta Fraga Sal, 2º ESO
Antía Núñez Castro, 2º ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***
13/05/2022

Carla Rodríguez Váquez, 2º ESO
Naiara Rodríguez Rouco, 2º ESO
Iria María Amedo López, 2º ESO
David Pereira Santín, 2º ESO
Estíbaliz de Bonrostro López, 2º ESO
Noa Vázquez Blanco, 2º ESO
Anum Zahra Hussain Begum, 3º ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

19/05/2022

Estíbaliz de Bonrostro López, 2º ESO
Naiara Rodríguez Rouco, 2º ESO
Noa Vázquez Blanco, 2º ESO
Carla Rodríguez Rouco, 2º ESO
David Pereira Santín, 2º ESO
Iria María Amedo López, 2º ESO
Anum Zahra Hussain Begum, 3º ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

22/05/2022

Carme Casanova Lamas, 2º ESO
Naiara Fernández Domínguez, 2º ESO
Antía Núñez Castro, 2º A ESO
Naiara Diéguez Romero, 2º ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

23/05/2022

Carla Gómez 3º A ESO
Carlota Arias 3º A ESO
Duarte Díaz 3º A ESO
Abdesamad Aksasse 3º A ESO
Mencía Rego 3º A ESO
Nerea González Iglesias 3º A ESO
Sara Pico 3º A ESO
Zaida Recioy 3º A ESO
Alexandre Fraga Sal 4º A ESO
Jennifer Fernández Fariñas 4º A ESO
Sara Gómez 4º A ESO
Nabil el Achab 4º B ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

***

Nos teus brazos

María Penín García 4° A ESO

Pode descargarse aquí.

Bágoas no piano

María Penín García 4° A ESO

Pode descargarse aquí.

***

Poema galego

Noemí 4º ESO

Pode descargarse aquí.

***

25/05/2022

Pablo Dorado Loureiro, 2º ESO
Carme Casanova Lamas, 2º ESO
Violeta Fraga Sal, 2º ESO
Antía Núñez Castro, 2º ESO
Diego López Núñez, 2º ESO

Poden descargarse as súas achegas aquí.

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

11/05/2022

Yago González

Pode descargarse a súa achega aquí.

***

16/05/2022

Este foi o alumnado participante na edición de 2022.

Antía Núñez García

Pode descargarse aquí.

Almas xemelgas

Charlize Ambicho Angulo

Pode descargarse aquí.

Daniela González Marín

Pode descargarse aquí.

O borrador

Abril Nogueira Fernández

Pode descargarse aquí.

Grupo 4º B enteiro

Pode descargarse aquí.

Izhan Fernández Sánchez

Ola, chámome Izhan. Eu na casa non falo galego todos os días, só cos meus avós. Estes días estiven intentando falar galego, e conseguino!!

Yago González Ron

Eu chámome Yago. Vivo nunha pequena vila do concello de Lugo, chamada Bóveda.
Na miña vila todos os veciños falamos galego, así que para min este reto foi moi doado facelo.
A min gustaríame que todos os días se falase galego, non só vinte e un.

***

18/05/2022

O alumnado de 4ºB de ESO do empregou Tiktok. Fixeron unha conta de grupo onde se etiquetaron para que aparecesen aí todos os vídeos: picapedras0

***

24/05/2022

Somos diferentes?

Oito alumnos e alumnas de 1º BAC

Somos diferentes?
Somos xente
igual ou diverxente
apaixoada e transparente
reais e intelixentes

Somos iguais?
É cuestión de apariencia
diferentes queremos ser
únicos e inigualables

Se todos fósemos
o que aparentamos ser
ou como o resto é
que aburrido ía ser.

10

Oito alumnos e alumnas de 1º BAC

Non sei escribir poesía

Oito alumnos e alumnas de 1º BAC

Non sei escribir poesía
nin nada de eso
non sei colocar pronomes
dame moita preguiza
só escribo do que sinto
non sei de que escribir
preciso desafogar
para saber como me sinto.

Penso que non o fago ben
pero fago o que penso
penso logo existo
e por fin escribo.

Onte vin chorar unha fonte

Sofía Paz Novo

Onte vin chorar unha fonte
nunha longa travesía
no medio do monte
intentando atopar algunha fantasía.

Choraba en galego a fonte,
e dicía: “salvareite flor mía”
referíndose a unha rosa que vivía a sorte,
mentras ela só morría.

Onte chorei, nunha fonte,
nunha longa travesía
no medio do monte
intentando atopar algunha fantasía

Chorei polo galego, nunha fonte,
e dixen, “non morras lingua mía”,
referíndome a miña lingua que vivía a sua sorte,
pero ela morría porque a xente quería.

Ela loitaba pola súa lingua

Sofía Paz Novo

Ela vivía pola súa lingua,
loitaba por ela mentres escribía,
sen tregua,
entregándose á poesía.

Ela loitaba pola súa lingua,
sen escoitar o que se opoñía,
xente exegua,
que criticaba á nosa Rosalía.

Actos do Día de Rosalía para o venres 22

O CEIP de Prácticas de Ourense celebrará o Día de Rosalía o 22, venres. Ao subir do recreo conectaranse todos os altofalantes das aulas, e os 678 alumnos e alumnas escoitarán un poema musicado interpretado por un mestra en prácticas, para logo o alumnado voluntario de 2º e 3º ciclos de Primaria ir polas aulas dos máis pequenos recitando e cantando poemas da nosa autora.
O CPR Cardenal Cisneros de Ourense organiza ás 12:00 unha lectura de Cantares Gallegos nas distintas linguas maternas dos alumnos do centro, aproveitando a interculturalidade do mesmo: galego, castelán, inglés, francés, wolof, portugués, rumano, árabe.
Na cidade de Lugo oito centros de ensino (IES Lucus Augusti, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Ánxel Fole, IES Xoán Montes, Colexio Maristas, Colexio San Xosé, CPR Fingoi e Colexio Divino Maestro) organizan un recitado no Parque de Rosalía, ás 12:00 horas, no que participan un total de 80 alumnas e alumnos en compañía de Marica Campo e Darío Xohán Cabana. O acto rematará cunha ofrenda floral.
En San Sadurniño a homenaxe desenvolverase en dúas quendas entre as 12:00 e as 14:00 horas. Nela participarán alumnos e profesores de Educación infantil e Primaria do C. P. I. San Sadurniño, que lerán a viva voz poemas de Rosalía Castro no salón de actos da casa da Cultura. No acto tamén estará a poeta María Lado, quen fará unha intervención a medio camiño entre o literario e a animación á lectura. Ademais o Concello obsequiará aos máis pequenos con libros que tratan sobre a figura e a obra de Rosalía.
En Cabana de Bergantiños, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Primaria do CPI As Revoltas farán a súa particular interpretación do poema Fun un domingo, que será recollida nun vídeo.
Na Coruña, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda promove un maratón de leitura para nenos e nenas sobre textos de Rosalía, entre as 17:30 e as 20:00 horas, e unha charla ao remate do mesmo a cargo de Miguel Mato, quen falará da autora.