Desde Galaxia:
“A Galicia viva de alén mar. Os alumnos e alumnas do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol, o centro que escolariza en Bos Aires, con programa educativo galego, máis de medio millar de nenos e rapaces, dende a educación infantil ao preuniversitario, vén de outorgar un ano máis o seu Premio a unha persoa ou institución que se teña salientado a prol da cultura galega nas súas relacións coas colectividades emigrantes e, máis concretamente, coa realidade bonaerense.
Neste ocasión a persoa escolleita foi o profesor e académico Henrique Monteagudo. (…)
Nunha carta oficial que o alumnado enviou ao premiado argumentase, entre outras razóns, a atención constante que Henrique Monteagudo vén dedicando ás varias Galicias de alén mar, non só a Galicia arxentina, e a alta estima que no centro docente se ten pola súa obra, tanto no plano académico como no que atinxe á súa actividade como dinamizador cultural. (…)”
Arquivos da etiqueta: Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o luns 2
Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o luns 2 de maio:
– 10:00 h. Diálogos con estudantes: Xesús Alonso Montero. Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol.
– 11:00 h. Proxección de 100% Celso Emilio Ferreiro, dirixido por Aser Álvarez. Sala Gaumont.
– 18:30 h. Homenaxe ao escritor Lorenzo Varela no seu centenario. Con Xesús Alonso Montero. Presenta Francisco Lores. Proxección de Exilios, de Xan Leira. Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina (Sala Arturo Cuadrado).
– 19:00 h. Son un libro galego. Poemario oral a cargo de Antón Lopo.
– 20:30 h. A novela negra en Galicia. Coloquio con Elena Gallego, Pedro Feijoo e Diego Ameixeiras. Sala Haroldo Conti (Pavillón amarelo).
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o luns 25
Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente, desenvolven un programa de traballo onde, entre outros actos, o presidente da AELG participará nunha mesa redonda titulada Diálogo de autores arxentinos e galegos, que compartirá con Graciela Aráoz, da presidenta da Sociedad de Escritoras y Escritores de Argentina (SEA), o luns 25 de abril, ás 18:00 h. Farán unha presentación das respectivas entidades e compartirán as inquedanzas das dúas entidades e as ferramentas de traballo e interconexión entre os profesionais das palabras. Dúas visións desde as dúas beiras do Atlántico.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o luns 24 de abril:
– 10:00 h. Diálogos con estudantes: encontro con Manuel Rivas e entrega do premio literario Rosa dos Ventos, no Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol.
– 17:00 h. Presentación de Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias, publicado por Xerais. No Stand.
– 18:00 h. Mesa redonda Diálogo de autores arxentinos e galegos, con Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Graciela Aráoz, da presidenta da Sociedad de Escritoras y Escritores de Argentina (SEA). Presentación das respectivas entidades e compartirán as inquedanzas das dúas entidades e as ferramentas de traballo e interconexión entre os profesionais das palabras.
– 19:00 h. Presentación de Historia de Galicia, de Ramón Villares, publicado en Galaxia e Mar Maior. Xunto ao autor participa Víctor F. Freixanes. No Stand.
– 19:00 h. Conferencia de Fina Casalderrey, na Biblioteca Guido y Spano, presentada por Anxo Lorenzo.
– 19:00 h. Encontro cos lectores de Domingo Villar, na Biblioteca Casa de la Lectura.
– 20:00 h. Encontro con lectores de Ledicia Costas, na Biblioteca Guido y Spano.
– 20:00 h. Poesía escrita por mulleres, con Yolanda Castaño. No Stand.