O venres 2 de xuño abre as súas portas a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 16:00 a 22:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
– 17:30 h. Presentación da nova edición de O enigma de Embívicus, de X. A. Perozo, publicado por Galaxia. No acto haberá un faladoiro coa presenza do autor, Francisco Castro, Montse Pena Presas, Lara Rozados Lorenzo, André Chamadoira e alumnado do clube de lectura do IES Fernando Esquío de Neda.
– 18:30 h. A Sega presenta o Día das Galegas nas Letras 2017, dedicado a Patricia Janeiro.
– 19:00 h. María Solar firmará exemplares de Os nenos da varíola.
– 19:30 h. Presentación de José Ángel Valente: Cántigas de Alén, publicado por Ouvirmos.